© blog: Son de Oleiros

miércoles, 28 de diciembre de 2011

A XUSTIZA ¿E IGUAL PARA TODOS?

¿Non axuda daquela o de ter diñeiro ou influencias para levar un proceso xudicial, a resistencia a imputacións, ate etapas máis avanzadas de defensa?
O historial desa Xustiza presuntamente igualitaria da que fala o Borbón está cheo de exemplos nos que os procesos se dilatan durante anos e os delincuentes a gran escala nunca devolven o diñeiro e como moito pasan catro, seis ou oito anos vivindo en rexímenes especiais, con tfno. Móbil para seguir atendendo os seus “asuntos”, champán e servizos de sexo profesionais.
A afirmación do rei enaltecendo a necesidade de transparencia non ten moito valor por estar feita fora de tempo. A monarquía estaba ao tanto das actividades do Urdangarín de marras desde 2006 pero agardou cinco anos para tomar medidas exculpatorias para a Institución, logo de que o xornal de Pedro J. Ramírez destapara o tema.
A defensa da honorabilidade que o rei intenta para manter impoluto o prestixio da Casa Real non é mais ca unha estratexia de mercadotecnia que vai unida neste momento crítico á vontade emerxente de presentar as contas do importe das asignacións que recibe a “Familia” a través dos orzamentos do Estado. Xestos todos eles tardíos e que fan pensar en que non terían sido tomados de non sacar o Mundo á luz as actividades do xenrísimo, aínda non imputado por mais que era o presidente da empresa que facía negocio non coa prestación de servizos reais senón sobre a base da utilización nepotista do seu vínculo coa Casa Real.
A “Xustiza” presuntamente igualitaria está administrada por homes e mulleres que non son alleos á influencia do entorno, das circunstancias concomitantes. Os ladróns de boas familias, os aforados, os que se sentan en cenáculos onde se decide o reparto das riquezas que outros producen co seu suor non devolven nunca a pasta e eluden a cárcere as máis das veces. Os directivos de Caixa do Mediterráneo, con contratos blindados, recibirán como castigo o mesmo dereito a prestacións sociais que un contribuínte respectuoso coa lei, por moito que a entidade non teña intención de reembolsar os depósitos aos impositores ate o ano 3000. De seguro que se se tratase dun pai roubando unha galiña para dar de comer aos fillos xa estaría durmindo en Teixeiro.

lunes, 26 de diciembre de 2011

Conversas na barra dun bar

...Pois a min fodéronme as festas. Paráronme en Santa Cristina o Sábado pola tarde. Xa elixen o sitio e a hora:

–¡Buenas tardes. Control de Alcoholemia!. ¿Ha bebido usted algo?
–Pues si le digo la verdad, dos cubatas hará ya más de dos horas. Y últimamente dos cervezas sin alcohol.
–Está bien. Pues va a tener que soplar, hombre.
[...]

–0,27. Da usted positivo señor.
–No me lo puedo creer. Pero si era todo Coca Cola. Si no no cogería el coche. Además yo ya sé cuando voy perfectamente, como ahora.
–Ya, pero da usted positivo. Mire, de un paseo por aquí y dentro de un cuarto de hora repetimos la prueba.

Eu lánceime a facer exercicio para suar. E veña a correr cara arriba e abaixo. Estaban fodéndome a tarde.Tiña á muller agardando para sairmos a casa dos sogros.

–Bueno, agente, si tenía un poquito de alcohol ya seguro que lo he sudado.
–Da usted 0,30. Lo que ha sudado es agua, caballero. Tengo que hacer la denuncia.
–Pero no es posible. ¿Me está usted diciendo que estoy borracho?
–Le estoy diciendo que da positivo en el test de alcoholemia. Tengo que sancionarle con 600 euros y la retirada de 4 puntos del carnet. Tiene la opción de pagar ahora a cambio de un descuento del 50%.

Aquel cabrón estaba a chamarme borracho e tan campante. ¡Mecajoendiós!, foron os trescentos euros que máis me doeron na miña vida. Sempre teño douscentos agochados no maletero para unha urxencia e levaba outros cen no peto, por si paraba de camiño nalgún furancho. ¡Quedei pelado! Home, non me fodas. ¡Nin que fora borracho! E inda por riba tiven que esperar hora e media a que levantaran o control para poder coller o coche. E á muller contándolle milongas. ¡A ver! Para que non me tomara por un borracho.

(Pasarlle pásalle case que a calquera. A diferencia está na análise)

viernes, 23 de diciembre de 2011

POLÍTICA SOLEMNE

O periodismo reactivo, amarelo, do Nadal entregado para algúns ao dolce far niente anda á procura, desesperada, de titulares casposos no anecdotario das sesións solemnes posteriores ao rumor. Namentres, a trinta e catro días despois dos comicios, aquí o barco segue sen timón.
O derradeiro titular, nunha folla que cae con desgana ate o chan no que descansa o tresillo raído: “Sáenz de Santamaría, a muller con máis poder ao longo de toda a Historia de España”. ¿? Vicepresidencia, portavocía, etc., misións todas elas que requiren do dominio das artes escénicas e do carácter solemne que tan ben saben impregnar a tódalas súas intervencións ela e o seu mentor. Misións nas que non existen tomas de decisións, moitos menos individuais, nin respostas... Ben distinto era cando Isabel La Católica exercía as súas políticas imperialistas, impositivas e nacionalistas excluíntes co exército ó seu carón como brazo executor. Ela si que tiña poder... para prohibir o tráfico marítimo entre os portos galegos e América e así favorecer ao mediterráneo; para arrancar as viñas e as oliveiras da nosa terra; para redobrar os recrutamento forzoso do valor galego... Aínda os mesmos cataláns, que tan ben recibiran a iniciativa de Galeuzca para loitar xuntos pola defensa das nacionalidades históricas, perden agora as formas cando ven que o diñeiro é o que é e Galiza empezaba a recibir parte do que por dereito lle corresponde.
Soraya, como alumna ben aplicada do galego por accidente que non por vocación nin exercicio, ten un poder umbilical, ínfimo no concerto europeo. Estaba na política como os cans que Rajoy ceibaba cada mércores para que lle fixeran a vida imposible a Fernández de La Vega, e a Elena Salgado.
Este goberno tarda xa demasiado en tomar medidas. Hoxe o diñeiro non descansa. Os mercados impoñen o seu ditado sen necesidade de actos solemnes nin maquinarias pesadas e reunións inacabables nas que ninguén é quen de diverxer. Pasou o tempo para os políticos especialistas en primeiros planos e control dos tempos. A política só pode ser xa é a idea orixinal sobre o reparto do traballo e da riqueza, e sobre as prestacións sociais que poña en marcha o engrenaxe para levala a cabo con eficacia. E diso encárganse os mellores técnicos na materia, apoiados nun corpus lexislativo áxil, cambiante, adaptado ás necesidades do entorno. Todo o demais sobra: milleiros de persoas de confianza ¿?, asistentes de imaxe, actores metidos a políticos, atrezzo... Nestes días de Nadal nos que desde a Lotería ate os reportaxes dos jambóns con maionesa queren reforzar o sentimento de formar parte dunha cultura cobra máis forza a necesidade de adelgazar de xestos baleiros, cara á galería, dos políticos, que para caer ben din cousas obvias e as visten de enxeño. Namentres, os días voan para o que precisa respostas.

martes, 20 de diciembre de 2011

AS RECEITAS DO NEOLIBERALISMO

Velaí un pequeno relatorio do que tocou De Cospedal para reducir o endebedamento en Castilla La Mancha no curto prazo:

-Deixar de pagar ás farmacias
-Liquidar tódolos coches oficiais polo mesmo que custan dous meses de salario da presidenta (medida ben insuficiente: cumpre acompañala da decisión de que os políticos vaian ao traballo no seu coche ou en metro, a cargo do seu peto, como os demais traballadores, sen coches e xa sen escoltas).
-Adelgazar un 40% a nómina de perceptores da dependencia.
-Eliminar as casas de acollida de mulleres que están a sufrir maltrato.

Ao mesmo tempo o goberno entrante prepara recortes tamén “estratéxicos”:

-Redución do número de perceptores de becas, o importe das mesmas, e aprazamento do seu abono ate Marzo, provocando nalgúns casos o abandono dos estudios e en moitos máis a financiación con créditos duros.
-Reducir e aminorar as axudas á dependencia
-Aforrar en probas diagnósticas, en medicina preventiva, na administración de métodos innovadores no tratamento do cancro e tamén de doenzas por anomalías na resposta inmunitaria, patoloxías raras, etc.
-Despedir a boa parte dos investigadores punteiros nas áreas de maior aplicación social.
-Suprimir as axudas para a merca de libros de texto, á natalidade, aos programas de conciliación da maternidade coa vida laboral...

A idea do goberno entrante e a de superar a crise incrementando a recadación e as cotizacións a través da creación de emprego. Mais non hai un só apunte, unha idea ou suxestión sobre os nichos onde se van crear eses postos de traballo. O argumento único é o de que aos empresarios villes resultar máis atractiva a contratación dentro da filosofía mal chamada liberal e da creación deturpada dos “minijobs”, que na Alemaña son mini respecto da duración da xornada e en España prometen selo -ou xa o son- en relación co soldo por percibir.
Para os emprendedores a pregunta é: ¿haberá demanda para os seus produtos cunha nova clase social cobrando por baixo dos niveis de supervivencia digna e sen recursos para o consumo.
Europa non é a China, nin o Vietnam. As conquistas sociais, de dereitos por parte dos traballadores son o froito de século e medio de esforzo colectivo. O desenvolvemento económico, tecnolóxico e de patentes ten levado a un reparto da riqueza máis democrático que nos países chamados emerxentes. Anúncianse pasos cara atrás neste modelo de vida, referente mesmo para os EE.UU., onde a macroeconomía ofrece datos punteiros en xeración de riqueza convivindo cun reparto tan desigual que leva a corenta e cinco millóns de cidadáns a vivir na miseria e sen asistencia social.

Europa, e tamén España, dispoñen dun arsenal de medidas por tomar sen necesidade de desfacer os cimentos da universalización dos dereitos fundamentais. E desas medidas non se ten falado nada na investidura de Rajoy nin tampouco moito en Bruxelas:

-Eliminacións das SICAV
-Reforma fiscal: incremento dos tipos para as grandes fortunas e as grandes sociedades empresariais, con beneficios inxentes mesmo en tempos de crise. Hoxe paga moito máis un asalariado medio que Repsol ou o Banco de Santander.
-Redución dos soldos nas escalas altas da Administración e gravámenes potentes sobre os emolumentos dos executivos das Corporacións empresariais, con eliminación, por lei, das claúsulas blindadas. Hai que regular o funcionamento das Sociedades e rematar co conto de que as empresas de capital privado son intocables a respecto da administración dos seus beneficios e balances. É precisa a transparencia para a tranquilidade de traballadores e accionistas e é precisa a reforma das súas obrigas tributarias para que revertan na sociedade parte dos recursos que antes reciben dela.
-Persecución do fraude.
-Plan de desamortización agraria, de incentivos á ocupación de vivendas deshabitadas, con liñas de acordos compensatorios cos donos, mediante copagos Estado-inquilino ate que este teña recursos, plan de inserción dos estudantes de F.P. en contratos de formación subvencionados dentro das empresas...

Coa reforma fiscal e a redución á metade do fraude o Estado solucionaría o seu problema de solvencia e triplicaría os recursos de 16.500 millóns de euros que intenta conseguir rebaixando o nivel de prestacións sociais e de salarios dos traballadores. Por ese camiño tería que ir o proxecto dun Goberno que pretenda consolidar a súa condición e insuflar na sociedade esa confianza en saírmos da crise que pregonan.

viernes, 16 de diciembre de 2011

Última tarde de outono

AUSENCIA

Penduraban as follas secas das ponlas cansas das noceiras no val de Barcia. Os camiños serpeaban baixo un manto de lique para perderse na frondosidade dos outeiros e na mansedume dos soutos. Ao fondo, o rumor do Barces invitaba ao refuxio, ao abeiro dos rigores que anunciaban o inverno.
Acendería un lume na lareira, e baixo a súa calor morna lembraría aqueles tempos nos que non era consciente de que era feliz
O grolo de tinto. Carmina Burana e os poemas da Pizarnik eran a espoleta que o meu ánimo precisaba para avivar o pouso da nostalxia. Ao fin os sentimentos estoupan coa forza que é precisa para seguirmos a ser unha especie xenerosa en percepcións sutís máis aló do mínimo que marca a existencia.
Mágoa que o CD deu paso ás novas: Fabra defende a inocencia de Camps e Costa e alude á parcialidade dos xuíces. Lembreime de que Fabra ven de ser recolocado con salario de oitenta e seis mil euros e condición de aforado. Sería un premio ás súas actividades corruptas e á decisión de construír un aeroporto alí onde non van os avións. Hoxe é pasto dos coellos que están a comer mesmo as fundas dos aramios de cobre. Xa non fun quen de recuperar pulso vital daquela última tarde de outono.

viernes, 9 de diciembre de 2011

A idiosincrasia anglosaxona

Sabemos que a maquinaria política da CEE e máis lenta e pesada que a de países independentes tomados de un en un. Para a toma de decisións hai que pór de acordo a vintesete gobernos estatais. Mais o espírito que latexa é o de sermos máis fortes compartindo intereses e modelos de desenvolvemento e convivencia. É aínda cos seus defectos, o certo é que o grao de democracia e benestar social de Europa, con toda a súa crise, é un referente para o resto do planeta.
Non vou negar que hai luces e sombras detrás do liderado das locomotoras na toma de decisións, e tampouco que hai intereses da gran banca pensando na demora en poñer en marcha instrumentos fiscais e de emisión de débeda que permitan afrontar situacións difíciles en condicións igualitarias que fagan de nulo interese a intervención dos especuladores ou dos cazadores de paraísos para o diñeiro.
Ese marco lexislativo único, homoxéneo e solidario será o que, ao fin, leve a que Europa equilibre o seu mapa de desenvolvemento por rexións, evitando que no seu seo afloren Chinas ou Vietnams e que pervivan refuxios para os tramposos en Andorra e Xibraltar.
Mais os teimudos dos ingleses veñen a confirmar, unha vez máis, o seu concepto de que só desde a salvagarda do individualismo extremo unha nación e quen de incrementar a súa fortaleza. Trátase dun valor xa infiltrado no miolo das súas conciencias, das súas vidas, da súa idiosincrasia. E díllelo un nacionalista convencido de que o aprecio polos sinais de identidade é compatible coa definición e amplificación do que temos de común con outros pobos, para medrar desde as sinerxias e non desde a confrontación.
O ninguneo de Cameron a respecto do euro replica o desprezo polo sistema métrico decimal ou o tránsito pola man esquerda. Non digo eu que teñan que prescindir desa diferenciación pero si digo que é compatible coa adopción de certos instrumentos básicos que fan máis forte o proxecto europeo. Sobre todo porque Inglaterra non é autosuficiente como non o é nin a Alemaña nin moito menos os primos do Oeste, que viven moi por riba das súas posibilidades condenando á fame a enormes áreas xeográficas que fican improdutivas por mor dun cambio climático alimentado polo consumo desaforado.
Os focos máis importantes da especulación están en Londres e Nova York. Semella que Cameron é tendencioso ao ignorar adrede que detrás desta crise do sistema, detrás da dificultade para saírmos dela están equipas e bufetes de brokers traballando día e noite para grandes inversores, movendo cantidades inxentes de capital á procura de traficar co suor da forza de traballo e mercando a prezo de saldo o produto dos esforzos dos Estados recortando prestacións sociais.
O goberno inglés atopa as razóns para ser máis forte no aumento da debilidade dos demais en lugar de no afianzamento dunha Europa sen fisuras. Sabemos a quen temos por veciños ao nordés, sabemos que cos seus fíos de puritanismo falso teceuse unha nación que leva desde o principio da súa historia fundamentando o seu imperio no uso da “Intelixencia”, infiltrada, na intriga e na extorsión.
Por iso non pode sorprendernos o clima de ledicia con que Cameron augura o fracaso da moeda única e do sistema de valores da CEE.
Temos varias opcións: mirar ao futuro sen contar con eles, boicotear os seus produtos, ou construír unha Europa máis forte sen desquites, contando con eles a pesares de todo e tragando sapos agardar o intre no que decidan engancharse ao noso tren porque xa lles remate por fallar o primo de Zumosol.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

ENCANTORURAL.COM

Para os que queirades e/ou pidades mudar de escenario durante uns días recoméndovos unha ollada á páxina “encanto rural”, na que atoparedes ideas e destinos atractivos por prezos ben reducidos, sobre todo agora nestas datas de inverno. Por exemplo, hai habitación individual en Cervantes, ao pe dos Ancares, na Galiza rural máis profunda, por 16 euros ao día. Ou aloxamentos atractivos en Ourense, na Costa da Morte, no Barbanza, na Mariña lucense, na vila medieval de Alariz... eu que sei. Galiza é unha gran descoñecida mesmo para os galegos. Un microcosmos no que se reflicten tantos xeitos de entender a vida, os traballos, o lecer, a cociña, os costumes que non chegaría unha vida para abarcalos todos. Pero por algo se empeza.

http://www.encantorural.com/



Na páxina encanto rural podedes atopar detalle do roteiro polo saco norte do Concello de Oleiros


viernes, 25 de noviembre de 2011

O paradoxo alemán

Alemaña non pode gozar de tanta fortaleza económica namentres o sur de Europa está a dúas velas. Os intereses que paga o Estado xermano aos que mercan os seus bonos é demasiado pouco como para disuadir de investir en futuros de España ou Italia. De xeito que non haberá máis remedio que abrir a espicha do Banco Central e do FMI para, mellorando as expectativas de capacidade de pago da Europa da segunda e terceira velocidades, ir aproximando as ratios de solvencia, as primas de risco e as rendibilidades dos investimentos en países veciños. Porque as economías europeas están moi imbricadas. Se Italia cae, os bancos franceses van para o carallo ate que os rescate a clase política. Os bancos alemáns teñen mercado moita débeda de Grecia e Italia. A incerteza e inimiga da inversión. Por tanto, o horizonte da CEE contempla por necesidade un reforzamento do papel de Banco Central Europeo como primeiro paso para escorrentar aos cazadores de oportunidades, e, xa no longo prazo, a posta en marcha da conversión da débeda en eurobonos a prezos taxados que estabilice os custes da financiamento.
Namentres, e no aspecto doméstico, coinciden no tempo a caída do consumo e a defensa mesmo entre os que teñen moito diñeiro das cousas ben importantes que son de balde: pasear á beira do mar, ollar as estrelas, facelo amor ao abrigo da temporal que bate contra as fiestras... pero para facer todas estas cousas é preciso antes ter cubertas certas necesidades que varían dependendo do lugar de residencia, da composición da familia, do estado de saúde, do azar...
O sistema social está montado de tal xeito que para sosterse
precisa do consumo. E hoxe mesmo os comercios tentan en Galicia implantar o costume do venres negro: unha defensa do “ir de tendas” como un acto de solidariedade competindo coa catalogación de “shopalcoholics” ou adictos ás compras se cadra máis axustada a unha boa parte dos cidadáns que pasan sistemáticamente o tempo de lecer nas grandes areas comerciais. A cuestión vai pendurando do necesario equilibrio entre o consumo como motor da produción e a responsabilidade propia sobre a administración da economía doméstica.

Premios 20Blogs

domingo, 20 de noviembre de 2011

SUPERAR LA CRISIS, capítulo 1329.

(PUBLICADO EN NOTICIAS DE ACTUALIDAD) Pinchar aquí

Superar la crisis
(capítulo 1329)

Vertebrar el espacio es posible y conveniente en época de crisis en Galicia. Hay un vasto territorio de aldeas abandonadas y casas habitables con haciendas cultivables esperando a tomar el testigo de situaciones de desahucio y nulas expectativas de empleo en las aglomeraciones urbanas y villas satélite. De hecho algo se está moviendo si reparamos en que en lo que eran residencias de reposo se están sustituyendo los geranios y las siemprevivas por repollos, tomateras y zanahorias.
A Zapatero se le considera el responsable del hundimiento de la nave del Estado y ¡qué fácil resulta trasladar la autoría de todos los males que nos acechan a un agente exógeno! Pero ¿cuánto no habrá de culpa en el común de las gentes que, durante estas décadas postfranquistas han sido o hemos sido cautivadas por el hedonismo a ultranza y la preponderancia absoluta de los derechos eclipsando cualquier deber?. La publicidad ha trabajado este valor: “vd. tiene derecho a la línea ADSL en su casa”, “vd. tiene derecho a unas vacaciones en el “Spa Costa Parda”.
Mientras en España cultivábamos la idea de pertenecer a la vanguardia del mundo las economía emergentes, cimentadas sobre una clase de trabajadores obnubilada por el derecho nuevo a acceder a la propiedad privada –una radio, una nevera, un pedazo de tierra que cultivar-, crecía a ritmos de vértigo y exportaba productos a precios sin competencia. A Alemania o Austria poco le podía importar eso; al contrario, cuanto más trabajen los chinos más cobran los países punteros en la gestión de patentes. Pero desde la piel de Toro sólo hemos mercantilizado los productos agrícolas y los servicios turísticos. Nuestras patentes estrella siguen siendo el botijo y la alpargata, porque los científicos trabajan en EE.UU., U.K. y Centroeuropa.
En este contexto y una vez que las viviendas empezaron a valer menos que la prenda hipotecaria, mantener las prestaciones sociales como ha hecho el Gobierno del Partido Socialista tiene un enorme valor y denuncia una forma de entender la política como el arte de redistribuir la riqueza. Sólo le ha faltado, como a Italia, Francia o los mismos USA, la aplicación valiente de una medida arriesgada: fuerte imposición o gravamen sobre las fortunas. Y si nadie quiere ponerle el cascabel al gato es por el miedo de deslocalización de los ricos. Pero ahora tocaba sí o sí si los socialistas hubieran mantenido el poder –esto está escrito antes de que acabe el escrutinio-. Con el nuevo panorama, la derecha optará siempre por los recortes en prestaciones sociales a las clases media y baja antes que por los impuestos a los ricos. De este modo remontar la crisis será una cuestión de muy largo plazo, pues el poder adquisitivo de la mayoría de la sociedad estará aún más acogotado por la reducción de los salarios y por la necesidad de atender, después de pagar los impuestos, la asistencia a según que prestaciones sociales a cargo de su ya maltrecho bolsillo.
La cultura de este país que es España está muy lejos de contemplar el reparto del trabajo entre más personas a base de reducir jornadas y salarios, tal cual ha sucedido en Alemania, que con la crisis consiguió mediante la implementación de medidas en esa orientación reducir el paro del 8.5% al 6,5%. Además los programas de educación social y para la salud individual y colectiva de los nibelungos contemplan orientación por especialistas para comer mejor con menos gasto y mayor sostenibilidad, un buen manejo de las prescripciones medicamentosas e incentivos frente a gravámenes respecto del consumo de alcohol y tabaco.
Los políticos tienen que proponer ideas distintas a las del siglo XIX, que ya no valen en este entorno tan cambiante. Es un lujo pagar los sueldos de diputados y senadores que en toda una legislatura no han propuesto ni una sola idea para mejorar nuestras reglas de juego. Es muy pobre hablar de dinamitar la ley de la dependencia mientras se construyen aeropuertos sin uso, se premia a los autores con puestos de a ochenta mil euros al año por no hacer nada, se mantienen unidades administrativas municipales, con todo su aparato funcionarial, para poblaciones atomizadas, se persiste en la coexistencia de tropecientos campus universitarios infradotados y dispersos en lugar de concentrar medios en cada autonomía y disponer de una residencia universitaria que democratice el acceso a los estudios superiores. ¿Qué sentido tiene duplicar funciones administrativas? De cada cien euros las Diputaciones Provinciales destinan sesenta y ocho a costes administrativos. Estos entes tenían sentido como órganos de compensación intermunicipal antes de la existencia de los Gobiernos Autonómicos y la Federación de Municipios, además de entes comarcales que velan por el desarrollo en equilibrio espacial y por razones de interés productivo. Para que están las Juntas, los Gobiernos Autonómicos si no para redistribuir la riqueza proveniente de los impuestos y arbritrar todo tipo de dotaciones.
Lo mismo se puede decir del Senado. La Cámara Baja puede y debe ser autosuficiente para promover el debate y la legislación subsiguiente que ha de motorizar el progreso. Las rémoras del pasado sólo son eso, pretextos para colocar bien a iguales en un ejercicio de enriquecimiento endogámico que en este contexto sólo consigue empobrecer a la sociedad.

viernes, 18 de noviembre de 2011

SUPERAR A CRISE

Serie de dous mil artigos sobre as posibilidades de superar a crise actual a pesares da clase dirixente. Publicados na plataforma de blogs arredor da plataforma de El País.

Pinchar aquí

martes, 8 de noviembre de 2011

REMINISCENCIAS

Breve vida,
instante fugaz
de lucidez transitoria.
O cuarto agarda
como poldro de tortura
onde aniña
a noite
coa súa dor irremediable,
e a soidade aterra.
Lenes refachos,
recordos borrosos,
hai sinais de loita,
de entrega formidable,
desigual.
Emerxen do pasado
emocións turbadoras,
cando todo fluía
e a liberdade
impregnaba
o alento da vida.
Brota a reminiscencia
da paixón
provocando descargas
nas neuronas
sobreviventes.
O arrecendo da pel
namorada
sobre a herba
ameazada polo río,
a brandura dos pés,
nus,
deixándose atrapar
na cadencia
da tarde inacabable.
A aventura fortuíta
entre o alto millo
nun tempo singular.
Sobrevive o pasado
nos recunchos
da memoria remota
nesta tarde,
lánguida,
de Outono.
Irremisiblemente
caen as follas:
unha, dúas...
tres mil setecentas
cincuenta e catro.
Expándese o tempo
derramado
no baleiro.


Fragmento de "Requiem por un tempo pasado"
© Santiago Casal Quintáns



lunes, 31 de octubre de 2011

FELICIDADES RONALD

Semella que foi onte cando veu ao mundo o fillo de Carmen e José Antonio, pero ollo, en España aínda existía a pena de morte a garrote vil, Nixon era desahuaciado polo affaire Watergate, en Grecia e Portugal están no impass da instalación de repúblicas democráticas e en España Franco aínda está coa teima de deixar todo atado e ben atado.
No campo do tenis: Crist Evert gaña en Wimbledon, Bjon Borg en Rolan Garros e Jimmy Connors gaña en Wimbledon, EE.UU. e Australia. E tamén o ano do inicio da proxección internacional de Guillermo Vilas, protagonista de partidos maratonianos fronte a Ilie Nästase e Björn Borg.

En Venezuela no ano que nace Ronald acada o poder Carlos Andrés Pérez (1º mandato):


...Primer Gobierno de Carlos Andrés Pérez (CAP)
(1974-1979)
Pérez, al asumir el gobierno, se encontró con una situación que pocos gobernantes han tenido: el país tenía mucho dinero, pero lo que cuesta explicar es que al culminar su mandato, su sucesor se quejó de recibir un país hipotecado.
En efecto, a todo el caudal de ingresos adicionales que recibió CAP por el incremento de precios del petróleo se añadió el endeudamiento por las grandes inversiones que debía hacer Venezuela. Para canalizar los ingresos adicionales y tomar medidas, Pérez pidió al Congreso que se le otorgaran poderes extraordinarios y así fue, el presidente legisló de forma cómoda y rápida. Para explicar mejor esta situación es importante conocer algunos hechos que caracterizaron este primer período de gobierno de Carlos Andrés Pérez:

Carlos Andrés Pérez

El gran aumento de la entrada de dinero al tesoro nacional por el alza de los precios del petróleo fue un factor determinante en este gobierno. 
A pesar de las grandes entradas que tenía el país, éste se vio endeudado tanto en lo interno como en lo externo, tanto así que la deuda externa venezolana subió en este periodo (5 años) a 74.207 millones de bolívares, es decir, de 8.434 millones en 1973 pasó a 82.641 millones en 1978.


Logros del 1er gobierno de Carlos Andrés Pérez:
Se aumentaron los salarios y se fijo el salario mínimo.
Se creó el programa de becas Gran Mariscal de Ayacucho, que permitió a miles de venezolanos formarse en universidades nacionales y extranjeras.
Se creó P.d.V.S.A el 30 de agosto de 1975, empresa destinada a manejar los recursos de hidrocarburos de Venezuela.
Se desarrollóla industria Siderúrgica y del aluminio.
Se nacionalizó el hierro (1974) y la industria petrolera en 1975.


En fin, o importante é que a familia Álvarez Montero veu recalar en Mera, Ronald asistiu a clases no Colexio de Canide e, sendo ben neno pero xa maduro, namorouse tanto de Canabal que empurrou ó seu pai a apostar por crear un centro de ocio que hoxe é un referente polo seu modelo de xestión. Ademáis, Ronald é un home bó. De casta venlle ao galgo. Moitas felicidades durante moitos anos e unha aperta de toda a familia de Canabal.

sábado, 15 de octubre de 2011

Unha piña de veciños de Maianca

Nestes tempos convulsos nos que pesa en tódalas conversas unha situación económica tráxica con efectos perversos e involucionistas a respecto do que críamos conquistas sociais consolidadas o feito de xuntármonos vinte e pico veciños de Maianca para celebrar a nosa veciñanza, sen máis, e brindar por seguir queréndonos ben é un feito reparador para a alma. Alí constatouse de que, ideoloxías aparte, os veciños de Maianca -Cabreira, O Regacho, Broño... pero tamén O Cubo, Xoes e toda Mera- somos singulares e distintos. Desde unha escenografía ben nosa, coas rabisas nos floreiros e as mazarocas por micrófonos e logo de dar boa conta dun menú atlántico a base de marisco de cuncha e de cortello fomos debullando un pupurri de cancións que teñen formado parte do noso erario da memoria, o mellor patrimonio que nos queda para mantérmonos conectados. A dirección maxistral do mestre de comparsas, cargada de ironía, levábanos da mordacidade das letras do antroido ata a simplicidade estacional das letras dos veráns ou as cancións reividicativas da nosa identidade que tanto teñen feito polo noso sentimento de galegos. Desde os veteráns ate os máis novos, todos inmensos, cada quen aportou a pegada do vivido nas súas propostas. A visión cosmogónica do galego quedou ben clara coa disposición dun servizo de tradución simultánea do inglés ao galego cando o anfitrión ía traducíndonos as letras de Elvis servidas por unha voz de barítono. En fin, para pechar o recoñecemento do terreo brindado polo anfitrión que subiu a todos á grupa do Massa & Ferguson baixo a lus da lúa para respirar o ar limpo da noite estrelecida sobre as follas das mazarocas. ¡Viva o territorio libre de Maianca!


sábado, 8 de octubre de 2011

Mi unicornio azul

Sei que falarlle de poesía a unha familia que vai ser desahuciada é obsceno. Mais o grado de corrupción miserenta da algúns líderes políticos, presidentes de Bancos Centrais, directivos de caixas, senadores... namentres millóns de fogares padecen insomnio, fame e depresión fai que busquemos saídas, accións solidarias, participacións en correntes de opinión e, tamén, o abrigo da beleza que transcende á delincuencia dos abusadores da posición dominante. Hoxe pola tarde, cando lía as argumentacións dos responsables da Obra Social de NCG no senso de finiquitala por falta de recursos para logo repartirse vinte millóns en indemnización veume á memoria a canción de Silvio Rodríguez: Mi unicornio azul... unha lección inesquecible non só sobre a fermosura dos obxectos humildes cotiáns que acompañan as nosas vidas, como unha culler ou a vella carteira na que levamos un libro e unha presa de folios. Mais, e sobre todo, unha lección de como as persoas sans precisan só do elemental para vivir reconciliados co mundo mentres esa panda de esfameados que cobran indemnizacións millonarias como premio pola súa xestión arruinando o esforzo dos galegos non son quen de calmar o seu apetito con nada. É unha patoloxía retro-alimentada por un sistema inhumano que vai disparar o odio social e, máis tarde ou máis cedo, vai traer consecuencias que agora non calibran ese grupúsculo de oligarcas egoístas, de fame insaciable, pero vulnerables e mortais. É preciso xa eliminar as deputacións, o Senado, concentrar concellos, eliminar a figura das Sicavs, eliminar dietas por asistencia a consellos que ás veces supoñen máis diñeiro mesmo que o salario, reducir o número de liberados, de escoltas, axuizar a Baltar -que anda a rirse de Blanco- por crear 23 prazas de porteiro para un edificio cunha soa porta, eliminar os coches oficiais, as xubilacións millonarias, segredaria, chofer e oficina na clase alfa dos políticos. É preciso excarcerar a Otegui, que tanto ten feito polo proceso de pacificación no País Basco -a cualificación de grupo terrorista de Herri Batasuna fora unha conquista de Aznar coa axuda de Bush que presionou a Bruxelas-, e así eliminar definitivamente o gasto en escoltas e que a dereita deixe de facer do terrorismo una industria electoral e un pretexto para enfrontar centralismo a autodeterminación. A Fabra, que inaugurou un aeroporto que non recibe avións, dánlle un novo cargo con soldo de 86.000 euros, a Camps outro tanto do mesmo, a Fraga, responsable de dilapidar seiscentos mil millóns de euros, noméano fillo predilecto aquí e acolá... o director do Banco de España deixa barra libre aos directivos das entidades que rescata o diñeiro dos contribuíntes. Eses contribuíntes que sen embargo non son avalados para recibir créditos e aguantar sen pechar os seus negocios cos que financian ao Estado: librerías, farmacias... En Cataluña só se poden operar cancros ou doenzas de esa gravidade, os médicos están a cobrar novecentos euros. En pouco tempo terán marchado moitos ao estranxeiro dando ao traste cun esforzo millonario na súa formación.
Por iso nesta tardiña de outono teño buscado refuxio nos poemas de Valente e na música de Silvio Rodríguez. Perdón.

Mi unicornio azul

viernes, 7 de octubre de 2011

ATOPAN UNHA HORMONA QUE ELIMINA A GRAXA

A prestixiosa revista O médico interactivo da conta dun achádego ben importante en materia de loita contra a obesidade mórbida. Extraemos parte do artigo:
..."La grasa blanca es la considerada como grasa corporal; pero existe otro tipo de tejido, la grasa parda, que hace algo más que almacenar grasa: también la quema. Los científicos pensaban que la grasa parda desaparecía después de la infancia, pero los recientes avances en tecnología de imagen propiciaron su redescubrimiento en los seres humanos adultos.
Debido a que la grasa parda está infiltrada de vasos sanguíneos y mitocondrias, rasgos que le confieren su característico color,  es muy eficaz en la conversión de calorías en energía, un proceso que funciona mal en los casos de obesidad. En la nueva investigación, publicada en Cell Metabolism,  científicos del Instituto de Investigaciones Médicas Sanford-Burnham, en Estados Unidos han descubierto que la orexina, una hormona producida en el cerebro, activa la quema de calorías en la grasa parda de modelos experimentales.
La deficiencia de orexina se asocia con la obesidad, lo que sugiere que los suplementos de orexina podrían proporcionar un nuevo enfoque terapéutico para el tratamiento de la obesidad y otros trastornos metabólicos. Los fármacos utilizados actualmente para la pérdida de peso están dirigidos a reducir el apetito, pero una terapia basada en la orexina daría lugar a una nueva clase de medicamentos para combatir la grasa centrados en la quema de grasa periférica del tejido, y no en el centro de control del apetito del cerebro.
"Sin orexina, los sujetos se vuelven obesos. Con la hormona, la grasa parda se activa y se queman más calorías", afirma el doctor Sikder, y añade que ahora estan tratando de determinar cómo se puede utilizar la orexina  en humanos para prevenir o tratar la obesidad.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

ENCANTO RURAL

Como sei da vocación viaxeira da familia de Canabaleiros, hoxe quero adicarlle unhas páxinas a unha páxina, ENCANTO RURAL, que para min é un exemplo de profesionalidade pero tamén, e sobre todo, de paixón vocacional polo que se fai. E desde esas premisas xunto co talento, que tanto atesoura Pablo Miki López Pintor, un autor, en calquera sector, sempre acada o éxito.
Porque o servizo informativo que proporciona ENCANTO RURAL non é froito do corta e pega demasiado frecuente na rede. Pablo é dos que collen o petate e tiran millas para saber en primeira persoa de que están a falar cando recomendan unha casa rural, un roteiro ou a visita a un atractivo.
Triunfar na propia terra ten sido moi difícil, tradicionalmente para os galegos que demasiadas veces acadan antes recoñecemento alén das nosas fronteiras xeográficas e mentáis.
Visitade a páxina de Pablo e logo saberedes de que estou a falar.

martes, 6 de septiembre de 2011

UNHA CUESTIÓN DE STATUS

“¡No le hables en gallego, porque ESTÁ HABLANDO EN GALLEGO”

Hoxe, no hospital no que esta a seguir con tratamento recuperador o meu irmán, advertíalle así a filla á muller dun doente que, por mor dun derrame, amosa tendencia a esbardallar.
¡Tan lonxe chega o desprestixio que aniña nas entrañas de moitos galegos e tan fondo é o estigma que leva a considerar a propia lingua nai como algo sucio, que debe agocharse e reducir para o trato na intimidade, sen testemuñas, ou co gando.
A frase cumpre contextualizala: o que padece un “accidente” cerebro-vascular vese mergullado, no mellor dos casos, nun proceso de recuperación que abrangue, entre outras cousas, a recuperación da memoria: do vivido, das identidades e tamén das palabras. Unha recuperación quen estriba no traballo do enfermo, dos terapeutas e tamén, cun cariz de resolución semella que espontánea e automática, na calidade da natureza humana. E nese fluxo espontáneo, que non o é tanto así e que marca a diferencia entre o entumecemento e a recuperación, están a intervir eses familiares que, guiados pola intuición, inciden coa súa boa intención na estrutura mental profunda do doente para ir borrándolle do seu disco duro o legado da lingua nai para substituíla por outra de maior prestixio:
¡Xa de ter que pasar os traballos dunha recuperación funcional penosa, polo menos que o enfermos saia gañando algo!
Non hai nada que facer. A meirande parte dos galegos constrúe a súa identidade sobre os cimentos do odio aos atributos herdados e xa camiño da extinción.

miércoles, 10 de agosto de 2011

A BOHEMIA

Onte unha das miñas fillas pediume algunha peza musical para compoñer un vídeo de despedida a un amigo que marcha a Australia cos pais.
Coñecendo o seu grao de amizade paseille música alegre e outra máis nostálxica, con letra de peso. Entre elas La Bohéme, non a de Giacomo Puccini; a de Charles Aznavour. Achegueille pezas musicais que a min me traían recordos de xuventude, cando no marco dunha relación platónica eu a miña amiga escoitabamos a Aznavour, Charles Trénet, James Taylor, a Cohen Dylan... Serrat, Pi de la Serra, Raimon, Jarcha, Víctor Jara... notas saídas dun tocadiscos mercado co meu primeiro soldo: catro mil pesetas daqueles tempos por fichar todo o fondo bibliográfico do instituto e outra cinco mil por impartir linguas mortas a universitarios e graduado escolar a policías.
Apoiabamos o altofalante nunha pena tras do Castelo de San Antón, á beira da enseada, para aclimatar a nosa entrada en calor despois de bañármonos no medio das augas do porto. Máis dunha vez estivemos a piques de sermos abordados por pesqueiros de Malpica. O día que o “Queen Elyzabeth” tivo que parar as máquinas para non machacarnos decidimos mudarnos a San Amaro, onde ademais había máis complicidade para darnos bicos salgados, polo contacto co auga do mar e tamén polos bocatas de atún, degustados con pracer.
Algunhas noites pendurabamos o aparello dunha árbore nos xardíns de Méndez Núñez e deitabámonos na herba para vivirmos xuntos a emoción. Eramos precursores do botellón sen sabelo.
O caso é que a miña filla confesoume que chorara ao escoitar por primeira vez a Aznavour.
–Papá, pero ti como non me dixeras nada de que existía este home, e Trénet e tantos outros?
–Filla, había mundo antes de “Operación Triunfo”. Un mundo que ha transcender, co paso do tempo, como tódalas cosas ben feitas.


LA BOHEMIA, Charles Aznavour

martes, 9 de agosto de 2011

A ROMARÍA VIQUINGA

Despois de corenta anos volvín á Viquinga, en Catoira. Hai un esforzo ben meritorio na posta en escena do desembarco por parte dos mozos e das mozas da bisbarra, que aínda fan máis real a fereza dos invasores a base de grolos e máis grolos de viño tinto. Os turistas de fora de Galiza son maioría armados coa cámara dos móbiles e a empurróns para ocupar o lugar máis privilexiado. Unha mágoa non ter chegado antes para subirme ás penas, ateigadas de xente.
Os viquingos desembarcan ás 13,15 e monean no campo de batalla para compor as poses que precisa como botín a xente de paso: un feixe de instantáneas que amosen que estiveron alí. E de súpeto e antes de que dean as 14 imos ficando sós -que diría Manoel Antonio- os actores e máis un grupo de galegos bebendo viño servido nos cascos dos guerreiros.
Nada máis emprender o camiño de volta descifro o enigma da espantada dos turistas no medio da representación: os postos de pementos, chourizo, queixo e polbo están ateigados de xente comendo cun apetito voraz para repoñeren forzas logo da súa presenza de unha hora como espectadores.
Non hai dúbida: a gastronomía e o aliciente turístico número un de Galiza para tanto comedoriño chegado de lonxe e que lle pon os cornos á dieta mediterránea coa Atlántica. Así se explica a dimensión formidable da intendencia alimentaria en contraste co espazo exiguo destinado á festa histórica.


viernes, 5 de agosto de 2011

O VALOR DUN PAÍS

Hai exemplos suficientes de corrupción en tódolos estamentos da sociedade: empresas de venta a domicilio con xefes entregados á coca e á adquisición de coches de gran cilindrada a partir do que sablean aos comerciais, deputados cesantes que mercan teléfonos de oitocentos euros para levar ás súas casas con cargo ás novas corporacións, alcaldes subindo o seu soldo ata un 173% en pobos nos que a xestión municipal leva camiño de ser inviable, conselleiros de Caixas intervenidas por falta de liquidez cobrando soldos de 600.000 euros e cambiando os estatutos para prorrogar a súa idade de xubilación...

As conversas e impresións nas rúas son antitéticas:
¡Haberá crise pero os restaurantes están cheos

ou ben,

Non hai un alma na rúa. ¿dónde se meteu a xente? En Agosto isto semella unha cidade pantasma.


Pero o certo é que as cifras macroeconómicas falan dun país co PIB en crecemento case que insensible apoiado na exportación e lastrado polo decrecemento do consumo interno.

As crises económicas melloran aínda máis o poder adquisitivo dos ricos e acaban por afundir aos probes. Abren unha brecha enorme entre as clases sociais. Eu distingo tres: a dos moi solventes, a dos que chegan con dificultades a fin de mes e a dos que sobreviven grazas á caridade.
O país vai mudando a súa faciana, e polo medio van quedando vítimas dunha falla de planificación e de toma de decisións inaprazables a respecto da diferencia entre o imprescindible e o superfluo. As próximas, os despachos de farmacia, que levan demasiado tempo sen percibir o diñeiro que adiantan ao laboratorios. A Administración ofrécese a ir de avalista para que lles concedan cretos ¿? pero non pon data para atender o seu compromiso de pago. Hospitais de Cataluña xa non atenden as urxencias nocturnas por falta de liquidez... persoal sanitario iniciando actitudes absentistas como protesta fronte á ameaza de privatizacións...
Coido que a sociedade española ten recursos suficientes. O problema é que están mal administrados e que, ademais, tense instalado durante dúas décadas unha filosofía de andar por casa que ten presente sempre os dereitos a vivir ben e repara pouco nos sacrificios que ilo comporta as máis das veces. A débeda pública española é a metade do que o son a de Italia ou U.S.A. No se trata tanto, pois, da magnitude do que debemos senón de crermos e facer crer aos demais que temos un plan para ir mellorando e saír fortalecidos da crise, cun novo modelo produtivo en vías de implantación e unha aposta decidida pola inversión en patentes exportables, en I+D+I e en capital humano ben preparado para poñer en práctica os avances co apoio da Administración e das Empresas,; elementos todos que, ao fin, son os que miden o valor dun país.

martes, 2 de agosto de 2011

RAMADÁN

Sonche ben chuscas as privacións ás que se someten os crentes musulmáns no Ramadán. Para eles o ano dura 352 días, de tal xeito que a data de comezo do mes de oración e xaxún varía. Así no 2011 ven caendo en días moi longos. Non é o mesmo pasar sen comer de 6 a 22 ca de 9 a 18. Porque amais a prohibición de comer é efectiva desde que se percibe a luz, unha hora e pico antes de amencer.
O caso é que os musulmáns non poden facer esforzos, piden no traballo unha dispensa para facer xornada intensiva e así reservar máis tempo para rezar, e tampouco poden experimentar o pracer sexual. ¿Pero o que é comer e beber...! Cando dan as once da noite xa están en exposición no comedor ou na cociña vinte pratos tradicionais, bebidas reparadoras e doces para o gran festín diario ao que segue unha táboa de exercicios que, aínda cunha suposta orixe piadosa, serven de ximnasia para facer mellor a dixestión de tanta vianda.
A mesma picardía amosan os cristiáns coa vixilia. Substitúen a carne por peixe -normalmente bacallau- e tan tranquilos. Iso se non son prelados, pois daquela obteñen unha bula para poder entregarse á gula. Un trato de favor pouco exemplar como tampouco o é o dado á realeza, tamén en asuntos de carne humana, declarando nulos, a conveniencia, matrimonios por non consumación, por máis que haxa fillos polo medio.
Pero para dicir a verdade os cristiáns non irían na contra dos seus mandamentos por comeren cabrito o Venres Santo. Hai unha mala interpretación das Escrituras detrás de esa prohibicións, que cando alude a non gozar dos praceres da carne está facendo referencia ao pracer sexual, incompatible coa dor solidaria co martirio de Cristo.
Eu coido que non se poden facer compartimentos estanco cos distintos desempeños do mesmo ser humano, como se a existencia do perdón e da penitencia nos concedera unha patente para compensar a maldade coa bondade a ratos. Durante o mes de Ramadán non se pode criticar, nas igrexas os cristiáns dánse fraternalmente a man, pero cando tocan ao recreo uns e outros, como as vacas nas estampidas, volven ao exercicio da inquina, a maledicencia e o egoísmo, coa tranquilidade que lles da a capacidade infinita de amor do Todopoderoso. ¿Canto dano ten producido o Teísmo na Historia da Humanidade!.

viernes, 29 de julio de 2011

SOS desde os Concellos

O crecemento da débeda pública ten nas Corporacións Locais as súas primeiras vítimas institucionais. Unha grande parte dos Concellos van camiño da quebra se antes non o remedia o Parlamento adoptando unhas medidas que xa tardan en chegar. A redución da débeda pública é posible sen que se resinta a prestación dos servizos básicos. Para elo e imprescindible adelgazar os custes da Administración do Estado, que mantén delegacións e persoal innecesarios nas delegacións residuais aínda abertas nas CC.AA. Unha presenza que carece de sentido co nivel de transferencias ás Comunidades Autónomas actual. Ese freo ao despilfarro de medios ten de completarse coa supresión das Deputacións e do Senado, e coa concentración en unidades administrativas de tamaño coherente mediante procesos de fusión entre os concellos máis pequenos para formar unha soa cabeceira.
O Estado, o Parlamento, ten sentido como órgano que senta as regras de xogo polas que se establece a convivencia, o arbitrio de políticas de compensacións territoriais, as fórmulas lexítimas de actuación dos axentes sociais e, ao fin, o abano de dereitos e deberes do contribuínte.
Os deputados teñen a obriga, neste tempo de crise duradeira, de seren permeables a recoller os clamores populares que piden a optimización da nosa Administración Pública e máis acerto na obtención de recursos. E aquí radica o quid da cuestión. Cando xa non é suficienta cos recortes e non vai selo tampouco co aforro cumpre aumentar os ingresos non só pola vía da mellora da competitividade, que tamén, senón e sobre todo no curto prazo mediante a mellora da eficacia fiscal, por unha dobre vía:
1)incrementando os impostos sobre as grandes fortunas, cravado nun obsceno 1%
2)Perseguindo o fraude fiscal, que ao cabo do ano supón o 25% do PIB.

Os profesionais liberais declaran ao ano unha media de ingresos de 8.700 euros, fronte os 18.000 dos asalariados. Só con corrixir a metodoloxía contributiva e mellorar a función fiscalizadora abondaría para resolver nunha grande parte o problema do déficit.
Ao fin, non é decente reclamar aos Concellos a devolución de préstamos por parte do Estado e, ao mesmo tempo, desatender competencias que as corporacións locais tiveron que asumir para non penalizar prestacións básicas aos cidadáns.

miércoles, 27 de julio de 2011

Cambio nos costumes

Esta noite paseina nun Hospital recuperándome dunha cirurxía. A verdade e que aproveitei a espera para entrar no quirófano e tamén o tempo que tardaron es espertar as pernas -e algo máis- en retomar a escrita dunha novela que tiña deixada da man hai tempo. Collín carreira, con pracer, e agora vouna ir escribindo a modo. O curioso é que apaguei a luz logo dunha cura e que que me sacaran as vías ás 00:30. Pois ben, na hora seguinte puiden saber a porcentaxe de españois que condenan ao tal Ortega Cano, e tamén escoitei esborrecar aos “periodistas” do carallo que cobrar por destripar aos demais. Ademais o volume da televisión non anuncios chegaba a ser insoportable, e iso que viña de tres habitacións máis ao norte. Xa un pouco desasosegado chamei ao timbre. Apareceu un enfermeiro con forma de armario e faleille coa autoridade que ás veces da o sentirse en inferioridade física pero coa autoridade mental que da a experiencia:

–Oia, chamo porque se cadra a anestesia me fai escoitar pantasmas. Será que unhas habitacións máis aló alguén ten prendida a televisión a todo trapo?
–Non, escoita ben.
–Xa. E será que este é un hospital, hai doentes e o sensato e respectar esas horas onde os ritmos biolóxicos descenden e a falta de luz anima a buscar reparación nos soños?
–Estame a confundir, señor.
–Que apaguen a televisión, home!. Ou se non que poñan un pinganillo que estes aparellos teñen saída de auriculares.
–Verá, e que non pillan o sono se non a ven ata as dúas ou tres.

Xuro que quedei atónito. Debeume de notar algo reactivo, pois de inmediato precisou:

–Pero voulles dicir que hoxe xa e hora de ir apagando.

Mirei o reloxo: as 01:50. As 08,30 cando chegou o médico, xa eu estaba de chandal, listo para pasar revista e marchar. Preguntei no mostrador de saída polos da televisión, os da 321.

–Bo, eses ata as 11 non queren que lles levemos o almorzo.

Non sei que me amolou máis: se non ter o valor de aporrearlles a porta ou o que me dixo o bo do médico: “Non fagas deporte ata dentro de quince días”.

lunes, 25 de julio de 2011

25 de Xullo en Compostela

Hoxe en Compostela era a cita... o día de afirmación da nación galega, da nosa lingua nai, dos nosos atributos. Unha oportunidade máis de compartir camiño xuntos e tamén coa participación de representantes de pobos amigos aos que nos une una situación de vítimas de abuso de posición dominante e déficit de interlocutores válidos. Pero sen dúbida o inimigo principal contra o despegue do pobo galego hai que atopalo xa hoxe, logo de séculos sufrindo a alienación e o castigo por sermos como somos, no síndrome de Estocolmo encuberto que ten levado a xa demasiados galegos a rexeitar todo aquelo que eran propios sinais de identidade. A nosa cultura está ameazada dun xeito diferencial a respecto de outras que, tamén acosadas, estaban representadas hoxe na manifestación, porque os nosos líderes políticos e unha parte importante do noso pobo renega da nosa lingua, da nosa orixe e da nosa herdanza, ás veces como activistas belixerantes -Galicia bilingüe- e outras por omisión, pasividade, entrega irreflexiva ao colonialismo cultural maniqueo...
Poderíamos ceder ao pesimismo ¿ou realismo? e asumir que pouco futuro ten a nosa cultura se moitos dos galegos practican un reducionismo ao folclórico de toda a nosa carga identitaria. En que outro lugar do mundo podemos atopar un pobo que odie os seus atributos, que sinta vergoña deles? En ningún!. O señor Rajoy nunca fala galego porque di que para facelo mal mellor nin intentalo. Pero os polacos que veñen de intercambio dous meses marchan de aquí falando a nosa lingua. Que prexuízos impiden a Rajoy e a tantas familias que se queixan de que o galego é unha imposición aprendelo ben? Hai razóns ideolóxicas na súa estrutura profunda que frean o aprendizaxe significativo. E algo que non se lle escapa á análise da Psicoloxía Aplicada.
Ademais en Compostela falouse dun sistema produtivo superado, incapaz de dar respostas de integración social, reparto da riqueza, acceso aos bens básicos, á cultura e á información... Falouse do individualismo alienante que dispersa a capacidade da sociedade para actuar como colectivo con respostas rápidas fronte ao abuso de poder. E como conclusión, aínda sen renunciar ao ambiente festivo, percibimos con gravidade que só a mobilización do pobo pode remover dos seus postos a aqueles que pensan que gobernar é só un asunto derivado de gañar nas urnas e non unha reválida diaria. Galicia, a despensa de España, produce riqueza administrada desde e para fora. Aquí non quedan as plusvalías e o traballo dos extractores da riqueza non está posto en valor. A meirande parte dos grandes empresarios non pensaron en clave galega e tampouco os grandes administradores. É precisa a potenciación dos clusters por sectores e o fornecemento dun tecido emprendedor con alicientes para conservar a propiedade industrial, a explotación das patentes e o circuíto do diñeiro. Galicia ten de mirar ao país vasco como modelo de dinamización produtiva e tamén de distribución da riqueza e utilización dos fondos de asistencia social solidaria.
Pero xa seguiremos con estes discursos. Hoxe é un día de celebración. Só que, ás veces, un reflexiona sobre o que poderíamos ter sido e o que somos e a congoxa aparece sen remedio.

lunes, 11 de julio de 2011

UNHA TARDIÑA INESQUECIBLE

XX Xuntanza de Corais en Mera

O Sábado 9 de Xullo, coas últimas luces do día, fomos privilexiados en Mera coa actuación de tres Corais de profunda personalidade propia. É outro éxito máis da anfitriona, a Coral Polifónica de Mera, que merece a consideración de Asociación de utilidade pública, non só pola difusión que fai da música galega de autores noveles ou consagrados senón tamén pola súa vocación organizadora de encontros que permiten a públicos deste rincón da xeografía acceder ao coñecemento de sensibilidades e artes nacidas alén das nosas fronteiras, para poñer en valor a diversidade, o noso e o dos demais, e tender pontes de apreciación do que temos en común con outras culturas, que é moito. Así puidemos percibilo coas interpretacións de Cançao do mar, Samaritana e Cantigas do Maio, por parte do tan laureado Coro Polifónico de Aveiro, tamén cunha fonda formación europeísta. Tamén cargadas de emotividade foron as interpretacións das corenta voces asturianas da “Maestro Lozano”, en cuxo repertorio predominan pezas populares con outras de autores autóctonos. Non poden ocultar a atracción polas habaneras e os compases tropicais compartida coa Coral de Mera. Esta última, dirixida con luva de veludo por Yanaisy Solís, deu un paso máis adiante en complexidade na elección dos temas e no protagonismo de cada grupo de voces que, de tan ben ensambladas, semella un engranaxe tan perfecto e aparentemente sinxelo como o do corpo humano, onde só cando falla un elemento todo tende a desmoronarse.
Unha xornada para sentir, deixarse embargar polas emocións e constatar que cando o ser humano usa a súa potencia para construír é coherente coa súa verdadeira dimensión.

viernes, 8 de julio de 2011

OS LAMENTOS PEDIGÜEÑOS DE ESPERANZA AGUIRRE

Ou sobre o trato diferencial a CC.AA. e Concellos

A Sra. Aguirre di que non ten un puto duro -palabras textuais- para investir na Comunidade de Madrid, a locomotora da economía española segundo as súas estimacións. O certo é que cunha recadación formidable froito do esquema centralista das grandes empresas con produción na periferia e tamén dun modelo de asentamento en concentración, o panorama potencial apuntaría a unha capacidade de financiamento preparada mesmo para os períodos de crise máis aguda. Mais as rivalidades políticas, a cousa pública entendida como pretexto para a loita polo poder, e a deslealdade institucional cun escenario de nula sinerxia entre Comunidade Autónoma e Concello, todo elo ten levado á Sra. Aguirre a construír pontes alí onde non hai río, como fixo Fabra co aeroporto de Castellón, inédito e adicado a pista de xogos recreativos os días de lecer.
Aguirre e Gallardón pásanse polo arco do triunfo as directivas sobre porcentaxes máximos de endebedamento e recortan gastos sociais antes que pospoñer grandes obras, que non por precisas deixan de ser aprazables. Unha operación para extirpar un cancro non o é, como tampouco as axudas á dependencia ou a escolarización universal en tódalas etapas educativas, tamén na 0-3. Pero Aguirre e Gallardón contan cos votos da poboación que non sofre a exclusión social.
Namentres CC.AA. e grandes concellos poñen en perigo a caixa común do Estado; aos axuntamentos pequenos se lles transfire apenas o 50% do custe en servizos que soportan e, en moitos casos, bastante menos do que lles correspondería por capacidade recadatoria e xeradora de ingresos. Nesta España pagan xustos por pecadores, e asistimos ao paradoxo de concellos que fan os deberes coa súa economía doméstica e sen embargo ven cortada a billa da financiación namentres os Madriles e as Valencias acadan moratorias por mor do seu peso político. E aínda por riba temos que aguantar o diagnóstico da chulapa: “Non temos un puto duro”. Con razón xa se laiara a tal Aguirre de que cos tres mil cincocentos euros mensuais netos que cobraba -dietas aporte- non chegaba a fin de mes. Por iso o seu home asistiu á economía familiar, solidario, a partir dunha decisión de Aznar variando o trazado do AVE que trouxo como consecuencia a recalificación para unha manchea de Hectáreas da familia Aguirre, que pasaron de eiras illadas en terra de ninguén a seren terreos edificables en zona estratéxica.

jueves, 7 de julio de 2011

A crise de identidade e de valores na aldea global

Coa caída de muros físicos e ideolóxicos e coa implantación de Internet como unha plataforma de intercambio de información que burlaba a censura, Occidente, Oceanía e Xapón amosábanse esperanzados na consolidación imparable dos valores de convivencia pacífica, democracia, crecemento sostible e compensacións territoriais.
Sen embargo co paso do tempo o que se apuntala antes ca nada e o espírito homoxeneizador que o empapa todo. Inspira os hábitos de vida, de consumo; as relacións dos cidadáns coas Administracións, as actitudes sociais escapatorias nos ámbitos de participación... Os sinais diferenciais dos diversos entes culturais colectivos que nutren a unha humanidade cada día máis numerosa e menos complexa, dilúense ata o punto de que hoxe, desde Bergantiños a Botswana, desde a China ata Chile ou Nebraska a mitomanía, a moda e, xa na profundidade, os valores e os ideais seguen un patrón semellante que, de intenso, sufoca o substrato, esa amalgama de usos, costumes e xeitos con que cada tribo reacciona fronte a un mundo inabarcable e conxura o medo para convertelo en motor de creación.
A colonización experimenta ciclos en razón á maior ou menor capacidade de influencia detrás da cultura das potencias. Levamos xa varias décadas seguindo o paso que marcan os yanquis. Se no repertorio franquista, en calquera pobo da pel de touro soaban tonadillas andaluzas, o relevo da man do “aperturismo” levounos a asimilar as tendencias universalizadas, e a consumir a música da presunta rebeldía nunha operación de sexo, drogas e rock and roll deseñada polo poder para que a xuventude pensara que ía contra o sistema por ser, de certo, máis endogámica e gregaria. A sucesión de tendencias á carta asimilan a seguidores con raíces culturais ben diversas. E o mesmo sucede coa moda: HM ou Zara poñen a mesma roupa en 48 horas en tendas de todo o mundo. A presunta democratización da arañeira fai visibles e invisibles informacións, imaxes e aportes creativos máis por mor da habilidade dos autores no posicionamento -mercadotecnia aplicada- que pola valía real das mensaxes.
Así as cousas, agudízase un xeito de consumir a información que ten moita relación coa presa, a superficialidade, o impacto directo, a pasividade, o refuxio no anonimato, a falta de compromiso, o nulo interese por contrastar, irreflexión, atracción polo breve e pouco elaborado, friquismo illador, mente pre-xuizosa, visión en túnel, perda de noción da realidade, instalación na virtualidade, acomodo en esquemas carentes de sometemento a exame, posicionamento a carón dos fluxos dominantes...
Coas reposicións das películas de Woody Allen puiden ver o outro día a emisión de “O dormilón”, e quedei sorprendido da absoluta actualidade da proposta: un home desconxelado atópase cunha sociedade na que pensar e subversivo e ademais causa infelicidade (a pegada de Huxley no guión e evidente). Ben, esa é a sensación que un mesmo ten diante do avance do entorno global cara a des-ideoloxización e a asunción da idea que pretenden inocularnos de que temos dereito a ser felices, a ter wifi na casa, a viaxar nas vacacións e a non sentir o veleno da frustración, como se estas non foran conquistas froito do esforzo persoal nun ambiente tan competitivo como a xungla.
O movemento 15-M e calquera foro de discusión e debate sobre a realidade social son pois de agradecer nun escenario deficitario de empresas colectivas. Con independencia da súa susceptibilidade de ser mellor canalizado ou do alcance das súas actividades e tomas de decisión, a clase política, por coherencia, debería respectar cando non alentar no seno da sociedade estas vías reflexo de que aínda estamos vivos, temos pulso, temos alento, futuro e algo que dicir a respecto del.

sábado, 18 de junio de 2011

A TARA DA MONARQUÍA

O outro día unha estudante de Periodismo preguntaba ao Príncipe Felipe de Borbón y Borbón por que non se mudaba a Constitución para axustala á necesidade que temos dunha verdadeira Carta defensora da democracia ao recoller o dereito dos españois a ser cidadáns sen obligatoriedade de sermos súbditos. O príncipe, cando xa non tiña argumentos dialécticos abertos espetoulle á moza que xa conseguira o minuto de gloria que buscaba namentres os seus maleducados acompañantes facían gala de falta de respecto á diverxencia cando en ton recriminatorio secundaron:
–“é que non tes mellores cousas das que preocuparte?”
–“Teño -dixo ela– e esta é unha mais”.
O príncipe está chamado a suceder –¡por liña dinástica!– a un xefe de Estado imposto por un ditador xenocida que derrocara unha República elixida por sufraxio universal. Daquela a pregunta da estudante é máis que procedente. Na actualidade as figuras de xefes de Estado determinados por privilexios de sangue xa ven resultando anacrónica, e inda máis se a súa xustificación ven dada por constituíren presuntamente unha salvagarda fronte as contendas fratricidas polo que teñen de autoridades moderadoras. Pouco valor e capacidade evolutiva tería a nosa sociedade se para non matarse por mor das súas diferencias ideolóxicas precisara desa figura contemplada por moitos -cada vez menos- como a reencarnación da autoridade divina.
Nunha sociedade que presume de moderna e evolucionada cumpre que todo o mundo acade o seu posto en razón á súa valía, méritos e capacidades. Os membros da familia real téñense declarado no clasismo máis rancio. En máis dunha ocasión deixaron evidenciar falta de respecto pola diverxencia -vid. A raíña Sofía e o homosexualismo--. A preexistencia dunha institución tan oneroso como inútil e unha tara pesada para a nosa economía tan deficitaria e un mal exemplo de funcionamento democrático para as novas xeracións. ¡Referendo xa!.

miércoles, 25 de mayo de 2011

A Recuperación do Partido Comunista

Desde a Atalaia

A lectura que o xornalismo visible está dando dos resultados das eleccións municipais e autonómicas xira arredor do crecemento do PP e a debacle socialista. Volve a xirar todo a partir da perspectiva cainita a respecto da grande elección dos españois durante un século: ser de dereitas ou de esquerdas, encarnada nun bipartidismo que agora podemos dicir que é falso á vista dos programas e das reaccións fronte a unha crise do sistema Neoliberal que ten trincado aos Gobernos de todo o mundo e a súa capacidade real na toma de decisións.
Non é pois casual que o Xornalismo amarelo non faga sequera mención dun feito tan sobresaínte como é a recuperación do voto da esquerda real. EU, antes PC, recupera douscentos mil votos dos que fora perdendo durante vinte anos e cando hai pouco todos auguraban a súa desaparición, como antes sucedera co comunismo en Italia. Sería inconsistente descansar toda esa recuperación na deserción dos simpatizantes do PSOE. Hai unha toma de conciencia de que os grandes partidos maioritarios pensan exclusivamente en clave macroeconómica, e unha parte da cidadanía que esmigalla os programas antes de votar foi quen de percibir un alento de cordura nas propostas de Cayo Lara, aínda recoñecendo que teñen algunhas rémoras por superar o ancoramento no pasado, como é a demonización reiterativa que veñen facendo do nacionalismo periférico non excluínte e disposto a contribuír nas decisións de compensacións territoriais dentro do Estado, sempre e cando os beneficiarios non se acostumen a seren economías subsidiadas.
EU -esquerda unida- encarna, en dimensión estatal, unha opción de esquerdas desbotada polo PSOE durante vintesete anos, por ter deixado arribar a esferas de decisións a tecnócratas sen escrúpulos famentos de poder e posuídos polo vertixe que produce ter a combinación da caixa forte, cada día menos forte. A bonhomía e a dimensión de homes de Estado dos líderes socialistas foi fagocitada por esas elites con pouca altura ideolóxica, feble consistencia de principios e demasiada ambición. E o pobo ten asimilado que é entendible que a oligarquía de dereitas practique o nepotismo por tratárense dunha familia pechada. O que non perdoa son esas actitudes na presunta esquerda. Entre tanto, e a pesares desa frase tan manida como irreal e inxusta de que tódolos políticos son iguais, agardaremos o día en que EU poida acceder á responsabilidades de Goberno e así poder emitir un xuízo baseado na experiencia.

viernes, 20 de mayo de 2011

AS MOBILIZACIÓNS DO 15 M

Non andaba a Dereita a chamar, a través dos seus mass media, á rebelión popular fronte a un Goberno que afunde a España na miseria? Daquela a que veñen agora esas descualificacións prepotentes acerca dos milleiros de cidadáns manifestándose pacíficamente nas prazas de cidades de todo o Estado para dicir que todo ten un límite. Son persoas con maior ou menor preparación intelectual, pero todas elas capaces no obxectivo hixiénico e necesario de elaborar unha declaración de principios -50- inescusables para poder seguir valorando o papel do Estado e dos instrumentos democráticos sobre as razóns do Mercado e por riba dos intereses dos grandes grupos de poder.
Algunhas voces moi autorizadas de esa Dereita veñen cualificando aos manifestantes como grupos de fumados facendo botellón, e os máis exaltados -aínda presumindo da súa sabedoría histórica e da imparcialidade dos seus fundamentos teóricos, como César Vidal- denuncian a presencia da Eta detrás das manifestacións.
Esta reacción por exceso reflicte un síndrome pos-traumático no PP, que non ten aínda superado a derrota electoral do 2004, segundo eles orquestrada desde a manipulación sobre a verdadeira autoría dos atentados do 11 M. Cal e a teima agora se os manifestantes están a rebelarse nun escenario cos socialistas en posición de Goberno? Pois nin máis nin menos que os males do sistema denunciados e que lle estouparon a Zapatero nas mans foron desenvolvidos durante décadas e aguzáronse durante durante o goberno de Aznar. Entre 1996 e 2004 profundouse no desequilibrio nas fontes de creación de emprego, afianzouse a senda da sobrevaloración do inmobiliario, vendéronse ao gran capital privado as empresas públicas adelgazadas en gastos de estrutura e listas para entrar na senda dos balances positivos, deixando como herdanza á caixa común os custes das purgas. Durante o período de “bonanza” liderado por un dos instigadores da invasión de Iraq, concedéronse ademáis consolidacións de usos e prácticas aos bancos como se se tratara de dar lexitimidade á usura -Felipe González non o fixera moito mellor neste aspecto-, incumplindo toda a normativa europea; permitíronse blindaxes por lei nas Caixas de Aforros para situar a Conselleiros desde a familiaridade política, cal se foran os seus propietarios; consolidáronse maquinarias obsoletas, infrutuosas, e cun custe social determinante: o Senado, as Deputacións, Órganos Consultivos e nunca consultados, Fundacións con gastos de persoal absorbendo o total das asignacións...
A proba de que esta España precisa da remoción dun Sistema Neoliberal que destroza aos emprendedores, non ofrece oportunidades nin incentivos aos que abondan en cualificación e chupa o sangue aos que non a atesouran, a proba de que se están a facer as cousas mal porque as regras de xogo xa non serven témola nas cifras do paro, no descenso nas coberturas sociais, na perda de riqueza, no incremento das familias en estado de necesidade extrema, factores todos eles que se dan en Comunidades Autónomas gobernadas por calquera signo político en todo o Estado, exceptuando a vascos, navarros e rioxanos, onde os sectores produtivos están moito máis diversificados.
Por tanto, celebremos que ao fin os cidadáns de a pé poidan empregar a canle que teñen para dar eco ás súas reflexións, protestas, idearios e propostas, de xeito pacífico e construtivo, como están a facer. Os medios de comunicación, nas mans de oligarcas, só recollen nos seus espazos manifestacións multitudinarias, con impacto alén das nosas fronteiras e que, emporiso, causan incomodidade aos políticos illados nas súas torres de marfil e acostumados a discursos grandilocuentes e mencións aos probes dende a distancia fría e carentes de empatía verdadeira. Porque o que diferencia a un Político de un politicastro e a capacidade para pórse no lugar do outro, e para iso cumpre pisar as rúas, as lonxas, a bacas no Gran Sol, en punto morto, as cociñas de Cáritas, os talleres onde se pasa o ferro de lusco a fusco, as escavacións, os pabillóns de desahuciados, as cabinas dos recolledores de lixo ou dos transportistas autónomos que teñen de seguir traballando por baixo do nivel de rendibilidade porque ninguén lles merca un camión que lastra as súas vidas... Para iso hai que comer moita merda da de diario e non abonda con facerse a foto só do día despois en Lorca, cun bebé nos brazos, un bebé que trae o pan electoral para dar a volta ao mundo.

domingo, 10 de abril de 2011

Hai cousas moi importantes que son de balde

O estoupido da cultura gastronómica ten seguido no tempo á efervescencia nos sesenta e setenta do goce sexual nas propostas máis diversas. Foi un avance respecto do sombrío escenario que viña trazando a maquinaria relixiosa, con tendencia involucionista para apoiar o control das masas, mandando a copular con fines reprodutivos e a comer para silenciar a fame, todo ilo en contra da evolución da especie humana, que tiña moi superado o comportamento puramente instintivo para acadar a sublimación dos sentidos, a percepción de ricos matices sutís no exercicio das actividades máis cotiáns. Namentres a Igrexa e outros fundamentalismos por acó e por acolá pecaminizan o pracer dende a tese de avalar a dor como unha ponte para achegarse a Deus, a sociedade máis liberada dos dogmas cultiva o hedonismo sen que ilo supoña ser insensible aos problemas dos demais. Recoñecer que hai unha diferencia entre engulir e degustar como tamén entre verquer seme ou aproveitar a infinita capacidade eróxena do corpo, masculino ou feminino, é un síntoma evolutivo. Aínda lembro os desgustos que estas opinións teñen causado en vellos do meu entorno familiar en épocas pasadas. Pero agora, grazas ás viaxes do Inserso, veñen de volta cunha mentalidade afanada na valoración das exquisiteces. Ben entendido que as cousas máis saborosas son as que introducen ingredientes que teñen que ver coa sabedoría transmitida de xeración en xeración, traballadas e servidas con agarimo. Onde estean unhas “simples” parrochas con cachelos pingados de aceite, tomados con deleite e sen mirar o reloxio, que se quiten os aglomerados informes da cultura da rapidez. Se cadra á recuperación pendente dentro da filosofía do Carpe Diem ten que ver co dano que ten feito á liberalidade non usos e costumes sexuais a irrupción da Sida. Agora que dispoñemos dunha cultura procedimental para previla e tamén dun arsenal terapeútico para convertela nunha enfermidade crónica que non ten por que reducir a esperanza de vida e probable que se retome o avance cultural a respecto do aproveitamento do sexo coma unha fonte importante de recursos para o pracer, para a relación inter-persoal, para o mellor coñecemento dos demais e para instalar un mellor estado de ánimo fronte ás adversidades. Ademais, é de balde.

viernes, 8 de abril de 2011

EL ACOSO DEL DÍA DESPUÉS

Como comprendo a cuantos han perdido el empleo fruto del acoso laboral. Sobre todo en esos casos en que el trabajador lo había dado todo por la idea empresarial y se ve fuera de ella por la traición, consentida, de alguien que ha suplantado un puesto de trabajo difamando. Esto es más frecuente de lo que parece y acaba mandando al psiquiatra a miles de personas todos los meses. Pero ¡ojo! hay aún un acoso peor, y es el que promueve aun a posteriori la empresa, que ha emprendido la senda equivocada en la gestión de los recursos por la mala práctica de los directivos consintiendo la traición y el ascenso de los amiguistas a costa de la destrucción de los que habían demostrado capacidad. Y esa prolongación de la figura del mobbing, tipificada en el código penal, consiste en difamar y atribuir los males presentes de la empresa a la mala gestión en el pasado de los mismos apartados mediante acoso ¿? Se le atribuyen a los acosados, apartados injustamente de la empresa para ser suplantados por los acosadores, implantación de métodos que no eran sino decisiones empresariales, que el tiempo demuestra erróneas, pero que los acosados mantenían en pie y con ello la viabilidad de la empresa mediante el compromiso de su persona en toda la red de relaciones personales que su perseverancia en una idea de negocio y de empresa le hacían concebir.
En un estado de derecho consolidado como el español deberían de andarse con mucho ojito los difamadores acerca de la responsabilidad de los cambios en la gestión empresarial imputables a las malas prácticas de los gestores ¿? trabajadores anteriores.
Porque se puede calibrar y demostrar de donde procedía el diseño de las estrategias comerciales puestas en práctica, la fiabilidad en el seguimiento de los objetivos y la responsabilidad en la decisión de seguir haciéndolas cumplir (a menudo gracias a su condición más allá de la mera del proveedor con el cliente para llegar a la de amigo)... porque se puede hacer todo esto, también se puede llevar ante los tribunales a los que hablando en nombre la empresa atribuyen la toma de decisiones en momentos de crisis a la mala gestión de los empleados que, para más INRI, fueron “amortizados”.
Desde la plataforma de afectados por mobbing hacemos un llamamiento para que, aun pensando en pasar página y situar el foco en la vida por delante, no permitamos que a mayores se atente contra la verdad y contra el honor por esa pléyade de impresentables que para tapar su incompetencia no se contentan con el acoso sino que practican aun a posteriori la difamación para perpetuarse en una posición que no se corresponde con sus capacidades intentando llenar de mierda el buen nombre de quienes han actuado con honestidad y bonhomía. Que sepan que el peso de la ley puede caer sobre ellos, porque hay muchas personas dispuestas a testificar y a trasladar punto por punto frases alusivas al buen nombre de personas que ya no comparten con ellas el ámbito laboral.

sábado, 2 de abril de 2011

Parolando, roubándolle tempo ao descanso

Algúns amigos teñen un discurso cada día que pasa máis reiterativo acerca da necesidade de que eu trate este ou aquel outro tema, e sempre asuntos que lles están a ocasionar fonda preocupación. Pero iso non sempre é compatible coa vida que un leva, o traballo e obrigas familiares que afloran como setas cando o entorno vai entrando en idades avanzadas. Ademais de andar a buscar os garabanzos e unha dispoñibilidade de medios suficientes para levar unha vida digna sen renunciar ao acceso á formación e a cultura, o certo e que escribir nun blog non profesional é difícil por non dicir imposible de rendibilizar. Cando o sitio empeza a ser coñecido sempre aparece o xuízo sesudo da compañía que da soporte dicindo que hai detrás prácticas ilegais de cliqueo, aínda cando saiban ben que detrás non hai senón o fenómeno de rede social retroalimentada.
Por tanto, alértovos da inconveniencia de adiantar recurso económico ningún a esas plataformas que proliferan na arañeira prometendo pingües beneficios co único propósito de lucrarse a partir da suma de centos de miles de pequenas imposicións.
Escribir nun blog non mercantilizado pasa a ser unha necesidade íntima que compre compatibilizar con outros mesteres nun perfil equilibrado. E de pouco vale que os que queren que a sociedade mude e reaccione fronte á deriva que poida estar tomando disparen toda a artillería aduladora aos neuro-receptores da vaidade do blogueiro: –E que ti escribes tan ben! E que si os que sabedes expresar as ideas non botades unha man que nos queda aos demais!.
É un recurso fácil para escorrer o bulto. Porque logo rascas e ves que con frecuencia os aduladores son xente ben preparada, profesionais que ascenderon na escala social en no mundo competitivo no que se desenvolven en gran medida gracias ao seu manexo da información a través da comunicación, ben entre departamentos ben cara ao destinatario das súas propostas de servizos. De tal xeito que a eles os animo a que se senten esa necesidade de escoitar as verdades empreguen tamén un pouco do seu tempo, restado do fluxo lucrativo, en animar correntes de opinión.
Así, para hoxe, podo proporlles falar de esas cousas miúdas que non fai falla ser superdotado para percibir, senón ter conservada a sensibilidade mínima que nos distingue dos autómatas. A saber:

a) Unha compañía aérea oferta con éxito voos entre pasaxeiros dispostos a pagar un corenta por cento mais por non compartir espacio con cativos. Anúncianse como “Voos ceibes de nenos”.

b) Responsables de axencias de rating e a gran banca privada declinan asistir a unha xuntanza con Obama por cuestións de axenda. Os banqueiros e os especuladores aos que a Reserva Federal rescatou pesan máis ca o poder político.
(Anderson alertou -na súa curtametraxe merecedora do Oscar- de que as mismas consultoras que axudaron a Grecia a ocultar a magnitude da súa deuda afundiron despois ao país heleno para beneficio dos especuladores. O mesmo BCE e o Banco Mundial establecen uns intereses nos seus empréstitos que fan que as economías en quebra demoren as súas peticións de axuda. Non hai ningunha axencia de “rating”, non hai ningún financieiro no cárcere, a pesares de que o día antes da quebra de Lehman Brother a empresa fora distinguida por Moody´s coa máxima cualificación de solvencia...).

c)Invitación a usar o transporte público. ¿?

Crónica dunha viaxe, ordinaria, Santiago-Mera (Oleiros): Saída da casa, no centro de Santiago, ás 16,25. Monto no tren as 16,47. Chegada á Coruña ás 17,20. Camiño a pé á estación de autobuses. Saída do bus ás 18,30. Chegada a Mera: 19,01. Tempo total investido semellante ao do traxecto en AVE entre Madrid e Sevilla.
Como ocorre coa sanidade, o problema non está nos desprazamentos entre núcleos principais senón na falta de cobertura metropolitana. Da para reflexionar, agora que rematan os prazos para seguir a aprazar o freo as emisións de CO2. No tema da saúde, a espera para unha revisión co otorrino chegou no meu caso a sete meses. Sen embargo, entrei co apéndice inflamado por urxencias ás 20 horas e saín sen apéndice ao día seguinte.

Ven? Un blog tamén pode suxerir para que os demais desenvolvan os seus razoamentos e propoñan items para o debate. Eu agradezoos.

domingo, 27 de marzo de 2011

FIGURANTES: A LACRA DOS POLÍTICOS INSTALADOS NA INERCIA

Nos meses que preceden aos comicios municipais é máis frecuente ver como os concelleiros mesmo dos municipios máis pequenos multiplican a súa presenza en actos de toda pelaxe, extraordinarios ou non, por máis que na xestión de moitas das iniciativas e acontecementos non teñan aportado nin un minuto do seu tempo ningunha. Non digo eu que non sexa importante o respaldo institucional nas iniciativas públicas ou privadas que melloran a vida dos veciños. O que intento transmitir é o luxo que supón para as facendas de territorio pequenos ver reducido o perfil dos concelleiros case que exclusivamente a papeis de representación, como está a suceder por doquier.
As corporacións locais modernas precisan do concurso de concelleiros que sexan sabedores da materia da que son responsables, no canto de delegar toda a xestión nos técnicos. A carga ideolóxica que hai detrás da toma de decisións conforme a un modelo, a un programa, se lles supón. Máis aló, na práctica diaria da cousa pública nas corporacións de tamaño pequerrecho e mediano teñen de ser os propios concelleiros persoas entendidas na súa area, con iniciativa para encher de contido os plans cuatrianuais e capacidade para mobilizar os recursos precisos para levalo a cabo, propiciando o marco no que os axentes sociais son xeradores de riqueza.
Para calquera empresa privada de tamaño limitado sería unha ruína manter figurantes exclusivos, sen interacción na xestión. Para esa optimización dos recursos humanos fai falla vontade política e, sobre todo, formación continuada e cultura do coñecemento no marco dun entorno tan cambiante como o que vivimos.
Os meros figurantes na escena política das corporacións locais son un lastre, aínda máis lamentable cando son elixidos dentro das filas da oposición como únicos interlocutores na resolución de temas pendentes, nun alarde de abuso de posición dominante e deslealdade por parte das institucións supra-municipais. Esa deslealdade institucional da Xunta é, xa que logo, miserenta. E non nos queda sequera o consolo de pensar que o tempo pon a cada quen no seu sitio, pois boa parte da sociedade anda distraída entre o fútbol, as telenovelas e as crónicas do baixo ventre. Aínda por riba, as cadeas monolíticas da extrema dereita, adictas á mensaxería golpista, proliferan como setas na tv. adicadas ao discurso de fácil calado que considera a Zapatero como o único culpable de tódolos males.
Por iso e máis importante que nunca insuflar de credibilidade a función pública no ámbito municipal, converténdoa en “xestión” de recursos postos ao servizo de decisións de progreso. A traxectoria de liderado no contexto de Estado ven de estar ostentada por opositores a notarías, procuradorías, inspeccións de traballo... O desexable e atopar aos mellores xestores entre os emprendedores, capaces de atopar os recursos para levar adiante as súas ideas de negocio ou as súas patentes con éxito e con boas prácticas. Neste senso, a renovación na cúpula do CEOE tamén era unha necesidade clamorosa.
A política municipal en asentamentos de menos de cincuenta mil habitantes non está para o exercicio gratuíto do onanismo nin pola ostentación do fugurantismo personalista reducido só a iso, remedando aos yanquis, e que xa é lei en parte dos concellos do área metropolitana inmersos na loita bipartidista da que os cidadáns non extraen beneficio ningún.

O paradoxo galego

Aquel mentireiro compulsivo, vendedor de fume, que afirmou en Palomares que non había radioactividade para vir logo a bañarse a Perbes, afundiu a Galiza na peor das lacras sociais: a do inmobilismo resignado. Durante os seus anos de mandato a cousa trataba de non tomar decisión ningunha que comportara traballo de xestión. Dicía Parménides: “ese home está a moverse moito. Daquela non fai nada”. Iso era o que facía o león de Vilalba: andar de acó para alá cortando cintas e asegurándose o apoio das baronías a través da creación de postos de traballo ficticios e fundacións sen ánimo de lucro nas que os soldos supuñan o noventa por cento dos orzamentos.
Baixo o seu mandato escurantista Galiza ocupou o antepenúltimo posto entre as duascentas euro-rexións europeas a respecto de Renda per cápita. Fraga foi unha máquina desmantelando o agro galego, apoiando co diñeiro dos galegos a merca por parte de empresas estranxeiras das nosas lácteas para logo afundilas con prácticas fora da legalidade. As eólicas e as granxas mariñas foron tamén adxudicadas maioritariamente a capital foráneo sen contrapartida. Os prazos dados por Bruxelas para sanear unhas rías infestadas de verquidos industrias e fecais foron incumpridos sistemáticamente e os fondos recibidos desviados para outro fin. Os gobernos de Fraga tutelaron a desviación das Caixas de Aforros da súa función social e da súa condición de garantes da mellor redistribución da riqueza xerada polos emprendedores, permitindo a blindaxe dos seus cadros directivos que manexaron os recursos como se foran da súa propiedade.
Se todas estas cousas e outras moitas ían sentando as bases para a hipoteca sobre o despegue económico e social de Galiza, a patada definitiva foi produto dos soños de grandeza do Iribarne, da súa megalomanía e do seu sentido mesiánico que o levou a atribuírse o dereito a pasar á Historia por ter actuado baixo unha iluminación especial, máis alá da necesidade de consultar as súas intención en equipos de traballo e moito menos de procurar o consenso antes de tomar decisións que ían comprometer o futuro de tres xeracións.
No colmo do anti-galeguismo real que tamén distinguiu a Franco e agora a Rajoy encargou o granito e a pizarra para o Gaiás en Brasil e Italia nun momento delicado para un sector estratéxico de Galiza, e coa complicidade do mentor da Carmiña Burana encargou unha biblioteca cuxa envergadura remedara á de Alejandría co obxectivo de chegar a albergar un millón de títulos para admiración dos visitantes namentres as campañas de fomento para a lectura e a adquisición de exemplares para as trescentas bibliotecas dentro do tecido social cotián quedaron suspendidos por falta de fondos, cun impacto brutal sobre a alfabetización dunha poboación cuns índices de lectura ínfimos e sobre a capacidade de supervivencia de boa parte das editoriais galegas. Namentres en Centroeuropa e Escandinavia o modelo que funciona é o de impulsar e dar vía ás propostas culturais e artísticas a través de unha ampla rede de instalacións funcionais integradas nos núcleos de poboación, Fraga e Pérez Varela reduciron a cultura a unha expresión expositiva dentro dun marco faraónico sen campo para a interacción.
Ao León de Vilalba, din os seus prosélitos, cóllelle o Estado na cachola. Pero para que raios queremos unha limusina nunha estrada de montaña, toda virada. O único que acadou a súa dimensión megalómana foi ir poñendo os cimentos da destrución actual do tecido produtivo de Galicia, na que hai paro e un millón de pobres por malas prácticas Administrativas e desviación dos recursos. Que pasaría de ter collido os 670 millóns de euros do Gaiás, xa sen meternos noutras areas de despilfarro, e fixéramos outro uso deles:

Entre 15.000 e 20.000 postos de traballo directo a partir do dragado e rexeneración dunhas rías ás que se ven verquendo a materia fecal de máis dun millón de galegos por non empregar os fondos enviados desde Bruxelas para tal mester nin a porcentaxe que lle corresponde á Xunta. A capacidade para aumentar a superficie cultivable e pasar dun rendemento cero a unhas rías outra vez cheas de riqueza depende dunha inversión total para toda Galiza de 38 millón de euros.

Vintecinco mil familias (máis de corenta mil postos de traballo directo) que se viron forzadas a pechar as súas explotacións gandeiras logo de vender con subvención a Puleva e aos franceses a patente para pagar aos gandeiros por baixo dos custes de produción e abrirlles a espicha para introducir leite foránea a máis baixo custe ate afundir a competencia dos propios galegos e reducir tanto o seu tamaño no concerto europeo como o seu nivel de vida, reducido ao papel de escravos. A inversión en manter estes postos de traballo como tamén os da xestión de grandes recursos enerxéticos pode cifrarse en 0. É bastante máis oneroso mandar a clase pasiva a unha proporción tan importante dunha poboación produtora e tamén consumidora. Tratábase de ter vontade política de apostar polo incentivo á nacionalización e radicación dos recursos, como fan por todo o mundo adiante, menos en Galiza, o único pobo que ataca á súa propia lingua e cuxos gobernantes pensan en facer carreira de costas aos intereses dos seus propios administrados.

Vertebración do rural co urbano, modernización do agro, creación dun cluster agropecuario, rehabilitación dos cascos rurais, incentivo para á volta ás economías con alto grao de autosuficiencia con troco de produtos a escala, potenciación do cooperativismo, implicación da Administración nas iniciativas empresariais autónomas con compensación aos donos das casas e terras sen uso para posibilitar a produtividade das facendas e a mobilidade do banco de terras. Só este capítulo de actuacións daría traballo directo ao cen por cen da xente desocupada cuns custes de 200 millóns de euros, pero retornables a partir do segundo ano, pola vía das cotizacións versus o pago de risgas e por efecto do incremento no consumo interno de bens. Se no norte de Italia e en Luxemburgo viven, no medio rural e como campesiños, os cidadáns coa renda per cápita máis alta de Europa, por que non imos ser capaces de desterrar a imaxe real do agricultor e gandeiro galego illado, desasistido, froito do abuso de posición por parte dos especuladores que poñen prezo aos seus produtos diante das narices da Xunta... e desexando poder vendelo todo para pagar as débedas e que acabe a súa escravitude penada?.

Por último, cunha inxección de 200 millóns de euros en cinco anos impulsaríase definitivamente o capítulo en I+D+I, a potenciación e posta en valor da industria das patentes e a inversión en apoio ás enerxías alternativas para contrarrestar as necesidades a curto prazo de dividendos por parte dos emprendedores e que están demorando unha independencia do petróleo que en Galiza podería ser total: eólica, xeotérmica e maremotriz.

Mención aparte merece a necesidade de recargar a cultura de país dos galegos e de frear a morte anunciada para boa parte da industrial cultural autóctona: merca de trescentos exemplares dos libros publicados en Galiza para destinalos ás bibliotecas de empréstito integradas no día a día da poboación e potenciación das salas de teatro, actuacións musicais, ensaios, dentro do barrio, e nas que prima a funcionalidade e o uso continuado sobre o culto ao ladrillo con grandes custes de mantemento e con dotacións de bedeis pantasma por parte de presidentes nepotistas dunhas institucións, as deputacións, con cuxas eliminacións disporemos de máis fondos para aplicar en políticas de creación de emprego. A inversión no prazo curto e tamén para un tramo de vinte anos é de 30 millóns de euros. Máis o impacto sobre a poboación e a saída profesional dunha xuventude atraida pola expresión da cultura e tamén artística evitaría a emigración como única saída sería relevante para a construción dun novo imaxinario de país compartindo obxectivos comúns.

A inversión directa para levar a Galicia ao pleno emprego sería de 468 millóns de euros. Bastante menos do que vai custar o Complexo mastodóntico do Gaiás sen ter en conta xa o seu mantemento. Pero claro, son medidas que implican algo máis que a palla mental dun visionario ególatra tomando unha decisión recibida con euforia polos secuaces aduladores no marco dunha comida hiper-calórica, e metabolizada máis por unha sesta que polo traballo de revisión, seguimento, impacto e xestión de recursos que poida vir detrás. As medidas eficaces do día a día para sacar a Galiza da vergoña de ter fillos famentos e emigrantes nunha terra rica comportan traballo de xestión e ningún conselleiro, Delegado, Segredario Xeral e demais xente con soldos importantes vai ser quen de arrogarse o principio de ter iniciativas que signifiquen complicarlle innecesariamente unha vida na que non falta nada. A cousa é non crear situacións que requiran intervención, non amolar con traballo aos compañeiros de escano e vivir a vida desde os privilexios. É para escarallarse de risa, se non fora un asunto tan serio, ver aos galegos á cola do desenvolvemento en Europa cando non somos unha rexión que padeza cataclismos desde a era arcaica e cando todo o que nos ofrece o medio e riqueza da que non somos quen de facer bo uso.

viernes, 18 de marzo de 2011

Nacionalismo excluínte

–“Mmmuuuuuuuuuuu”!– díxolle unha vaca a outra.
–“Quítachesmo da boca”– contestou a segunda.

Deste exemplo de elocuencia comedida moito tiñan de aprender algúns políticos que se multiplican os fines de semana con declaracións tópicas e ben chistosas na procura do aplauso partidista a través dun exercicio dialéctico que por probe e sectario envilece a adicación á cousa pública.
A señora De Cospedal fai ostentación un día e outro da falta de proporción entre o seu salario e o valor das súas propostas ¿? para mellorar a situación social. A manchega leva un tempo chamando á austeridade desde a súa posición como perceptora de trescentos mil euros ao ano do erario público por practicar a descualificación e o partidismo electoralista durante toda a lexislatura sen tregua para a proposta dalgunha medida transformadora. Para calquera empresa privada sería ruinoso manter a esa recua de politicastros de tódalas cores adicados á práctica profesional e colexiada da demagoxia no canto de buscar sinerxias construtivas aínda máis necesarias no escenario actual.
A última boutade da devandita María Dolores, que xamais considerou ter errado, é a de apoiar a liña de declaracións da corrente españoleira nacionalista excluínte da Comunidade Valenciana, segundo a cal sería un erro estúpido que Blanco, actuando por electoralismo localista, desviara a un proxecto tan periférico e residual como o de Galicia fondos para o Ave que mellor estarían completando a conexión levantina.
¡Se cadra a culpa de tanto desprezo témola os galegos!. Os valencianos van comer patacas bravas de Galicia nestas Festas de San Xosé iluminadas con enerxía producida no fogar de Breogán cuxos fillos a pagamos máis cara que en ningures para máis INRI. A cousa ven de moi lonxe. Xa Isabel e Fernando impoñían aranceis á exportación dos nosos produtos para que non competiramos coas Castelas e mesmo chegaron a prohibir o tráfico co porto de Vigo para favorecer aos enclaves mediterráneos.
¡Que brutoj que son estoj gallegos, pero que ricos produjtos naturale tienen loj condenados!– escoiteille dicir a un elemento o outro día na marisquería Suso, na Coruña. Por fortuna non che son todos así, pero a clase política centralizadora que demoniza á diversidade e a vivencia lexítima da identidade de país, debería de ter máis coidado de non fomentar esa idea de nacionalismo como exclusión ou preponderancia que, de feito, en España solo foi exercitada nos últimos cincocentos anos polo poder Central.

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...