© blog: Son de Oleiros

martes, 15 de enero de 2013

O INDIVIDUALISMO DOS GALEGOS NO SEU PAÍS


(Fragmento de Galegos: a Galicia do século XXI. -xénero: humor-)


Os camiños dos galegos serpean arredor das casas para morrer nos prados. A estas latitudes chegaron os primeiros poboadores a procura dun pedazo de terra amigable que cultivar, seguindo as concas dos ríos e as depresións entre as montañas. A meirande parte das tribos procedían do centro continental e eran agricultoras. Isto e tamén a prudencia e o instinto defensivo das primitivas poboacións castrexas explica en parte que mesmo en pobos mariñeiros a xente teña vivido durante dous mil anos de costas ao mar e con grande temor del: O que queira deprender a rezar, que navegue polo mar. O outro factor que afastou aos galegos da liña de costa foi unha necesaria actitude de defensa fronte ás invasión normandas e viquingas, que durante séculos minaron a capacidade competitiva e a puxanza comercial das vilas mariñeiras, namentres as cidades e pobos do interior se mantiñan a salvo.
Os galegos comen porco e plantan verzas como os seus devanceiros. É recente a dedicación á explotación dos recursos pesqueiros, destinados fundamentalmente á exportación ou á industria conserveira, introducida polos cataláns hai douscentos anos.
Os descendentes das hordas suevas foron conservando un espírito pouco gregario ate mesmo perseverar en construíren as casas afastadas unhas de outras[1], con dominio sobre extensións de terreo acoutadas por fronteiras de pedra levantadas nos lugares máis insospeitados, moitas delas hoxe ocultas pola maleza: Cada galiña escarva para si / Cada un quere leva-la auga ao seu muíño inda que deixe en seco o do veciño.
A loita polo territorio individual reflicte un apego singular a propiedades que veñen pasando dunha xeración a outra cada vez máis divididas: Bens divididos, bens perdidos, di o refraneiro popular, ilustrando un uso testamentario, sempre despois da morte[2], que ten provocado emigracións en masa mesmo en territorios de gran riqueza, mais fragmentados en exceso.
De cando en vez algún galego con problemas de lindes enquistados na súa memoria baleira a carga da escopeta de caza contra o veciño e xa pode morrer en paz. Esa é unha reacción prevista para as relacións entre iguais. Outra cousa ben distinta e a actitude sometida dos galegos coas autoridades e as persoas notables: Non te arrimes aos señores nin ás barandas dos corredores  /  As leis van por onde queren os reis  /  Para ben casar casa co teu igual  /  Dar é de amo, recibir é de criado.
Neste caldo de cultivo, calquera idea de rebelión, por máis xusta que poida ser, semella impensable: Ás veces mexan por un e hai que dicir que chove  /  Orneos de burro non chegan ao ceo  /  Para porcos bastan verzas.

A autoridade da Igrexa, do Estado, dos caciques e do médico, son incontestables no rural. As xentes humildes enchen caladamente o libro das súas vidas, atentos a non chamar a atención dos recadadores de impostos e de almas[3]. Os labregos galegos adoptan durante séculos un perfil defensivo, de baixa intensidade, que lles ha servir para desviar o foco da atención por parte dos que toman as decisións tributarias[4], de alistamento ou de integración no rabaño de Deus. O individualismo e o talento natural para sobresaír son sufocados desde o seo familiar ate o esfumado do carácter. Apenas unha  empresa común cada catrocentos anos dentro das fronteiras de Galiza contradí a constatación da  nula capacidade do pobo galego para organizarse e por a proba a súa capacidade de dar o mellor de si mesmos. Mais ao fin, logo da rebeldía, o orden coñecido e a xerarquía dos poderes veñen a devolver ao pobo a un status no que todos prefiren perder un pouco, bastante, diante do medo a  que uns perdan todo e outros case que nada[5]. 
Nas novas xeracións, sobre todo urbanas, estes principios veñen sendo superados desde hai tempo no imaxinario colectivo, para perplexidade dos vellos. Mais na Historia de Galiza non hai apenas heroes individuais, por moito que as lendas se empeñen en amosar o contrario. Os escasos enfrontamentos cos poderes precisaron da ousadía colectiva. Xa no último tramo do século XX e morto o ditador, o Nacionalismo Galego formulou unha corrente necesaria para o debate que daría lugar a un país novo a partir dunha conciencia que facía menos extravagante e suicida o que era preciso pero atrevido en exceso no pasado.
Ese individualismo estremo e a lousa máis pesada que arrastra o galego desde a noite dos tempos. Tenlle impedido facer valer os seus dereitos alí onde corresponde. Os poderes públicos e os poderes de feito teñen abusado ata o hilarante dos galegos aproveitando a súa forza nula tomados de un e un. Os primeiros en aproveitarse da suor e do sangue dos galegos teñen sido os propios gobernantes e oligarcas galegos, que tradicionalmente recibiron os favores do Poder Central a cambio de administrar unha inxente despensa de enerxía, bens materiais e tributos a beneficio da Corona, do Exército e da Igrexa. Xa no mesmo século XX Franco gobernou de costas aos lexítimos intereses do pobo galego. Recentemente e logo dun período de grande desenvolvemento industrial algunhas das máis importantes empresas galegas pasaron a titularidade de foráneos que atopan na Galiza man de obra barata e paz social. Os galegos soportan un custo ambiental insostible para producir a enerxía e as materias primas que precisan no resto de Estado. Hidroeléctricas e centrais térmicas exportan boa parte dunha produción que os galegos pagan máis cara e con servizos máis deficientes, aínda cando as empresas son dirixidas por galegos. As fábricas de Aluminios e Celulosa, a Refinería de petróleo foron situadas onde máis impacto podían causar para aforrar en medios de depuración. A perda de postos de traballo no marisqueo e na baixura ten sido de milleiros. As rías están contaminadas con metais pesados. Sen embargo, os combustibles son máis caros a cincocentos metros da Refinería que a seiscentos quilómetros. E o peixe e a miúdo máis barato en Mercamadrid que nos mercados municipais de Vigo ou A Coruña.
Galiza é potencia mundial en enerxía eólica, pero aínda hai cortes de luz habituais en amplas comarcas rurais, e tamén a cinco quilómetros do Obradoiro. Galiza é líder en produción de conservas de pescado, en cultivos mariños, en elaboración de viños singulares. A pataca e o leite son de calidade suprema, pero cada día pechan dúas explotacións porque o produtor e pagado por debaixo dos custos de explotación. Os gobernantes permitiron e mesmo subvencionaron a merca por parte de empresas estranxeiras das lácteas galegas. Esas mesmas empresas introducen agora o leite producido nos seus propios países ata acabar cunha competencia que antes era forte.
Os galegos non souberon dar ao longo da Historia valor engadido a produtos apetecidos polos mercados máis esixentes. A castaña, os caracois, as setas, os ourizos de mar saen de Galiza por un prezo ata hai pouco irrisorio para coller valor unha vez manipulados no seu punto de destino. O illamento e o individualismo dos galegos ten suposto o pago dun prezo moi grande. Tanto como chegar a asumir o rol de vítimas como filosofía de resignación fronte aos abusos: Boi galego, que decrúa o monte para proveito alleo  /  Para o pobre sempre chove e sempre é noite.
Sen embargo, ese individualismo esaxerado fixo medrar aos galegos en ferramentas para a  autosuficiencia que lles teñen servido para mellor adaptarse ás contornas máis diversas. Así, na emigración amósanse con recursos e son quen de prosperar en todo canto emprenden e nun curto espazo de tempo, grazas tamén ao seu tesón.
 Di unha canción: “hai un galego na lúa...”. A cita reflicte a realidade de que en tódolos recunchos da terra hai algún galego ocupado con discreción nas tarefas máis inverosímiles ou de maior compromiso: cociñeiros dos Beatles ou na Casa Branca, presidentes de Repúblicas, propietarios de cadeas de hoteis, farmacias, droguerías e restaurantes, armadores de flotas que sucan mares afastados, cooperantes mesturados cos indíxenas para crear outra Galiza entre pitóns e tarántulas, astronautas ou bohemios, pero case que nunca mendigos. Porque os galegos sempre tentan saír adiante a pesares das dificultades do camiño. Son loitadores ata o límite: O que non se molla non come a solla  /  Para coñece-lo mundo, cómpre andalo  /  Por medo aos gorrións non quedan sen sementa-los leiróns  /  Sen escachar ovos non se fai tortilla.
 Entre os empresarios máis importantes desde México a Tierra de Fuego hai unha grande proporción de galegos, todos eles cunha característica común: son homes e mulleres de orixe humilde que tiveron que aprendelo todo experimentando no seu propio traxecto vital a base dun esforzo inconmensurable, alfabetizados tardiamente e por iso mesmo moi apreciadores da importancia de poder acceder a unha educación ben completa desde nenos. Eles nada teñen que ver coa cultura tan arraigada en parte da nosa xuventude que prepara oposicións durante dez anos, vivindo da economía familiar e agardando colocarse nun posto da Administración. Mais hai que recoñecer que, paradoxalmente, os galegos teñen tradicionalmente máis dificultades para facer prosperar os seus proxectos en Galiza ca na diáspora. O espírito gregario e colaborador dos galegos, aletargado en orixe, esperta ao chegaren ao estranxeiro. Os centros galegos no exterior son un verdadeiro foco de solidariedade, nos que a mais de manter viva a pegada da cultura e a lingua maternas, os galegos préstanse axuda en épocas de dificultade. E imposible atopar instrumentos semellantes na propia Galiza, aínda en tempos de bonanza económica. Na mente dos galegos pesa a idea de que a riqueza deste pequeno territorio esta moi dividida. A excesiva fragmentación dos legados testamentarios ten  comportado un forte sentido competitivo xa desde dentro da propia estrutura familiar, e una exacerbación da necesidade de ser máis astuto ca os demais para triunfar, sorteando as moitas dificultades que un entorno cobizoso do éxito alleo pon no camiño: Despois de morto o meu boi, non naza a herba no prado  /  Co mal de outro calquera dorme un sono  /  Máis me sabe a miña cebola que a carne da túa ola  /  Vaca de moitos, ben muxida e mal mantida  /  Val máis fume da miña casiña que lume da miña veciña.
Sen embargo, as diferencias no progreso son mal admitidas dentro do mesmo contexto aldeán. No rural galego permanece a norma non escrita de que o xusto é medrar na mesma medida que os demais, tanto a respecto do tamaño da facenda como no aspecto da casa, pois crecer moito en pouco tempo supón, no imaxinario da xente, facelo en detrimento dos demais[6].
É outra das herdanzas de épocas pasadas que atopa unha excepción no caso de que a fortuna proveña do traballo na emigración, onde, ademais, as enormes dimensións xeográficas e de oportunidades impulsaron entre os galegos unha conveniencia e un espírito cooperativos que aquí non se teñen dado mais ca na época republicana, co nacemento das Unións Gandeiras e de agricultores[7], e xa en datas máis recentes coa emerxencia das confrarías de mariscadores dispostas a compartiren o froito do traballo colectivo a pesares dos atrancos dunha Administración que segue a identificar perigos nos movementos gregarios, espontáneos a partir do feito de compartir intereses, que escapan ao seu control tutelado[8].        


[1]Para a delincuencia, a dispersión xeográfica supón unha oportunidade. Hai bandas organizadas capaces de atracar nunha sola noite bancos e tendas en vilas distantes corenta quilómetros unha de outra, ate completar o mapa provincial ou mesmo rexional. A bordo de turismos de gran cilindrada collen desprevida a Garda Civil e só a súa conduta histriónica, a súa demencia, acaba coa aventura calquera noite nunha pista forestal, logo de dez voltas de campá e un choque frontal contra un poste de Fenosa.
[2]O que da o que ten en vida que colla o saco e que pida  (Refraneiro popular).
[3]Calar nunca fixo mal.
[4]As aguias non cazan moscas.
[5]Máis vale cheirar vivo a merda que morto a incenso e cera.
[6]Para medrar hai que ir pouco a pouco, que a vexiga que incha moito, máis axiña estoupa.
[7]A ditadura de Franco prohibiu o Asociacionismo de toda índole exceptuando o relixioso e o afecto a causas defendidas polo Réxime. Moitos impulsores daqueles precursores da Seguridade Social e as Caixas de Solidariedade e Garantía foron represaliados.
[8]Control tutelado é o que exerce o Estado sobre os grandes sindicatos que representan exclusivamente a funcionarios da Educación, a Sanidade e a Propia Administración -como se fora de eses ámbitos non houbera necesidade de actividade reivindicativa-, a través da subvención dun número exorbitante de liberados e da dotación de grandes partidas de diñeiro para o desenvolvemento de actividades con repercusión ben dubidosa sobre a calidade e estabilidade das bolsas de ocupación laboral.

sábado, 12 de enero de 2013

Os galegos e o caciquismo na política

A consolidación no poder dos xerifaltes locais e localistas basease no tecido dunha rede de prosélitos notables satisfeita con prebendas e que asegura o respaldo popular no territorio no que gobernan. É unha fórmula enriquecida a través do legado romano e potenciada aínda mais a partir do sometemento do Reino de Galiza por parte da coroa de Castela que, para asegurar a lealdade da nobreza galega dende unha distancia física grande e un contacto esporádico, redobrou as compensacións aos seus valedores a costa de castigar ao pobo con impostos e aranceis gravosos ate a ruína.
O funcionamento nepotista ten acadado expresións excelsas no seo de Concellos e Deputacións, especialmente nas de Lugo e Ourense, onde os recursos viñeron distribuíndose desde a transición á democracia en razón á afinidade política dos alcaldes co presidente da Institución excelentísima. Ademais o uso irregular do talonario público ten gozado dunha inmunidade total. A creación de bolsas de traballo na función pública para pagar favores, colocar á familia ou acadar réditos electorais crea situacións hilarantes: na Casa da Cultura de Ourense hai contratados vinte celadores para atender tres portas.
O perfil do político nepotista galego é o de un individuo escuro no seu traballo anterior, case que sempre funcionario da Educación ou da Administración, sen experiencia ningunha como xestor e moito menos con habilidades desenvolvidas en situacións de crise pero que teñen fame de ascenso social e acumulación dunhas riquezas que a través do exercicio da súa profesión nunca poderían nin acariciar. Un apetito que vence ós escrúpulos cando se trata de favorecer a empresas nas que figuran  nomes interpostos para ocultar ao verdadeiro accionariado, se é que isto fora preciso, pois a moitos políticos galegos sóbranlle pelotas para facer compatible a súa titularidade como administradores de empresas, presidentes de fundacións, alcaldes, deputados, membros dunha Orde, amigos da Monarquía, da Festa dos Touros e de toda a simboloxía tradicionalmente empregada no clima de soberbia ostentosa do poder.
En todo este descarado despregue de medios axuda moito o nivel de permisividade dunhas masas cuxo xuízo crítico diminúe na mesma medida en que aumenta a súa sensación de que calquera esforzo pola súa parte para tratar de mudar as cousas é inútil. Os galegos viven instalados na forte convicción de que aproveitarse da posición ocupada na pirámide social é un dereito natural. Á  xente común bástalle con sacar partido, nunha proporción axeitada, ás pequenas oportunidades que a diario son susceptibles de ser aproveitadas, fora da lei, para obter algunha vantaxe competitiva e de supervivencia. Ese grado de conivencia e de asunción da corrupción como algo inevitable concede unha singularidade máis marcada ás relacións do Poder cos administrados en Galiza. O funcionamento irregular nas concesións, nas adxudicacións, no uso do diñeiro público é un mal aceptado como endémico, como tamén a concentración de cargos e de mando na persoa de prebostes que, aínda por riba, apoian a creación de Fundacións cun obxecto social mero pretexto para o verdadeiro motivo: o establecemento como elementos de apoio á súa xestión de pozos sen fondo aos que desviar recursos que son manexados por valedores dun sistema apodrecido por dentro silenciosamente[1], e con raíces ben profundas logo de tantos anos de exercicio.
O caciquismo na política ten suposto en Galiza un obstáculo fronte á modernización das estruturas sociais e do aparello produtivo: establece barreiras de entrada para a posta en marcha de novas empresas, impulsa a emigración, somerxe á sociedade no inmobilismo e frea a apertura á innovación e democratización das oportunidades de crecemento, inculca a transmisión, apoiada nos seus propios procedementos e nos da Igrexa, de valores como a resignación ou a asunción dunha sociedade de castas con nula permeabilidade, condena a expresión da liberdade fora dos preceptos relixiosos: na vida de parella, no concepto de familia, na vivencia do hedonismo, na organización social, na esfera de relacións entre iguais e de estes co Poder...
As clases dirixentes teñen mirado con receo a inmersión dos emigrantes nas culturas dos seus países de destino. Por iso os seus aparentes esforzos en apoiar a tantos traballadores lonxe da súa terra centráronse durante décadas en consolidar actividades relacionadas coa morriña respecto dos costumes, as tradicións, a gastronomía, a paisaxe ou a música, mais con motivacións restrinxentes, cun tratamento exclusivamente folclórico, para que ao retornar, aqueles que emigraran en boa parte por causa do caciquismo, non abrigaran no seu corazón actitude crítica ningunha fronte aos poderes. E foi un obxectivo acadado as máis das veces, superando a politización dos primeiros tempos nas Américas, cando os republicanos exiliados pronunciaban manifestos de denuncia dos abusos e agresións aos Dereitos Humanos na Galiza franquista. Logo desas primeiras manifestacións reivindicativas e de denuncia contra o Réxime nos Centros Galegos en América, chegou o goteo constante de embaixadores da cultura galega tradicional para ir  acadando nun clima de normalidade a completa restauración dos valores que tiveron a Galiza instalada nun status de resignación colaboradora, e xa na actualidade nunha aceptación do status de privilexios de que gozan as xerarquías e a clase política.


[1] Onde vai máis fondo o río fai menos ruído.


(Capítulo de Galegos. A Galicia do século XXI)

viernes, 4 de enero de 2013

SEYDOU


Seydou naceu en Yoff, moi preto de Dakar, en Senegal. É o segundo de seis irmáns, catro rapazas e dous rapaces. Con cinco anos, Seydou ía andando desde Yoff a Dakar acompañando a súa mamá Habibatou. Mentre ela ficaba na praia coa intención de venderlles aos turistas todas as marabillas que, de forma artesanal, preparaba na súa cachopiña construída con latas, placas metálicas e bloque, Seydou ía á escola. A escola era unha choupana un pouco máis grande cá súa cachota pero construída, exactamente, cos mesmos materiais...


Así comeza este relato que en por si abonda para considerar “Cachiños do meu cerne” unha obra universal, con valores que transcenden a un tempo e a unha sociedade. A lectura da narración de Paz Souto marcou para min un antes e un despois respecto da toma de conciencia dos puntos de unión entre unha sociedade galega referenciada a través da tradición oral e da que coñecín algún trazo na miña vida na aldea e unha cultura tamén tribal, de portas aberta, xenerosa, emigrante por supervivencia física e anímica e moitas veces enganada.
Temos unha débeda con África, ética, moral e material, non só porque levamos douscentos anos esquilmando os seus recursos. Tamén porque as súas fronteiras seguen a estar abertas para os occidentais, e tamén porque o planeta é de todos e non é de ninguén. Só os delincuentes merecen ser apartados da sociedade para, se é posible, a súa reinserción. E a pesar de tódalas dificultades que atravesan para atopar un medio de vida na España da crise, os subsaharianos dan sempre unha lección de convivencia pacífica, de adaptación ao medio e de tesón cando atopan un traballo. Como os galegos.

La sociedad ¿Tiene lo que se merece?

(© Chemtrails Galicia, 04 de Decembro de 2013)


Nos fumigan brutalmente para cambiar el pH de la tierra y favorecer los cultivos transgénicos, para intervenir sobre el clima y convertir la lluvia en un botín de guerra, para deteriorar la salud y promover el consumo de medicamentos nacidos de la mano de una morbilidadprogramada. Pero ¿quién tiene la culpa de todo esto? ¿el ejército del Imperio? ¿las grandes corporaciones biotecnológicas y farmacéuticas? ¿la clase política cómplice del genocidio? No, el mérito es de la ciudadanía, de su absoluto pasotismo, su inmovilismo frente a este tema, no ya por su desconocimiento sino por el nulo interés por saber y, sobre todo, una vez que accede a la información su capacidad para buscar excusas que la libren de actuar.
No vamos a negar que la búsqueda de alimento y de techo por parte de los excluidos es argumento troncal suficiente para volver invisibles otros móviles. Pero ¿cuál es el argumento del resto de la sociedad inoperante:
– ¿tachar de conspiranoicos a los que alertan para así evitarse trabajos.
– Argumentar que contra el poder todo es ineficaz –Esgrimir la idea de que bastante tienen con su trabajo, el cuidado de la familia etc.
      defender su derecho a descansar y desintoxicarse de tantos mensajes y ruidos sociales
      ampararse en las tranquilizadoras versiones oficiales
      dejar morir el juicio crítico por falta de su ejercicio
      entonar un Carpe diem a la vez que ningunear a los que denuncian esto o aquello como agoreros amargados
      calificar de ociosos sin problemas cotidianos mayores en los que malgastar su tiempo persiguiendo fantasmas que sólo ellos ven
      Preguntar reiteradamente ¿pero quién fumiga? ¿para qué? ¿qué ganan con ello? y una vez han obtenido respuestas coherentes inesperadas no decir nada y con una inexpresividad elocuente cambiar de tema y salir huyendo porque, queridos compañeros, esta lucha contra las fumigaciones es un marrón para cualquiera: ¡enfrentarse a la oligarquía que además controla los medios...! Pero es un marrón doblemente grande para toda esta sociedad que ha nacido después de la transición y que se ha hecho a la idea de que dedicar horas a algo por lo que no se cobre o no se recibe reconocimiento o proporciona diversión es de imbéciles. La sociedad de la plétora no mueve un dedo si no tiene reflejo directo en su cuenta corriente. Los medios de propaganda le dicen a la sociedad que tiene derecho a un ADSL más rápido, a unas vacaciones en Canarias o a un coche de siete plazas y la sociedad se lo cree y lo pelea. Pero ningún medio le dice a los ciudadanos que tienen el derecho y el deber de preservar su medioambiente, su salud. La conciencia inoculada en los individuos es la de que poco o nada pueden hacer para cambiar las cosas. Tenemos lo que como colectivo nos merecemos, no cabe duda. Y nuestra opción es dejarnos matar lentamente como si fuera parte de nuestro destino ver como cada vez más gente joven de nuestro entorno contrae enfermedades degenerativas y autoinmunes.

Los que nos fumigan, los meteorólogos y los políticos que obedecen a la voz de su amo responden al estúpido patrón de matar a costa de morir propios de la estúpida raza humana. Aquí, si no le ponemos remedio, no se van a salvar ni Gates, ni Rumsfeld ni los Rockefeller por muy profundo y  dotado que este su búnker de Noruega, una vergüenza viva para una Humanidad que dice estar instalada en el culmen de su proceso de civilización y sin embargo ha retrocedido a etapas anteriores a la aparición del hombre de Neanderthal en lo que atañe organización social.


miércoles, 2 de enero de 2013

A CONDICIÓN HUMANA DOS GALEGOS


(Prólogo de Galegos. A Galicia do século)

 Breve definición de trazos diferenciais

Moito se ten argumentado sobre o carácter insular do pobo galego. Ao longo da historia diversos factores viñeron a dotar de trazos ben diferenciados aos que viven no finis terrae europeo: o illamento xeográfico por terra, as invasións por mar, a riqueza en materias primas, a climatoloxía, a paisaxe, a omnipresencia da auga, o longo reinado das tebras denantes do estoupido da luz. Por si os factores naturais non chegaran para soster a tese de que estamos diante dunha tribo peculiar, a organización social, o reparto do traballo, a xerarquización interna e o sometemento a poderes que fixeron un uso abusivo duns privilexios máis ca discutibles teñen contribuído a forxar o carácter dos galegos e mesmo o perfil dos seus valores máis interiorizados, aínda que con matices acerca da profundidade e arraigo dos mesmos tendo en conta a idade, o lugar de residencia, a ocupación laboral e a exposición a outras culturas.
O galego é un ser ben precavido. Sempre ten a impresión de que pode ser enganado. Por esa razón, cando fala non mira de primeiras á cara do interlocutor, para non aportarlle datos que teñan que ver coa súa propia natureza. Só cando non se sente observado aproveita para furtar imaxes do outro. Veciños do mesmo lugar, logo de trinta anos coincidindo na igrexa, na taberna ou na labranza, acumulan tan só unhas horas de intercambio de miradas. Sen embargo, a memoria é un aliado importante para fixar a personalidade dos outros. Así, os galegos, proverbialmente, son que de lembrar os actos máis aparentemente insignificantes xurdidos da convivencia ao longo do seu periplo vital.
A mirada dos galegos sorprende ao viaxeiro doutras latitudes polo seu carácter críptico. Pero, a pouco que se poña a proba a súa hospitalidade, o prexuízo da súa incapacidade para a entrega perde forza ata acabar caendo. Detrás desa primeira actitude de defensa, atopamos a seres xenerosos co que teñen e poden ofrecer. Nada ten que ver a extraversión coa capacidade para compartir o material. Teño mellor impresión sobre o desprendemento destas xentes ariscas en aparencia que da  suposta hospitalidade doutras comunidades que reciben ao viaxeiro con castañolas pero logo son máis cutres ca un crego chuquilateiro.
Claro que sería de agradecer tamén un pouco de xenerosidade na apertura e entrega dos espíritos. Pero iso xa é moito pedir. Para iso cumpre darlle tempo aos galegos. Este carácter reservado reafirma a teoría darwiniana de que a necesidade fai medrar o órgano. Para un galego, a reserva nace da necesidade de pasar o máis desapercibido posible aos ollos dos poderes de feito, prestos a esquilmar a aquel que se movía un pouco, ao que denotaba algunha prosperidade. A herdanza psicolóxica ten sido formidable. Ata ben entrado o século XX todos, exceptuando á nobreza, disimulaban ás súas posesións e riquezas. Mesmo a Xerarquía Eclesiástica pretendeu que a súa institución pasara por pobre para poder seguir a cobrarlle media galiña ás viúvas. Moitos galegos aínda deixan as casas novas sen recebar e sen pintar para dar a entender que viven ao día, por moito que logo, por dentro, incorporen os mellores materiais e os electrodomésticos máis sofisticados.
Non só os recadadores perseguían aos galegos. Tamén eran un xénero apreciado para os señores da guerra. Durante séculos, estes habitantes desde a protohistoria, contaminados logo por celtas, romanos, suevos e tamén algúns xudeus e mouros, foron considerados magníficos guerreiros, extraordinariamente dotados para o combate. Eran alistados á forza en guerras que nada lles importaban. Algúns, para evitar o enrolamento, chegaron a facerse pasar por parvos. Outros aproveitaban a normal tendencia a construíren as súas casas lonxe das do resto para tentar escapar ao control do censo. Porque o galego precisa como ninguén da soidade elixida, sequera na meirande parte do día. Logo, xa pola noitiña, deixase caer na taberna para tomar unhas enormes cuncas de viño tinto espeso e xogar ao tute, ao dominó ou a calquera outra cousa máis ben mecánica que impida o progreso dos intentos de algún diverxente por sondar nos recónditos recunchos das súas almas.
As mulleres galegas, en troques, son máis dadas á conversa, sobre todo gracias aos lavadoiros. Arredor da labor de lavar a roupa, as donas da casa construíron as súas relacións sociais tradicionalmente, en momentos logo substituídos por outros, de encontro, igualmente en sintonía cunha maior tendencia das femias a compartir anacos da súa intimidade.
Nada máis entrar na casa dun galego, o visitante é convidado a beber viño e picar algo de chourizo e queixo con pan de bola. Non se concibe recibir a ninguén de boas maneiras se non é abrindo as portas da despensa e a artesa. Ademais o medo ao colesterol non arreda aos galegos. En Lugo comese carne un día si e o outro tamén. Mesmo na costa cómese menos peixe ca en Madrid. Só os enfermos ou os de carácter feble toman hortalizas e beben auga. Polo efecto do inxente consumo de alcohol os galegos teñen a pel máis roxa co paso dos anos. Algúns etnógrafos viñan dicindo que era todo por  unha cuestión de raza, pero o certo é que compiten con irlandeses, galeses, escoceses e rusos na afección polos fermentados.
O galego, cando non pode beber por prescrición do médico, cae na depresión. Se ten a sorte de atopar unha alma xemelga e practicar con ela unha inquietude absorbente, poderá vivir uns anos case con normalidade. Se non, morrerá en menos de seis meses. O viño, a augardente e máis modernamente a cervexa son as motivacións vitais máis presentes nas horas en que os galegos se manteñen despertos.
Pero ao galego non lle gusta estar borracho. Iso impediríalle poder seguir gozando do viño. E por iso que conforme bebe tamén come. E canto máis bebe, máis come. Así pode manterse sempre sobrio e raramente aceptará que ten un problema co alcohol.
Esa afección polo viño e un elemento imprescindible para entender o coidado da horta. Aínda que os galegos traballen na industria o nunha oficina, precisan de ter unha pequena horta na que consumir parte das calorías que consumen en exceso para acompañar o viño. Ademais, as mulleres amósanse comprensivas con certo consumo dos homes se eles traballan a terra. Algúns listos mercan un tractor que lles serve para pasar o arado, mallar e apañar un ferrado de patacas. Ese minifundismo mecanizado fai de Galiza a primeira potencia mundial en número de tractores por habitante.

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...