© blog: Son de Oleiros

jueves, 28 de noviembre de 2013

"A homosexualidade é unha malformación conxénita ou vicio"

 
Profesor Neira dixit.

Imos ver que di o diccionario da RAE sobre a definición de “vicio”:

vicio.
(Del lat. vitĭum).
1. m. Mala calidad, defecto o daño físico en las cosas.
2. m. Falta de rectitud o defecto moral en las acciones.
3. m. Falsedad, yerro o engaño en lo que se escribe o se propone. Vicios de obrepción y subrepción.
4. m. Hábito de obrar mal.
5. m. Defecto o exceso que como propiedad o costumbre tienen algunas personas, o que es común a una colectividad.
6. m. Gusto especial o demasiado apetito de algo, que incita a usarlo frecuentemente y con exceso.
7. m. Desviación, pandeo, alabeo que presenta una superficie apartándose de la forma que debe tener.
8. m. Lozanía y frondosidad excesivas, perjudiciales para el rendimiento de la planta. Los sembrados llevan mucho vicio.
9. m. Licencia o libertad excesiva en la crianza.
10. m. Mala costumbre que adquiere a veces un animal.
11. m. Cariño, condescendencia excesiva, mimo.
  1. m. Sal. Estiércol, abono.






É obvio que o profesor Neira, da Universidade de Santiago, si e homófobo, ademais de corrupto, pois para aprobar a súa materia hai que demostrar ter asimilado os seus dogmas en “Didáctica para el crecimiento sociopersonal”, un xeito de facer negocio desde o abuso de posición dominante.
Entre outras expresións que denotan a visión deformada e insultante da homosexualidade di que non lle molestan os gays mentres non lle anden co cú. A verdade é que o fulano este non merecería un segundo de atención por parte de ninguén se non fose porque exerce a responsabilidade de formar a futuros mestres. As súas manifestacións son a expresión dun fracaso na súa formación, na súa educación e no proxecto de crecemento persoal que anima a construción dun ensinante. E todo ilo pola preponderancia dos prexuízos que levan a Neira como a unha parte da sociedade a considerar o amor e o sexo só desde unha óptica que ten que ver cos presupostos morais e os intereses sectarios da Igrexa. Pero por riba dos considerandos xenéticos, cromosomáticos e relixiosos está a liberdade de homes e mulleres para desenvolver a súa sexualidade como lles pete. De feito a moralidade ou inmoralidade dos comportamentos sexuais está vencellada ao que a sociedade no seu conxunto considera axustado aos costumes: é unha construción colectiva. O interesante do progreso intelectual e que a liberdade individual non estea cercenada pola colectiva, sobre todo cando os froitos da súa expresión lonxe da facer dano están relacionados cunha visión máis ampla de conceptos como o amor e o sexo.
Pero que escuras razóns levan ao profesor Neria e tamén a moitos clérigos a relacionar homosexualidade e pederastia? De seguro que en moitos casos existe unha colisión de sentimentos que merecería unha análise freudiana. Nas miñas conversas con algunha chusma clerical dogmática e inquisitoria, practicante do odio como o “doutor” Neria, teño comprobado que latexa neles o medo e o odio por saberse tentados polo pecado da atracción homosexual, e atrapados por unha educación inflexible e intransixente desde o berce, foxen cara adiante e tentan silenciar a sincera voz interior do desexo incorporando, forzadamente, ingredientes de maldade e perversión no que en esencia non ten mais que ingredientes de goce consentido entre persoas con uso de razón. A frase: “non teño nada contra os homosexuais mentres non me anden co cu” merece unha visita ao psiquiatra ademais de un cese fulminante como educador de educadores.


http://www.elplural.com/2013/11/27/un-profesor-de-la-universidad-de-santiago-ve-la-homosexualidad-contagiosa-y-la-relaciona-con-la-peder




jueves, 21 de noviembre de 2013

Instrumentos para la mansedumbre: un nuevo orden mundial


El Plan de fumigaciones tóxicas masivas, además de beneficiar el monopolio de una patente y de servir de apoyo a estrategias de modificación del clima y producción de temblores de tierra a voluntad cumple con otro objetivo no menos importante para las elites oligárquicas de Occidente: “Asiatizar” a la Europa de la segunda y tercera velocidades (los pigs y las economías emergentes del Este) sin encontrar oposiciones serias ni movimientos revolucionarios consistentes en la población.
El problema de una clase media que rueda hacia empobrecimiento radical sin remisión en estos países, con Grecia como paradigma y España siguiendo el mismo patrón, no está ya siquiera en la pérdida de poder adquisitivo de las pensiones sino en que de ellas dependen dos y hasta tres generaciones en muchos casos y porque, si se tiene la fortuna de conservar el trabajo, la deriva es la de cobrar sueldos muy inferiores a las mismas pensiones. Seiscientos cuarenta euros al mes por jornadas leoninas son la cantidad adecuada para alcanzar el nivel de pobreza sin llegar a morir de hambre, cautivos del trabajo y demasiado ocupados de la supervivencia como para que queden fuerzas para rebelarse. Pero por si ello no fuera suficiente, las rociadas de elementos químicos deprimen hasta tal punto el sistema inmunológico que esa misma población, que en modo alguno accede a arsenales terapéuticos adecuados por los recortes pero también por una praxis indolente de la atención primaria, rebota continuamente de síndrome alérgico en síndrome alérgico, de viriasis en viriasis –siempre “indefinida”- con cuadros de diarreas propias de países tercermundistas que arrasan la flora intestinal y privan al organismo de minerales esenciales para mantener el tono de vitalidad preciso para abordar algo más que el trabajo diario. Pululan así masas ingentes de deprimidos, de individuos informes con las pilas descargadas y predispuestos a asimilar que nada está en su mano para intentar cambiar este estado de cosas.
La mayor parte de los médicos saben que esto está ocurriendo, que la morbilidad aumenta hasta el punto de que la esperanza media de vida ha empezado a reducirse. Pero el miedo a las represalias les hace cómplices silenciosos. La era de la colonización salvaje de las mentes, de la estratificación en una gran capa social empobrecida y otra privilegiada cada día más selectiva empezó hace dos décadas y está hoy alcanzando su máxima expresión. Los mensajes de la CEOE y de los responsables de las carteras de EMPLEO, HACIENDA y ECONOMÍA, además de la presidencia del Gobierno y la Corona abundan en la idea de que es de patriotas aceptar grados de sacrificio bestial para hacer que su juguete macroeconómico satisfaga a los que manejan los hilos de este teatro del mundo en el que se acotan, definitivamente, los derechos a alcanzar una vida digna y se vuelve a condiciones de esclavitud para asegurar que los ricos sean cada día más ricos.



jueves, 14 de noviembre de 2013

CASO PRESTIGE: UNHA ALDRAXE AO POBO GALEGO

UNHA XUSTIZA VERGOÑENTA

Unha sentencia que non atopa culpables nin responsables na “catástrofe” do Prestige abonda na idea do rendible que resulta aforrar en seguridade marítima e do barato que sae corromper o medio mariño da costa galega para toda a trama empresarial detrás do negocio, con multiplicadores e comisións obscenas, do petróleo.
O xuízo era unha oportunidade para forzar á Comunidade Internacional a revisar unha lexislación caduca, laxa na aplicación de medidas non só preventivas senón tamén disuasorias.
Ao cúmulo de procedementos que, como elementos dunha cadea, permitiron a navegación dun buque monocasco nun estado de deterioro lamentable polo corredor fronte ao cabo Fisterra, no que cada quince anos ven sucedendo unha catástrofe disque non agardada, sumouse unha actitude e unha toma de decisións por parte do Goberno e, desde a posición dos máximos dirixentes políticos, contraria aos intereses da cidadanía do seu país, de costas ao sufrimento dos damnificados.
As indemnizacións polos verquidos do Erika en Francia, do Exxon Valdez en Alaska ou no pozo do Golfo de México explotado por BP si se produciron, no contexto das poboacións e Estados que se viron afectados, de xeito suficientemente pedagóxico en razón ao dano producido, se ben nunca poderán reparar os efectos medio e longo prazo sobre a riqueza e o equilibrio do litoral e do medio mariño afectados.
Pero é que no maldito caso do Prestige, a pesar de que xa chovía sobre mollado, Fraga, Rajoy, Fernández de Mesa, Jaume Matas, Cascos, Veiga e Arias Cañete negaron que se estivera a producir unha marea negra. E mentiron non só na casa senón tamén diante dos observadores internacionais e da Comunidade Económica Europea. Fixérono pola razón doméstica de ocultar a verdade para que non lles afectara ás súas expectativas electorais, e con ilo conseguiron que a adxudicación de fondos por parte da CEE e as indemnizacións da Consignataria foran ridículos. Mentiu o pai da patria, Fraga, que non interrompeu a cacería, como tampouco Alvárez Cascos. O tempo e o respaldo popular premiaron con postos de responsabilidade a esa jarca: a Cascos, daquela ministro de transportes, coa presidencia en Asturias; a Jaume Matas, ministro de Medio Ambiente, coa presidencia de Baleares; a Arias Cañete confirmándoo como ministro de Agricultura; a Veiga, situándoo nun escano da Eurocámara; a Fernández de Mesa, colocándoo á cabeza da Garda Civil; a Fraga rendéndolle honras ao seu pasamento e a Rajoy poñéndoo a dirixir a Política do Estado. Todos eles foron responsables da orde, de carácter estritamente político e, sen consultar aos técnicos, de alonxar o barco da costa. Unha orde dada tan só unha hora despois de que o buque escorara por unha vía de auga e da que, covardes, fixeron único responsable a López Sors. Unha orde sostida no tempo polos manda mais, a pesares da opinión contraria dos técnicos, e que supuxo que durante cinco días o Prestige sufrira os embates do mar ate provocar a súa rotura en dous cachos. Os gobernantes responsables desa orde en primeira instancia mesmo quixeron pasarlle o problema aos portugueses, que con máis collóns aínda que os amosados por Aznar no caso “Pirixel”, plantaron unha fragata diante do barco xa ferido de morte ate que deu a volta. Aínda no intre de afundirse o delegado do Goberno Central en Galicia, De Mesa, aseguraba que o fuel non chegaría a tocar terra. Unha mostra mais da terquedade con que quixeron presentar como un accidente máis o que era unha catástrofe ecolóxica ao resto do Estado e á CEE. Aqueles fíos de plastilina aínda traballan hoxe desde a profundidade dos areais e están detrás dun empobrecemento do plancton que ten feito retroceder a poboación dalgunhas especies, moi importantes na cadea trófica, ate límites alarmantes.
Aqueles responsables máximos que mandaron a López Sors ordenar o afastamento do Prestixe baseándose en informe ningún, e que non concederon a declaración de marea negra para un pobo galego que recollía o chapapote coas mans queimando os motores dos seus barcos e os peitos dos seus corazóns cansos de padecer o abuso de posición dominante durante séculos, aqueles cobardes que se agocharon detrás do director xeral da Mariña Mercante non teñen sido obxecto de imputación por parte duns xuíces tan corruptos como as oligarquías ás que representan. Os voceiros deses intereses, o sindicato do odio detrás dos medios da conferencia Episcopal e do gran capital, celebran o fallo e sacan peito ao afirmaren que detrás do movemento Nunca Mais están os fíos da violencia de ETA. O certo e que na manifestación de Decembro de 2002 en Compostela duascentas mil persoas estabamos movidas pola carraxe que sentíamos logo da terceira gran traxedia ecolóxica en dez anos. Os únicos fíos que nos movían e nos seguen a mover son a necesidade de esixir ao Goberno que aplique o paquete de medidas que prometera para impedir que outro siniestro dun petroleiro traia ás nosas costas tanta destrución, tanta morte, tanto futuro destruído. E o certo e que, ate o presente, só se deu algún paso na boa dirección en materia de lexislación internacional sobre esixencias en materia de seguridade marítima, pero a respecto dos medios de vixilancia, protección, e protocolos de actuación en caso de accidente grave dun petroleiro, as cousas están como hai once anos.
Conclusión: este país non ten remedio namentres sigan a merecer o triunfo nas urnas toda esta camarilla que segue a pensar e actuar en clave umbilical, partidista mesmo nos asuntos que de tan obxectivos quedan fora do debate, fratricida en lugar de poñer o acento en conseguir na medida do posible a reparación do dano e a posta en práctica de medidas que impidan que Galicia e os galegos sigan a ser aldraxados no ámbito internacional.




martes, 12 de noviembre de 2013

OUTRA VOLTA DE TORCA

O Executivo ven dando pasos de xigante no acoso á liberdade de expresión. Asistimos ao proceso crecente na afección de boa parte dos mass media privada ao servizo da propaganda que subvirten os valores que inspiran aos movementos de indignación fronte ao abuso de posición dominante e os continuos aldraxes anticonstitucionais que co fin de facer cadrar as variables macroeconómicas blindan ás grandes corporacións fronte á crise que elas propiciaron.
Hai un sindicato do odio formado polos instrumentos da Conferencia Episcopal e das elites financeiras que presentan como delincuentes, a diario, e como traidores para coa patria a cantos non comungan coas súas ideas, e que, sen embargo, exoneran aos ladróns de luva branca, e miran cara outro lado cando a merda emporca ao seu Partido, aos directivos de empresas doadoras e á Monarquía.
Da última volta de torca o protagonista e Fabra, loado como un heroe, ao decidir o peche de Canal Nou. Unha circunstancia que o sindicato do odio aproveita para pedir o peche de tódalas cadeas autonómicas para gañar dese xeito unha cota de pantalla importante e eliminar competidores incómodos.
O feito de que unha comunidade con lingua propia diferenciada perda un vehículo de expresión e de servizo público é unha circunstancia dunha gravidade formidable da que so o paso do tempo pode dar unha medida aproximada. O servizo que a radio e a televisión de Galicia teñen prestado en favor da normalización cultural e do proceso de dignificación e posta en valor do noso país no imaxinario colectivo é un dos fitos máis importantes do postfranquismo.
En Valencia a cousa era sentar no banco dos acusados a Zaplana e Camps por ter velado á ruína ao ente autonómico. Pero unha xestión nefasta non anula a necesidade primordial de contar cunha plataforma pública coa xenética do país ao que serve. Altas comisións de inter mediación están detrás do pago de fortunas por exclusivas sobre a viaxe do Papa ou a respecto da cobertura do Gran Premio de Fórmula 1. A rendibilidade política e o pago de favores motivaron unha sobre contratación de recursos humanos e materiais, nun exercicio de nepotismo que poñía, con cada nova incorporación, máis en perigo a viabilidade do Recurso.
As implicacións terían de ser de índole penal para os antecesores de Fabra, e un motivo non de loa da valentía senón de contrición no nome do Partido que gobernaba e goberna e un paso adiante na reparación e verdadeira solución fronte a tanto despropósito: auditoría externa, xuízo aos responsables, saneamento e consolidación do Canal Nou como o que non lle teñen deixado ser: un medio ao servizo do interese público, non para competir co sector privado senón para facer país día a día, sen censuras, sen imposicións para facer propaganda e dar cobertura á axenda dos endeusados que manexan os fíos desde os despachos do poder político, sen servir a outro amo que non sexa a Comunidade Valenciana no seu conxunto.


ENLACE

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...