Ahora, como una burla del destino, el Ayuntamiento pretendía
comerciar con la penuria de sus habitantes más humildes y penaliza con 24.000
euros los derechos que, durante décadas, le fueron sustraídos. Pero hay mucha
rabia contenida esperando pendiente de una fina mecha para explotar en las
gentes del común, ninguneadas, engañadas, ignoradas y víctimas de una “Justicia”
politizada dispuesta a encausarlas por radicalismo mientras el Juez Horrach
defiende la honorabilidad de una Infanta que vivió estas Navidades el lujo
parisino sintiéndose inmune desde el amor que la ciega y le sigue, al parecer,
concediendo autoridad moral y tranquilidad de conciencia para despilfarrar un dinero
que fue usurpado a todos sus súbditos con la mediación de inocentes: Barberá,
Camps... Menos mal que nuestra gente ha evolucionado en la forma de encarar la resolución de problemas, porque por menos se han producido grandes magnicidios. Y nuestro mayor problema, en la percepción del pueblo, es la corrupción de sus dirigentes.
miércoles, 15 de enero de 2014
Guardaos de los idus de Marzo
A falsa percepción de Democracia
[... O substrato que sobrevive
transmitido de pais e avós a fillos e netos e máis resistente aos
cambios. O apego á propiedade privada, o peso da estrutura familiar,
o valor da lealdade ou mesmo esa necesidade aludida de ser gregario
para sentirse vivo son principios máis indelebles. Sen embargo o
Poder precisa controlar ás masas e para ilo actúa con un sentido de
anticipación moi traballado. Hai persoas na sombra e nos medios,
delegadas por un poder económico supra-institucional, centradas en
orientar, de antemán, o continente e o contido das mensaxes que debe
recibir o iluso cidadán de a pé. Tome vostede como exemplo o
concepto de democracia. Os cidadáns, logo de un bombardeo mediático
durante décadas, están persuadidos de viviren nun Estado
democrático, só polo feito de que exercen o seu dereito a elixir
gobernantes. Calquera análise en perspectiva e medianamente profundo
amosaría que non se dan os niveis de presencia mínima na meirande
parte dos cidadáns de parámetros que permitan afirmar que hai un
exercicio de liberdade detrás da xa en por si exigua toma de
decisións: desenvolvemento do xuízo crítico, acceso á cultura,
nivel educativo, grao de interacción no tecido social... Aínda por
riba, a tecnoloxía está a propiciar celeridade e universalidade no
intercambio de mensaxes pero en detrimento da profundidade analítica
e do exercicio da crítica. Hai millóns de persoas capaces de
deseñar formatos de blogs e de páxinas web que son, de certo, obras
de arte. Sen embargo, poucas delas son quen de enlazar máis de dúas
ideas coherentes e, sobre todo, de defendelas con argumentos sólidos.]
(Fragmento do ensaio "Teoría do XXXXX", en proceso de escrita)
©Santiago Casal
(Fragmento do ensaio "Teoría do XXXXX", en proceso de escrita)
©Santiago Casal
martes, 14 de enero de 2014
O papel do periodismo baixo o goberno dun censor de visita en Washinton
...Sen o periodismo valente, ese que
mantén a súa independencia de criterio por riba de factores de
supervivencia ou razóns egoístas, o terrorismo de Estado tería
imposto, hai xa moito tempo, unha nova orde social. Vai camiño dilo.
As reformas neoconservadoras dos últimos anos afondan na
estruturación da sociedade en castas ben diferenciadas, sen
permeabilidade. Os medios de comunicación tradicionais teñen
secuestrada a capacidade de crítica ao abuso oligárquico pola
filosofía das subvencións en mans dos dirixentes corruptos e
nepotistas. Na internet aínda sobreviven periodistas de raza,
sostidos pola súa motivación. Son unha estirpe esforzada de
entregados á causa da defensa das liberdades, da pluralidade e do
exercicio do xuízo crítico máis aló da tentación sectaria que
aleita aos cachorros do involucionismo.
Cando acudo a conferenciar nas
Facultades de Periodismo de todo o mundo adoito dar máis peso ao
coloquio que á disertación. Interésame saber da súa ética, das
súas expectativas, soños, ilusións... Con demasiada frecuencia
queren levarme pola senda do debate sobre soportes, formatos,
dixitalización e non sei cantos farrapos de gaitas mais. Pero eu
dígolles a todos que tan vangardistas son o lapis e o papel como a
tablet. O importante é transmitir cultura para discernir os focos de
interese fronte ao ruído prescindible ou baleiro de contido. Trátase
de desenvolver ferramentas que axuden a aplicar a observación e a
capacidade analítica sen ceder á tentación do prexuízo e a visión
monolítica. Algúns dos grandes exemplos de conversos á pluralidade
e a diverxencia téñense producido logo de viaxes iniciáticas, de
experiencias osmóticas dos periodistas no seo das sociedades obxecto
da súa observación. Eu son un firme defensor da tese que sostén a
necesidade absoluta da participación na política da xuventude para
frear a tendencia totalitaria e mesiánica das cepas de políticos
con unha traxectoria longa, exposta a un exercicio duradeiro de
fluxos e intercambios de intereses.
viernes, 10 de enero de 2014
O INCONMENSURABLE DANO DA CORRUPCIÓN Á DEMOCRACIA
Ate onte ao mediodía pensaba que a
aversión cara a clase política corrupta era unha consecuencia
razoable e razoada pola natureza, envergadura e gravidade de cada
caso concreto. Pensaba que só odiaba aos defraudadores, aos
mentireiros e tramposos; aos que, mesmo presumindo de socialistas e
de ter a chave do cambio, gardan silencio desde o seu cargo de
conselleiros delegados diante do amaño das poxas por parte das
grandes compañía enerxéticas.
Ate onte pensaba que era lóxico
ignorar a Cospedal cando esgrime a unanimidade nas súas filas para
xustificar a castración dos dereitos das mulleres. Pensaba que a
subversión da Xustiza ate converter ao Fiscal en avogado defensor e
á Facenda nunha coadoiro cando se trata da Infanta era lóxico que
producira alarma social.
Pensaba, ao fin, que o obxecto do meu
asco era selectivo e so atinxía aos casos probados de delincuencia
de luva branca, nos ámbitos onde as decisións teñen consecuencias
importantes sobre os cidadáns.
Pero, de súpeto e como por efecto
dalgún encantamento, á miña fille e a min inundounos un asco
profundo nada máis sintonizar coas novas das dúas e media. Foi algo
visceral, un ataque ao máis profundo das entrañas, e sucedeu antes
xa de que os deputados abriran a boca nos corredores do Congreso
para expresar desde o sectarismo monolítico a súa posición
respecto de temas capitais que eles manexan como elementos para o
xogo e tamén como pretextos para a perpetuación dos seus
privilexios.
Sucedeu que a nosa capacidade para
soportar o insoportable mediante técnicas de reestruturación
cognitiva a xeito de boias que nos manteñen a flote nun clima
nauseabundo, involutivo, foi superada con creces. Mirámonos,
apagamos o televisor, e, por primeira vez, fomos conscientes de que a
nosa mente interiorizara que a política de Estado é unha merda
porque os seus autores son unha merda. Foi algo imparable, froito da
capacidade da corrupción para colarse en tódolos currunchos do
Sistema.
É unha mala noticia, porque a nosa
experiencia é un lugar común xa instalado no subconsciente
colectivo. E o peor é que reparar ese dano, o maior, ao Estado de
dereito, como é a perda total de confianza na clase política, é
unha labor titánica, de décadas e que require de dimisións, ceses,
castigos penais, equiparación de dereitos, establecemento de
mecanismos de control e auditorías externas, confiscación do
roubado, imposición de traballos para a comunidade, reforma do
sistema electoral, igualdade de trato por parte da Xustiza,
independencia de poderes, transparencia efectiva, asunción de
responsabilidades... Han pasar moitos anos para que venzamos o asco
que nos da a mera visión dos políticos: como pouco ate que
desterremos aos que utilizan a Política no seu propio beneficio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?
¿Vivimos nun Estado democrático? Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...
-
(Ou de como a Política pare monstros) “Asumo esta gran responsabilidade, inviable sen o apoio impagable e sacrificado da miña fam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
Non só na esfera novelesca é pertinente a ficción. Se ben é certo que, se cadra por unha crise imaxinativa, a liña cultivada polos auto...