© blog: Son de Oleiros

jueves, 29 de diciembre de 2016

Estrés navideño

Frío irremediable, duradeiro, frío sempre. A fame roendo nas entrañas, a fame dos fillos, chorando sen chorar, devorados polo dispracer, cos ollos abarcados pola gran pregunta. A ruina económica, a perda da dignidade, pola forza. Unha enfermidade terminal, a desaparición de seres queridos, a linguaxe cruel das bombas e dos fusiles automáticos. Sufrir, a diario, a violencia do macho, unha violación, persecución polas ideas; petar en vano en tódalas portas suplicando por un traballo; padecer o acoso, o abuso de poder dominante e, ao cabo, sair a flote, se cadra, algún día. A capacidade de ser humano é asombrosa.
Ao outro lado da barreira, os consultorios psiquiátricos énchense nestas datas de persoas que din estar depremididas por mor do estrés das compras navideñas neses macrocentros que dan abrigo á entrega á plétora e á compulsión decadente. Ademáis refiren unha ansiedade insoportable alimentada pola secuencia de comidas e ceas copiosas de mais. A receita: deporte, repouso laboral, e balneario.

                                                               © Letra.org

viernes, 9 de diciembre de 2016

RAJOY NO WALL STREET JOURNAL

Ou sobre o uso perverso da linguaxe política.
Rajoy só concede entrevistas a medios estranxeiros. A primeira entrevista concedida polo que fora fillo predilecto de Pontevedra, o presidente Rajoy, é concedida ao Wall Street Journal. É un exemplo que fala da consideración que lle merece a sociedade española e, sobre todo, unha manifestación máis da súa “habilidade” para protexerse dos focos de tensión. O seu instinto de protección levouno a poñerlle un despacho a Soraya en Barcelona namentres el segue a trotar ceibe pola Moncloa.
Nese medio compórtase cunha deslealdade cara os novos partidos que representan a pluralidade que conmove o presunto prestixio da democracia española. O PP ten experiencia nisto: Aznar tildara de pedigüeño a González cando fora a negociar os fondos estructuráis nun cumio europeo. Na entrevista alerta contra o perigo que entraña o populismo e as forzas anti-sistema, equiparando a Podemos coas formacións políticas nacidas na crise dos anos trinta do século pasado.
É o discurso trampulleiro da dereita neoliberal, que si está máis preto de aqueles presupostos ideolóxicos do nacionalsocialismo, entre outros: peche de fronteiras aos que buscan asilo político -ou escapan da fame e da guerra, sen máis- e falla de diálogo coa diversidade e coa expresión plurinacional. Un filólogo diría que Populismo e dicirlle á xente o que quere ouvir para recibir o seu apoio, sabendo que non se vai a levar a cabo o prometido no discurso, que é mentira. Desde este punto de vista, o Partido Popular fixo un exercicio de populismo modélico nestas dúas lexislaturas.
Pero é que, por riba, Podemos non está en contra das regras democráticas do Estado, senón e “só” das violacións desas regras por parte de quen ostenta o poder, dinamitando dereitos fundamentais dos cidadáns e protexendo con aforamentos a representantes do pobo collidos coas mans na masa. Ten collóns que o Presidente do Partido encausado por una batería interminable de actuacións fora da lei non só non teña dimitido senón que ademais sinale internacionalmente a Podemos como o xerme de tódolos males, por levar no seu programa, entre outros obxectivos:
  • acollemento de refuxiados dentro dunha política comunitaria compartida
  • políticas fiscais redistributivas da riqueza
  • cambios nos tipos impositivos aplicados ás Grandes Sociedades e aos máis ricos
  • protección fronte aos recortes en Sanidade e Educación
  • tratamento diferencial aos autónomos para que tributen só proporcionalmente aos beneficios obtidos
  • eliminación da figura do aforamento
  • supresión de Administracións duplicadas
  • equiparación salarial entre homes e mulleres nos mesmos postos de traballo
  • mellora do sistema becario e residencial para permitir o acceso a estudos superiores universal
  • impulso ás renovables, supresión das trabas e impostos “ao sol e o vento”, eliminación progresiva da dependencia do petróleo, as nucleares e a queima de carbón.
  • Conciliación traballo-familia: creación de escolas 0-6 e centros de lecer, racionalización dos horarios, potenciación da utilización de espazos deportivos-recreativos, etc, etc, etc
Pero Rajoy, ao tempo que demoniza a Podemos no extranxeiro, ou mesmo declara que o de Italia e “un gran lío increíble”, non ousa, sen embargo, cualificar de populista a Donald Trump, de quen di: “debe ser juzgado por lo que haga y no por lo que haya dicho hasta ahora”. Nise caso, semella, non importa, xa que logo, o modelo de mensaxe co que gañou as eleccións.
Dáme noxo non só o maniqueísmo, a linguaxe torticeira neste caso, senón tamén o complexo de inferioridade dos españois respecto do Tío Sam que ven do século XIX e continúa hoxe coa mesma forza mesmo en quen nos goberna, pensando sempre en que non estornuden para non arrefriármonos.

jueves, 1 de diciembre de 2016

A Coruña, área metropolitana

La necesidad y la conveniencia de articular en áreas metropolitanas la vida de los ciudadanos de grandes urbes y de sus poblaciones satélites fue reconocida con éxito por los países con mayor índice de desarrollo humano hace ya décadas. El caso de Alemania es paradigmático. No se trató, en ningún caso, de un simple juego de palabras. La génesis de esas figuras, espejadas en un modelo real y que funciona con el paso del tiempo, presentaba muchas ventajas y ningún inconveniente. A saber:
 – Vertebrar la relación entre los habitantes de la capital y los de los núcleos satélites
 –Racionalizar el uso de los recursos disponibles. Repartir los costes de servicios básicos, sacándoles el máximo partido, y potenciar la ratio entre euro invertido y repercusión obtenida
-Facilitar el transporte entre los centros de trabajo y de ocio con una concepción global, que lleve a tratar como ciudadanos en igualdad de condiciones a todos los que viven bajo el paraguas del área.
 -Afrontar solidariamente las inversiones infraestructurales que importan a todos los habitantes.
 –Concebir, desde un enfoque también de interés mancomunal, la ordenación del territorio a la hora de decidir sobre donde ubicar los polos de interés –fabril, tecnológico, comercial, de protección natural, agropecuario, residencial etc.- allí donde se conjugan la conveniencia, la tradición, la mejor capacidad y las ventajas en los aspectos de competitividad, de incremento de la calidad de vida, de disposición de infraestructuras de comunicación, de necesidad de conservación del medio, de distribución de la población y su fijación, etc.
 –Obtención de mayores y mejores recursos e inversiones por parte de Administraciones supra metropolitanas en razón a factores de mayor población pero también de mejor planificación y mayor visibilidad en los conciertos regional estatal y europeo.

 A todas estas razones intrínsecas hay que sumar siempre las que vienen dictadas por la necesidad de potenciar, desde un análisis DAFO, las oportunidades y las ventajas competitivas con relación a lo que el área metropolitana puede ofrecer fuera de sus fronteras.
Hoy no se concibe el éxito de una fórmula coexistencial si no es, al mismo tiempo, desde el desarrollo de la potencialidad de una comarca. Desde esta aceptación, el área metropolitana de A Coruña ha de contemplar a los ciudadanos no sólo desde el hecho de que sus vidas transcurren dentro de unos límites geográficos. También tiene que acoger a los municipios que, apoyados los unos en los otros, atesoran una oferta diferencial por su excelencia valorable altamente en los mercados internacionales, por los operadores turísticos, en los circuitos culturales, en el mundo de la investigación y de los Congresos, en el ámbito sanitario, en la producción acuícola, en la propia ordenación del territorio...
Respondiendo a las dos perspectivas, la relacional y la productiva, es claro que el área metropolitana de A Coruña debe incluir en su conformación a los municipios de Carballo, Malpica, Laracha, Betanzos. Su identidad no es separable del hecho de que su población y su fuerza laboral está umbilicalmente unida a la de la capital; pero, además, la reserva Betanzos-As Mariñas, tanto como Bergantiños, Malpica, Caión son granero de cercanía para toda la población, completan un mapa en el que conviven servicios, naturaleza, sector primario e industrial y poseen oportunidades suficientes en productos diferenciales que están en vías de consolidar la fijación de población en áreas rurales, verdadero pulmón para el ámbito más densamente poblado, y haciendo que tanto el grado de autosuficiencia como la importancia de la metrópoli en el exterior aumenten gradualmente, con la consiguiente mejora en las perspectivas de oportunidades de trabajo a la vez que se frena la congestión del área capitalina con todo lo que esta conllevaría de negativo.
Pero si fundamental es la visión global y de futuro a la hora de concebir los límites -siempre revisables- del área metropolitana, tan importante es superar la actuación partidista que pueda obstaculizar acuerdos y la propia génesis del área metropolitana, argumentando razones espurias y egoístas.
Lo importante, en este punto de la Historia, es llegar al pacto de impulsar el área metropolitana de A Coruña cuanto antes, dejando abierta siempre el diálogo la susceptibilidad de introducir cambios en su conformación si a todos convieniese.

                                                               © El Correo Gallego     

lunes, 28 de noviembre de 2016

A pedra no zapato


O imperio ianqui sempre ten imposto os seus intereses actuando con instrumentos de traizón, servizos de intelixencia, a través de tácticas baseadas na mentira que aseguran o espolio que segue a unha actuación abusona da forza.
A CÍA preparando a exércitos locais e somaténs, e se era preciso o U.S. Army facilitaban o camiño para que logo desembarcaran os grandes monopolios froiteiros, de bebidas, petroleiras, mineralísticas... a explotar os grandes recursos en areas xeográficas nas que era preciso exterminar á poboación indíxena mediante instrumentos locais: ditadores impostos con aporte de armas tralo derrocamento sanguinario de líderes elixidos nas urnas.
O conto ven de moi lonxe. No caso de Cuba, os EE.UU. afundiron a un dos seus buques de guerra emblemáticos para teren o pretexto para declararlle a guerra a España e apropiarse da illa, que converteron na eira onde a cara obscena dos oligopolios, as franquicias do xogo e o lenocinio facían fortuna mentres as xentes do país certificaban o seu status de ancoraxe na escravitude e na trata.
Os proxectos imperialistas progresaron en Chile, Uruguai, Paraguai, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Panamá... mesmo, con distintos mecanismos de inxerencia, en Arxentina, Venezuela e Colombia. Ás veces era dabondo alimentar ó exército golpista e outras cumpría manter a grupos paramilitares, sanguinarios na eliminación dos irmás de raza que obstaculizaban a percepción das comisións.
U.S.A., tendendo mangueiras de succión en toda América Latina, facendo da guerra o alimento da súa industria para asegurar a calidade de vida, o estado de benestar e o despilfarro enerxético da súa voraz poboación consumidora allea, intramuros, a tódalas traxedias fora das súas fronteiras.
Ninguén nega que para que triunfara a independencia de Cuba do xigante abafante foi preciso sacrificar certas cousas. Mesmo Fidel ten recoñecido que pagaron algúns homes xustos o pecado dos imperialistas. Mais era preciso para o establecemento dun modelo de país oposto frontalmente ao imperialismo escravizante, portador de explotación, incultura e morte. De feito, tamén en certas unidades de actuación urbanística hai quen perde o seu pedazo de terra para ceder diante da utilidade pública. Agora ben, namentres Rajoy esgrime os logros macroeconómicos como patente de éxito obviando a fenda entre ricos e pobres e a realidade dun crecemento sostido da poboación en estado de exclusión, Cuba pode fundamentar na defensa do acceso universal á comida, o vestido, a educación e a sanidade o sacrificio de outros parámetros tamén desexables pero inalcanzables nunha situación de bloqueo miserento.
A Historia repítese: os galegos que emigran a Suíza ou Arxentina por mor das políticas defensoras dos intereses dos ricos oligárquicos votan á dereita. Asemade, os cubanos que subiron a unha balsa escapando dun escenario que non enchía tódalas súas arelas por mor da presión imperialista e do afán revanchista dos grandes empresarios ianquis, defenden paradoxalmente en Miami ao Stablishment que non cesa no seu empeño de dobregar, unha vez máis, a un país latinoamericano.
Os doce homes de entre oitenta e oito que sobreviviron nas primeiras horas tralo desembarco do Granma en Cuba, tiñan formación vasta e, sobre todo, ousadía para iniciar un camiño no que eran imprescindibles as ansias do poboación na elección dun futuro compartido fora das garras da explotación. Sen esa determinación, non se podería comprender o triunfo pola vía rápida da Revolución. Foi logo deste, ben máis tarde, cando ao rebufo da Guerra Fría, a illa acadaría protección fronte a unha invasión dos ianquis que, doutro xeito, sería segura.
Pero co paso dos anos Cuba tería de valerse en por si, soportando o estrangulamento dos ianquis. Nese contexto tantas veces condenado na sede da ONU, mellor farían os críticos coa Revolución loitando porque os EE.UU. abandonaran ese xogo maquiavélico, ese exercicio de prepotencia que levan desenvolvendo ao longo da súa Historia, como ben veñen demostrando as sucesivas desclasificacións dos seus informes con segredos de Estado.
Mellor farían os irmáns de Miami críticos coa Revolución mandando alento e axuda material como si teñen feito tantos galegos de ben en forma de libros, xoguetes, leite, medicinas... Trátase de deixar en evidencia a linguaxe retorcida dos líderes republicanos en USA (e dos seus correlixionarios “liberais” en Europa), que falan de liberdade namentres seguen a alimentar xenocidios e manteñen en Guantánamo a cento vinte presos, torturados, sen cargos, moitos deles collidos ao azar nos mercados de Kabul como chibos expiatorios dunha desfeita que iniciara o Goberno dos EE.UU. por razóns xeoestratéxicas.

Cuba foi e é a pedra no zapato do Tío Sam. Un pulso de dignidade dun pobo heroico fronte ao xerme, fronte á expresión viva da maldade.



Afundemento do Maine. La Habana, 1898





martes, 15 de noviembre de 2016

A escalada do nacionalismo excluinte

Muchos no resistirán la tentación de meter en el mismo saco a todos los nacionalismos. Pero no tiene nada que ver la defensa de lo diverso maltratado con la expresión xenófoba que ve una amenaza en la incorporación de ciudadanos de otras culturas y latitudes. Trump ha tenido la habilidad de vehiculizar esta última disfrazado de antisistema, cuando se ha servido precisamente del Sistema para forrarse hasta las cejas. Además en el seno de los demócratas se optó por la pérdida de posiciones socialistas más definidas que hicieran llegar a grandes capas de la población la apuesta clara por la mejora y extensión universal del estado de bienestar. La elección hubiera sido Sanders, capaz de poner contra las cuerdas a Trump no en razón de su machismo o de su odio a los mejicanos pobres -no tanto así a los cubanos de Florida- sino con la puesta sobre la mesa de los programas, cuestión que ha estado ausente en toda la campaña.
Como los británicos que votaron sí al brexit, los estadounidenses no tardarán en tomar conciencia de lo que supone depositar sus esperanzas en un republicanismo que, parapetado bajo la bandera de la defensa de los viejos valores patrios, va a aplicar una política de recortes en materia de prestaciones y bienestar social draconiana mientras los lobies, también los que controlan la venta de armas y la geoingeniería,  se harán aun más dueños de la riqueza del país.

             
                                                © BBC.com

As vacas sagradas na prensa amarela

Os intelectuais con reserva de espazo nos media
Tódolos días constrúen para nós análises fondos sobre a verdade das cousas; coñecen as chaves da práctica política, distinguen aos inimigos do Estado, teñen o monopolio espiritual sobre o concepto de Democracia e, sobre todo, ven o mundo dende unha atalaia allea aos riscos e á loita que compromete o pan cando se trata de ser libres para acadar xustiza. Son os “plumillas sagrados” das páxinas de opinión, con cátedra entre documentos, entre colegas que apuntalan ainda mais o seu status, pero lonxe da vida ao pe da rúa, e sempre lonxe da primeira liña reivindicativa.
[ ...“No século pasado sobre todo, período no que a intelligentsia desenrolou-se como categoría máis ou menos identificábel das sociedades modernas, tendían a ver-se como xerentes, ou ben xerentes da industria, xerentes do estado ou xerentes ideolóxicos. Esa foi a tendencia entre a intelligentsia, ise é o interese que eles esperan satisfacer. E iso, por certo, é verdade nas sociedades capitalistas de Ocidente, nas chamadas sociedades “socialistas” (que non son socialistas, na miña opinión), e no Terceiro Mundo. Temos que perguntar que xeito de imaxe de mundo criaron estes intelectuais e por que.
Pois, teñen criado unha imaxe dunha masa estúpida a que deben guiar os intelectuais listos. Defeito, o que atopamos a miúdo e que os intelectuais, as clases formadas, son as persoas máis adoutrinadas, as máis ignorantes, a parte máis estúpida da poboación, e que hai razóns moi boas para esta situación. Básicamente hai dúas razóns. En primeiro lugar, como parte educada da poboación, sofren a embestida da propaganda. Logo hai unha segunda razón, máis sutil. A saber, que son eles os líderes ideolóxicos. Por iso, deben internalizar a propaganda e crela. E parte da propaganda que desenvolveron é que eles son os líderes naturais das masas...”
Noam Chomsky. Sobre o poder e a ideoloxía. (Traduc. de Edicións Laiovento).


Sentimento de fracaso

[... ¿qué poderosas razones, sin duda de índole económica pero también cultural, llevan a dejar fuera del sistema educativo, de los planes de estudio y de la educación en valores la prevención del alcoholismo como un objetivo troncal? Teniendo en cuenta el grado de penetración del consumo abusivo de alcohol en nuestra sociedad y sus efectos sobre la estructura del tejido familiar y, por extensión, del colectivo, parece prioritario alertar de los peligros del consumo a los más jóvenes. Chicos y chicas cada vez en estadios más precoces se inician bruscamente en el consumo compulsivo, en la borrachera del fin de semana. Para una proporción importante de ellos se trata del bautizo en una forma de concebir el ocio como algo inseparable del exceso, de la aventura de probar lo prohibido: alcohol, tabaco, marihuana, cocaína. De entre todos los que tengan la suerte de no engancharse al consumo de opiáceos y drogas sintéticas, una proporción muy importante se fidelizará ya a largo plazo al consumo de la que es vista de manera más bondadosa: el alcohol, capaz de proporcionar un viaje hacia un estado de amnesia, lejos de los problemas y los tedios de la vida cotidiana, por un precio módico aunque con un coste insuficientemente tenido en cuenta.*]
[...La sociedad no parece ser plenamente consciente de la gravedad que adquiere la dimensión del alcoholismo entre los jóvenes. Cada fin de semana treinta mil adolescentes, más de la cuarta parte todavía preadolescentes, son atendidos en los servicios de urgencias de hospitales de todo el Estado. Representan la punta del iceberg de los cientos de miles qué salen a emborracharse de modo rutinario...]
[...El metabolismo del alcohol presenta diferencias por razón de sexo. Las mujeres son más vulnerables frente al consumo abusivo; no necesitan beber tanto como los hombres para desarrollar una dependencia. Sus órganos diana también sufren antes y en mayor medida los efectos del hábito enólico. El Capital enzimático y la proporción de agua en el organismo son factores que contribuyen a un mayor riesgo de entrar en una dependencia por la vía rápida por parte de las féminas. Sin embargo, eso no significa en modo alguno que el hombre cuente con un blindaje extra frente al riesgo de alcoholismo, dado que su fidelización a un consumo que en principio no detecta como peligroso hace que su percepción del problema se produzca a menudo en fases más arraigadas de la enfermedad. No obstante, a la mayor limitación del hígado de las mujeres para metabolizar el alcohol se suman sus diferencias en masa corporal y volumen de agua para soportar el vertido de etanol intacto y acetildehído a la sangre. Y no por el hecho de que el hábito de beber haya entrenado al hígado en la producción de enzimas, las ingestas excesivas son menos dañinas. La transformación del alcohol no es gratuita; conlleva unos trastornos metabólicos que, aunque durante un tiempo silenciosos, son muy graves e incluyen: hígado graso, hipertrigliceridemia, problemas vasculares y cardiopatía como expresiones necesarias.]
En la escuela nuestros niños y nuestros jóvenes deben conocer los efectos y los peligros del consumo de alcohol y otras drogas, como un eje transversal y principal en un entorno que les incita al consumo a través de la publicidad y de la convivencia con bebedores.
En España se reconoce oficialmente la existencia de tres millones de alcohólicos, pero existen varios cientos de miles sin considerar dado que llevan su enfermedad de manera muy privada. Uno de cada tres es ya una mujer y muchos de ellos lo son en estado precoz, después de debutar con 13 años en el consumo. Sólo uno de cada diez recibe tratamiento, después de más de 10 años, en el mejor de los casos, de excesos continuados. Este déficit de tratamiento con respecto a una enfermedad que es a su vez disparadora de otras muchas dolencias, de accidentalidad y que se constituye en el cuarto factor que más muertes ocasiona en el mundo -datos de la OMS- hay que relacionarlo con diversas circunstancias: la escasa percepción del riesgo que conlleva el consumo abusivo; las trabas para el diagnóstico de la dependencia, que tienen que ver con el carácter estigmatizador de la patología; el grado de enorme aceptación social del alcohol por parte de la sociedad a lo largo de los siglos...



martes, 4 de octubre de 2016

A DEMORA NA CAIDA DA BICEFALIA


“España es un gran país poblado por muchos españoles”. Esta loubanza repetida como un mantra por Rajoy agocha o interese por adular o estado actual dun pobo que, sen embargo, da pasos de xigante cara á falla de compromiso, á incultura, a desinformación que promove a información corrupta.

O grao de democratización dun país é directamente proporcional co do seu acceso á Cultura e o seu proceso de desenvolvemento do xuízo crítico para discriminar o tipo de información que recibe. Así, podemos afirmar que once millóns de cubanos son probes pero non coñecen a miseria namentres vintecinco millóns de españois que gozan de plenitude están de feito instalados na miseria moral que conduce ao pais á involución e a parálise da democracia.

O PSOE, a pretendida reserva dos mellores valores de solidariedade e xustiza social, elexíu pactar cunha formación de dereitas, que ten como miolo troncal a demonización de todo o periférico e diverso, antes que coa esquerda xurdida do descontento e a rabia fronte ás políticas de Raxoi que perseguen o éxito macroeconómico -que non é tal- por riba do benestar dos cidadáns tomados de un en un. O PSOE non contemplou a posibilidade de negociar cos partidos nacionalistas Basco e Catalán cos que viñera chamando a dialogar para non avivar o independentismo (reproche a Rajoy). De feito, o PSOE elexiu a Podemos como diana das súas críticas para acusalo de bloqueo, sen facer autocrítica sobre o seu xiro á dereita que o ten levado a perder o espazo de centro esquerda que o tiña conducido, en distintos momentos da Historia, a posicións de Goberno.
Durante todos estes meses o Segredario xeral do PSOE ten escoitado de máis aos baróns. Os ruídos de sables en torno a Ferraz, encarnados na figura de Susana Díaz, a protexida e cabalo de Troia das vacas sagradas que permanecen no partido defendendo os mesmos presupostos ideolóxicos que abraza o PP, as tensións no seno de esas matrioskas de baronías que agochan á sultana andaluza e un líder feble e nada respectado na súa propia casa propiciaron que saíra á luz un mal que, de certo, aniña no Partido dende que, durante a segunda lexislatura de González -que acadou ao Poder porque Suárez xa non era interesante para a oligarquía- se traizoara o espírito refundacional de Suresnes, coa escisión do partido entre felipistas e guerristas, entre a tecnocracia con fame de poder acumulada nos anos de clandestinidade e o idealismo utópico que non era máis ca un disfrace para domesticar á gleba co apoio subsidiario dun sindicalismo amarelo. Porque ámbolos dous bandos atoparon puntos de encontro na corrupción agromada unha vez establecidas relacións de confianza e de acceso restrinxido coa Caixa Común.

Ao longo da Historia, pois, as grandes tensións xurdidas dentro da BICEFALIA, resoltas non poucas veces sen o respecto debido aos estatutos e á militancia -Hernández Mancha, Borrell, Sánchez– constitúen a crónica dun problema, o da corrupción institucionalizada da clase política con responsabilidades de goberno, á que os cidadáns seguen a renovar o seu apoio nas furnas mentres abominan dela nas tabernas, nas barberías, nos mercados... Mentres tanto, outras vías son rexeitadas denantes de concederlles unha oportunidade. Tal é a forza da propaganda nas mans dos medios “amigos”. Tal é a forza da infusión do medo.



©www.teinteresa.es                          Felipismo versus Guerrismo

jueves, 14 de julio de 2016

Tempus fugit

Estamos instalados na presa, no agobio, mesmo nos momentos de lecer, tamén invadidos por esa idea emerxente de que é máis proveitoso desenvolver tarefas diversas simultaneamente no canto de concentrarse plenamente nunha soa, ainda que sexa a de rascar a barriga. Así sabemos de amigos que ven a televisión, fuchican co ordenador, consultan o móbil, comen, escoitan música e chatean a un tempo. E non por abordar tantos retos amoreados o cerebro saca mellor proveito. Hai un aspecto neurolóxico que ten que ver coa intensidade con que se experimenta unha vivencia, unha interacción e que confirma que ás neuronas e aos sentimentos que se constrúen a partir das emocións identificadas como a emerxencia química que a nosa natureza nos prodiga séntalle mellor a focalización, o deleite nunha dirección, cun motivo principal, que a confusión no marasmo que xurde da pretensión de querer exprimir o tempo, o cal é o xeito máis seguro de perdelo, rebotando na inconsistencia.

Edgar William Elgar chegou á casa canso logo dunha longa xornada de traballo. Buscou a reparación tomando conciencia do moito que amaba á súa dona  para compoñer, fundido co piano, unha das máis fermosas melodías de calquera tempo: Enigma. E trece variacións máis pensando en outros tantos amigos que daban sentido á súa vida. A grandeza de dar o que un mellor ten. A excelencia das cousas do día a día. A moitos sónalle a música celestial, e perseguen na posesión de cousas a distracción existencial. O ser humano precisa cada vez máis, no ámbito da burguesía acomodada, a vivencia do contraste, se cadra por causa de algo accidental, inesperado. Visitar os pabillóns nos que as persoas, indefensas e vulnerables, agardan ansiosamente saír do túnel siquiera un chisco por ver de coller impulso para escapar da lus cegadora é unha experiencia que axuda a valorar o que a diario pasa desapercibido: a saúde, a liberdade de movemento, a distancia coa loucura e a depresión entumecedora ate a parálise. A Coruña chorrea, nalgúns ámbitos, hedonismo adictivo de macrocentro comercial e hiperprisa impostada. A sociedade precisa reconstruirse a partir da recuperación dos valores da amistade, a tertulia, a cooperación, o emprendemento dos pequenos grandes xestos solidarios... a recuperación da vocación por crear fronte á rendición no consumo pasivo.




                                          © Salvador Dalí

martes, 19 de enero de 2016

DEMASIADO RUIDO INNECESARIO

Dicen que no corren buenos tiempos para la poesía. Hay en torno a todos nosotros demasiado ruido, muchas interferencias, cruzadas, acerca de cuestiones banales y sin embargo las trascendentes, las que alcanzan las entrañas, son pasadas por alto. Predomina el rumor continuado sobre las formas, las apariencias y no se ahonda en la maduración. Se desprecia la sabiduría fruto del esfuerzo y de la experiencia y se da oportunidad a la ignorancia atrevida. Se apuesta por ser mercenario del dinero, admirador de la potencia de poseer frente a la grandeza de ser, único, irrepetible cual el que aborda el reto de crecer en valores y calidad humana. Hay una aceptación consentida detrás de la ocultación de la indigencia y de la desgracia de vivir en un lugar y en un tiempo equivocados, aun cuando sea a pocos metros de la plétora que anida en los paraísos egoístas e inaccesibles que satelizan aun las ciudades más míseras. Vendas egoístas y fáciles de aceptar con esa pretendida inocencia de los que viven un proyecto como si el Universo tuviera en ellos el principio y el final.
Sin embargo, la Historia es terca, y un día no muy lejano ya los poetas armarán sus palabras y las gentes humildes las utilizarán para saludar un nuevo mundo, donde los privilegios de sangre y las mafias serán aniquilados y será preciso enjugar las emociones en el principio del camino, allí donde se precisa firmeza en el pulso y claridad en la mente para trazar lo que conviene a todos. Sólo entonces, el mundo volverá a ser de todos y de nadie, sin las fronteras que el egoísmo ha ido levantando y sin los horrores con que el Poder ha ido roturando las almas amedrentadas de los hombres y mujeres que han perdido la poesía. ¡Qué hablen las palabras, como armas cargadas de futuro, para acallar tanta ignominia, tanta indignidad, tanta afrenta corrupta destrozando el fruto de esfuerzos generacionales!

© Santi Casal

In memoriam: Gabriel Celaya “La poesía es un arma cargada de futuro”.



A consolidación da pobreza

A VERDADEIRA LIÑA BERMELLA


Artigo 155 da Constitución, a “reforma” do Senado, trocos na Ley electoral, aforamentos... para cando entrarán tamén no debate das ideas, entre as súas señorías, os dramas diarios que viven as xentes do común?
A TVE, un medio presuntamente ao servizo do interese público, expón a través do programa de saúde matutino, que unha persoa pode comer san só por vinte euros ao día. Na súa dieta non poden faltar: zume de laranxa natural, aceite de oliva virxe, marmelada artesán, carne ou peixe na grella, hortalizas, 2 racións de ensalada e cinco pezas de froita, unha presa de verdura, cereais e pan integrais, arros ou brecol, a mais doutras cousas menores para media mañán e media tarde, como o queixo ou iogures. ¡Só con vinte euros ao día! E dicir, seiscentos ao mes. Nunha familia de catro membros, dous mil catrocentos euros. Iso por comer. Porque logo, tamén hai que calzar san, abrigarse, acender a lus, o termo, a cociña, a neveira e a ser posible a estufa. Tamén está a telefonía, a lus, auga, recollida do lixo e, probablemete, un coche, co seu seguro, itv., imposto de circulación e mantemento, sen contar que para que ande cumpre botarlle gasofa. Tamén importaría ter asegurar a vivenda, alugada ou hipotecada, alomenos a respecto do continente e da responsabilidade civil. Os fillos poida que teñan algunha necesidade acorde cos tempos e se cadra coa súa etapa na vida. Qudan fora de presuposto visitas ao bar, comidas fora, o cine, os caprichos, o suavizante, as barras de labios, o “After shave” e mesmo a escuma de before... a roupa e os zapatos teñen de durar e durar, e o xabrón da lavadora, a pasta de dentes, o desodorante, o papel hixiénico, o xel multiusos, o limpador, etc. etc. pois a ver que pasa. Iso sen contar as chantadas continuas que nos dá a Obsolescencia programada: cada mes hai que repoñer algunha lámpada, ou un manguito, ou reparar unha fuga, un electrodoméstico... ou se cadra tirar con il.
Hai centos de miles de fogares nos que non entra unha cadela; millóns cobrando 426 euros ou a Risga; outros tantos vivindo cun salario mínimo interprofesional e oito millóns de privilexiados nos que entran entre mil e mil cincocentos euros. Mesmo para estes, a cousa estaría en comer por eses vinte euros ao día todolos membros da familia, como de feito sucede no mellor dos casos, para poder pagar a vivenda e todolos demáis conceptos que nos fixeron evolucionar da vida de nómadas pernoctando en covachas a un estado de relación segura e amigable co medio, coa necesidade que temos de protección tendo en conta a nosa vulnerabilidade e tendo en conta que queremos unha vida para os nosos fillos que non sexa pior que a nosa.
Por tanto, a dieta saludable máis realista, hai que dicirllo a ese fato de pseudoperiodistas e médicos mercachifles que se poñen estupendos falando de reducir o culesterol, vai ser que se balancea sobre a existencia dos potaxes, lentellas, caldo, macarróns e máis lentellas. A obesidade aumento exponencialmente coa crise: os centolos, o xamón ibérico ou o besugo ao forno non engordan. E menos ainda se logo agarda o Spa-Ximnasio con coacher personal. O que engorda e a rabia, a ansiedade e as fariñas saturadas para saciar o corpo e enganalo por dúas cadelas.
España non é Grecia, dicía o de Pontevedra educado en el Roblecito e paseante en Sanjenjo. España non é Grecia! A desigualdade social e sete veces maior na pel de touro segundo o último estudo da OCDE. Esa é a realidade que di o galego que nunca fala galego cumpre asegurar e consolidar renovándolle o voto de confianza, para non caer en “perigosos experimentos, frivolidades e ocurrencias”.


Rajoy dando de comer aos menesterosos cando estaba na Oposición

lunes, 18 de enero de 2016

UNHA LACRA CHAMADA MONARQUIA


A nosa Monarquía é unha lacra para a democracia. Ainda cando se tratara dunha tiranía da bondade, posto que subvertiría o dereito de todos a participar nas decisións que marcan o “destino”. A Monarquía puxo os cimentos dunha estrutura xerárquica na que o pagano é o pobo, os fidalgos expremen á xente e os nobres apretan aos fidalgos para artellar un lobby arredor da reencarnación de Deus na terra. A Monarquía ten moita responsabilidade no noso descolgue do progreso, do verquido de sangue inocente en defensa de intereses alleos ao benestar das xentes, e da pervivencia dos dogmas fronte ao diálogo. Os intereses da Igrexa apostólica e da Monarquía foron e van da man. O Vaticano exhorta ao españois para que apoien ao bipartito corrupto en aras da estabilidade política. E desde a Corte, pervive a prerrogativa de que o monarca, institucionalmente, tome partido por un líder concreto e o propoña para Presidente máis aló de que o Sistema de este país facilita maiorías de consenso e de que a suma de opcións minoritarias coincidentes no sustancial teñen dereito á preponderancia sobre outra unitaria que, ainda sendo a máis votada, non suma tanto como as outras xuntas.
A Monarquía e o Vaticano teñen medo de que se lles acabe o teto do que seguir tirando do leite. Xa o di o meu compañeiro de sección: “Hai que traballar coas mans”. Cumpría poñelos unha tempada a carjar areón na carroseta, cando as luvas mesmo queiman coa escarcha a cortar a pel e o alento forma estalactitas e estalagmitas ate o fondo das entrañas.
Estabilidade, credibilidade, confianza para os inversores, para o BCE, para Bruxellas, para as SICAVS, que ampliaron o patrimonio das empresas un cincuenta por cento neste anos en que unha grande parte da clase media española cruzou a verdadeira liña bermella, a da dignidade, para vivir maniatada por unha pobreza que, en moitos casos, esa clase política que avala a MONARQUÍA, ten convertido en miseria.



miércoles, 13 de enero de 2016

NON NOS REPRESENTAN

A Cousa Pública é deturpada. A Política concibida como un debate partidista, sectario, máis aló do que convén ou non ao conxunto dos cidadáns. O énfase sitúase na defensa dos grupos de poder e os cargos electos aspiran ao seu paraugas. A lectura entre liñas de algún líder para xustificar a imposibilidade de acordos como tamén para esgrimir a xenerosidade presunta nas cesións desenmascara a persoas malas, con maldade aínda máis gravosa tendo en conta a súa posición, mentireiras, adestradas no uso perverso da linguaxe para semellar que comprometen cousas transcendentes mesmo cando están rehuíndo, a través de sofismas, a asunción de compromisos. E todo ilo como entidades neuronales nunha maraña encenagada pola inmersión durante anos na delincuencia da súa clase: apropiación indebida, malversación de caudales públicos, nepotismo, tráfico de influencias, xestión temeraria… Non é nada novo. Os discursos de Cicerón e Séneca pintaban unha clase política idéntica á que instiga polos currunchos pacegos de San Jerónimo.
Hoxe, logo da tediosa e innecesaria exhibición protocolaria con que imbúen os seus privilexios, rematarán a sesión aberta ao fío da madrugada. É o xeito de amosar á opinión pública a súa disposición a deixarse o pelexo polo ben de España. Fano despois de dous meses rascando os collóns e denantes de voltar aos seus outros negocios, seica compatibles coa función pública. As nóminas non descansan, sen embargo, nin para ese cincuenta por cento de deputados cuxa voz nunha se ten escoitado na lexislatura, nin no Parlamento, nin en outros foros onde poderían defender o dereito a non morrer de fame, vítimas dos lobbies, dos pescadores do cerco, dos gandeiros, dos que cortan chapa. Debe de ser porque non teñen nada que dicir mais ca frases grandilocuentes sobre a defensa da unidade de España.



Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...