© blog: Son de Oleiros

miércoles, 5 de enero de 2011

OS REIS MAGOS

Presente en case que tódalas crenzas relixiosas de xeito moi semellante, a chegada dos Reis Magos é un motivo de felicidade en tempos de bonanza ou en contextos sociais de igualdade. Mais na España actual, con oito millóns de persoas vivindo baixo o linde da pobreza e outros vinte con dificultades para chegar a fin de mes, a festividade é unha oportunidade tamén para furgar nas feridas. Sobre todo cando hai cativos e mozos polo medio. Porque ben sabido é que o sentimento de frustración por non acceder a bens materiais medra na mesma medida que o fai a susceptibilidade de que o contorno social satisfaga os seus desexos.
O home e un ser social organizado en castas e sofre cando cree que o seu status debería ser outro e tamén cando, aínda aceptándoo, observa diferencias dentro do mesmo banzo que non lle son favorables. O caso é que a fame anda a petar en portas onde non era agardada ate hai ben pouco. Non digamos pois os Reis Magos, que traen ilusións, coas que non se enche o bandullo. Pero sí o espírito, a imaxinación a capacidade para transportarse a outros mundos sen deixar este. E iso sábeno ben os pais cando teñen unha teima ben grande por non ter que deixarlle aos seus fillos nos zapatos.
Pertenzo a unha xeración que ten reivindicado que é o sistema solidario artellado desde a sociedade civil e representado pola acción do Goberno o que ten de garantir un xeito de vivir digno. Pero co paso do tempo e o avance do Neoliberalismo, o imperio dos mercados e dos especuladores e o ditado das razóns de rendibilidade directa, aquel recurso ideolóxico ao papel da Caixa Común e os seus administradores quedou obsoleto e insuficiente e, co actual estado de cousas, cobran cada día máis importancia as ONGs, a Cociña Económica, Cáritas... para, no curto prazo, parchear no que se poida unha situación infame e que pon en evidencia as maldades do Sistema e dos humanos, que, paradoxalmente, atopa na caridade un salvoconduto para perpetuarse no tempo sen que aquí haxa, polo momento, unha revolta.

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...