Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses.
Esta actitude enmárcase na súa interpretación da Xustiza para ser aplicada aos membros da Igrexa desde o ámbito canónico, que establece que a xerarquía non ten a obriga de denunciar públicamente os abusos se estes se producen no exercicio do oficio ministerial.
© contactos.net
Así, os curas eluden as penas, mesmo de cárcere, que establece a Xustiza ordinaria para os pederastas.
A gravidade do asunto cobra proporción dramáticas e xigantescas por canto só saltan á luz pública unha proporción ínfima dos casos. Ademais, está a dimensión persoal, a dos centos de vítimas que non atopan vehículo para tentar que unha parte do dano sexa reparado xulgando aos delincuentes; vítimas que na meirande parte non chegan a denunciar; vítimas que son ninguneadas se dan un paso adiante, cando non atacadas por boa parte da propia Comunidade Católica.
Fuente: "Público"
[...el erotismo hace difícil respetar a los niños]
A Igrexa segue funcionando a respecto da clarificación dos seus abusos como unha organización mafiosa, que ten como prioritario a protección a ultranza dos seus membros por máis que teñan delinquido contra membros da sociedade civil, mantendo no segredo ámbito intra muros a información sobre as súas actividades crimináis.
Unha sociedade que se di democrática non pode permitir a existencia de eses limbos legais no seu seo. Os curas, os prelados, son membros da sociedade con dereitos e deberes, con independencia da súa fe, do seu oficio; como tales, están obrigados a observar e cumprir a Lei civil que artella as nosas relacións de convivencia. De feito a Igrexa imparte o seu apostolado en institucións civís, coida do seu patrimonio con cargo ao erario público sostido cos impostos dos cidadáns e mesmo ten parte importante no reparto da recadación fiscal -do conxunto de tódolos ingresos obtidos de contribuíntes e fieles a Igrexa destinou o 5% a asistencia social a través de Cáritas durante os anos mais duros da crise e tamén o pasado exercicio-.
Por tanto, é hora de que os crimes cometidos por membros da Igrexa contra cidadáns sexan xulgados polos homes, desde as Institucións creadas para garantir a paz social e a defensa dos dereitos humanos. Vista a traxectoria dos curas e bispos pederastas, non semella que o cacarexado temor a Deus fora unha ferramenta suficiente para guiar as súas vidas. Pode que se deba a fisuras na súa fe. Pero para tódolos casos está o temor a acción da Xustiza Penal e ás condenas de cárcere, escarnio e reparación -sempre insuficiente- material do dano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario