© blog: Son de Oleiros

jueves, 23 de junio de 2022

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?

 

Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos Veciños) teñen a boa idea de celebrar o San Xoan xuntos: comer sardiñas, cantar, bailar, celebrar a noite máis curta do ano. O Concello négalles a posibilidade de facelo en ningún espazo público. Eles elixen entón a finca privada dun amigo, en Barrañán, e contratan o servizo da comida a unha pulpeira. Cando empeza a xuntanza presentáse a policía municipal, incluído o xefe, e comezan a pedir identificacións, tamén ao pulpeiro e din que van a impor multas por reunión non autorizada. O servizo de comida marcha por mor de evitar danos sobre a súa empresa, e a celebración queda disolta co balance dun dos festeiros nas urxencias do Chuac presuntamente polo trato recibido por un policía local. E digo eu, Que dano facían e a quen ese grupo de militantes e simpatizantes da Alternativa reunidos pola amizade e pola conexión das na súa forma de ver o mundo nun día de festa? Cal é a apoiatura xurídica da actuación da policía e a garda civil para esa actuación. A apoiatura ética e moral xa a sabemos: ningunha. Produce mesmo vergonza allea que se persega mesmo en tempo de ocio ás persoas pola súa ideoloxía. 

Alguén con responsabilidade última no Concello de Arteixo debería dar explicacións sobre este atropello ás liberdades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...