© blog: Son de Oleiros

lunes, 26 de noviembre de 2018

Violencia machista. Sobran palabras

Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tamén o é redoblar esforzos en materia educativa. Tampouco se nos escapa o feito de que moitas mulleres non denuncian por medo, por vergoña, por padecer o síndrome de Estocolmo, por pensar que non serve para nada… Pero, subxacendo a todo isto, hai ademais un factor recurrente nunha proporción ainda importante de casos que ten que ver co escenario dunha muller dependente do home no plano económico e con prole. En moitos deses casos a muller non da o paso cara a liberdade por medo a que os fillos queden sen manutención o sufran de desigualdade de oportunidade no seu acceso a estudios e formación. Nese punto ten de ser a dotación de partidas económicas que garantan manutención aos dependentes e estudos para os fillos así como oportunidades de promoción ás mulleres o factor que alente a denuncia.
O goberno do PP fixo, durante os sete anos de goberno de Rajoy, declaracións maximalistas sobre o seu esforzo redobrado en acabar con esta lacra ao tempo que reducía drásticamente as partidas destinadas a dotación de pisos de acollida e paquetes de asistencia económica, ao tempo que eliminaba a especificidade dos xuíces de violencia doméstica e mesmo suspendía o servizo en épocas estivais, como se os criminais colleran vacacións. ¿Hipocresía? Non o sei. En todo caso, complicidade coa delincuencia na omisión do deber de auxilio a mulleres maltratadas e asasinadas.
Os fillos sufren un trauma do que en contadas ocasións saen indemnes co paso dos anos. A huella que deixa a besta cobarde, en situación de abuso de posición dominante, é incalculable e os seus efectos implican a toda a sociedade. Semella que o PSOE, co empuxe de Podemos neste sentido, marca diferencias co PP. Ao fin, e o ámbito da inversión en materia social o que distingue a dúas formación polo demais cada día máis semellantes dentro do esquema neoliberal que arbitra o Sistema produtivo e as regras de xogo no ámbito financieiro. Así, empezan a aprobarse tímidas ampliacións de dotacións para acoller, asistir e axudar a saír a vítimas da violencia; anúnciase a asignación de novos xuíces que atendan especificamente os casos de violencia doméstica e prométese que os Xulgados destinados a tal fin non pecharán nunca.
Sen embargo, isto non é dabondo. Por se fora pouco problema a lentitude en reaccionar da clase política, ademais, o tratamento integral do problema ten de incluir a prevención. Non imos falar equí da necesidade de educar na igualdade e no respecto á diversidade; da necesidade de promover esa igualdade tamén no mundo do traballo, da empresa, do acceso ás oportunidades e á promoción, da necesidade de asignar igual salario para igual traballo, do castigo do abuso de posición dominante e o acoso exemplarizantes, da necesidade da formación continua dos estamentos policiais, da necesidade de separar da función a xuíces que fan unha interpretación torticeira da Lei inspirándose nos seus prexuízos, da absoluta necesidade de acabar coa incongruencia non suxeita á lei de investir diñeiro dos cidadáns dun Estado aconfesional en subvencionar a colexios que segregan por sexo o que impoñen a saia e prohiben o patalón, da necesidade de recoñecer aos rapaces e rapaces en función de como senten eles que é o seu xenero, mais aló de ter nacido con pene ou con vaxina, e recoñecer o seu dereito a vestiren con saia ou con pantalón asegún lles pete -os rapaces e rapazas non teñen ningún problema con iso; os problemas llos alimentan os adultos retrógrados-, a necesidade absoluta de levar diante do xulgado do común aos curas pederastas, que con independencia da súa fé o feito é que diante das leis que regulan a nosa convivencia son uns cidadáns mais, como outros calqueira, obrigados a respetar as normas que permiten que non nos fagamos dano impunemente, fiando a reparación ao perdón, selectivo de Deus, etc., etc. Etc.
Queda por moito por facer, a diario. E mentres haxa unha muller recibindo golpes na soidade da súa casa, un neno chorando por ver tanto dolor na súa nai e tanta maldade no seu pai, non podemos seguir a ter piedade coa expresión cotián do machismo, mesmo no noso ámbito de convivencia, con normalidade, como se a violencia contra a muller poidera ser susceptible de ser materia para a elaboración de chistes. Con este tema cero bromiñas, a poñerse as pilas e a denunciar si coñecemos algún caso no noso entorno.
Resultado de imagen de violencia machista

© Elche.es

P.D.: SEMPRE LAMENTABLE A DESUNIÓN NAS CONVOCATORIAS DE MANIFESTACIÓNS POLO AFÁN DE PROTAGONISMO E DE BUSQUEDA DE RENDIBILIDADE POLÍTICA DALGUNHAS FORMACIÓNS. MAIS LAMENTABLE SE ACASO CON ESTE TEMA, QUE É UN ASUNTO DE ESTADO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...