– En primeiro lugar, pode participar calquera veciño do concello con independencia do seu ideario político, aínda sendo consciente a formación independente do risco que conleva ese procedemento: o perigo de que elementos opossitores deturpen a selección optando por marxinar aos elementos máis valiosos -sen que ilo queira dicir que non o sexan todos–.
– En segundo lugar, e se cadra este e o factor diferencial por excelencia, o feito de que nas rondas parroquia por parroquia para a elección primeira de candidatos exista a posibilidade de que calquera poida postularse para someterse ao veredicto dos veciños sobre a súa inclusión ou non nas lista e defender os intereses colectivos. E non ten obriga de anuncialo ate o acto asembleario da selección por votación popular. ¿Pode existir unha fórmula más aberta?
Todo este mecanismo de elección de candidatos é ninguneado polos partidos tradicionais, se cadra porque no ADN de estes seguen a pesar as loitas intestinas polo poder, o tráfico de influencias e o pago de favores dentro das formacións e, sobre todo, o temor a perder o control absoluto sobre os mecanismos de dirección máis aló da vontade dos afiliados.
Porque, e neste punto cumpre recoñecelo, o sistema de elección de candidatos de Alternativa dos Veciños, que é un exemplo de democracia absoluto, non está, por iso mesmo, exento de grandes riscos, de seguro tidos en conta pola dirección da formación pero que tampouco pasan desapercibidos aos ollos de moitos observadores:
1- Se cadra a máis importante, a posibilidade de que resulten elixidas persoas destacadas ou coñecidas pola súa interacción coa veciñanza pero que non necesariamente teñan capacidade de xestión para levar o peso dunha concellería dun xeito proactivo, con ideas progresistas e con ánimo de avanzar.
2- A elección de candidatos de contrastada capacidade de xestión nas súas profesións, pero con escaso ou nulo entusiasmo ou empatía, sexa en orixe sexa co paso do tempo, con respecto ao ideario político que anima o planeamento da formación política para levar a cabo o seu proxecto de goberno.
Obviamente nunha formación que leva gobernando máis de trinta anos defendendo unhas ideas plasmadas nun modelo cuns estándares de calidade de vida extraordinarios de seguro ten pesado máis ca nada o obxectivo de conseguir, en cada lexislatura, formar un grupo de goberno o máis cohesionado posible arredor das ideas matrices. Para iso é inescusable o grao diferencial de compromiso político dos seus membros.
Sen dúbida, a cuadratura do círculo: que os membros electos de maneira tan aberta reúnan ideoloxía e capacidade. A primeira semella incondicional e vai acompañada de vocación, espírito de lealdade as ideas compartidas e entrega, unión... valores que xa teñen que estar presentes no intre de ser elixidos. A segunda, a maior ou menor capacidade de xestión, pode traballarse e mellorarse; co traballo en equipo, coa boa asistencia de técnicos... O quid está na fidelidade aos principios que teñen levado a Oleiros á situación de distintos e singulares, logo da victoria sobre os que querían facernos iguais aos modelos de desenvolvemento desordeado inspirado polos intereses dos grandes promotores.
Por tanto, sí, e desexable contar con candidatos con capacidade de xestión, pero ¡ollo! A sola capacidade de xestión cando a ideoloxía e laxa ten producido monstros: tránsfugas de ideas veletas, tecnócratas ávidos de poder escapando da memoria da fame e traizoando as ideas dos grupos aos que dicían pertencer, cuxos fundadores deron ate o seu sangue contra a bicha fascista, e que agora deshonran instalados nos sillóns con que a oligarquía premiou a súa traición: González, Guerra...
No hay comentarios:
Publicar un comentario