Atención, perigo!!! Os
nosos nenos están expostos, sen protección apenas, á oferta das
grandes comercializadoras de graxas trans e azucre industrial.
Fonte: La Vanguardia
O 40% dos cativos de 0 a
12 anos presentan xa sobrepeso, e a metade deles, obesidade. Non hai coto para as fortes campañas
de publicidade de produtos con alto contido en azucre. En internet
falta toda a regulación precisa para protexer aos rapaces.
Os refrescos con azucre e
outros edulcorantes tamén moi perniciosos son consumidos a diario
desde mecanismos potentes de adicción retro alimentados.
(Campaña en Colombia: "No comas más mentiras")
Con frecuencia, os pais buscan na oferta
de hamburguesas e colas en inxestión emocionais, “compensan” a
falta de tempo de tempo de contacto cos fillos. Ademais, os
protocolos precociñados e enlatados son de intendencia rápida e moi
doada. Todo ilo facilita o debut en síndromes metabólicos antes de
cumpriren os dez anos, o cal é un fenómeno novo que mete medo polas
súas proporcións. Os médicos están abraiados. O asunto é máis
grave por canto se incrementa o tempo dedicado aos videoxogos na
mesma proporción coa que diminúe o espazo reservado á práctica
deportiva.
![Imagen relacionada](https://www.farmaciatorrent.com/blog/wp-content/uploads/2018/06/mitos-productos-light.jpg)
Sascha fitness, texto
imagen: alimentación-sana.org
A presenza de azucre e
graxas trans na dieta é escandalosa e perversa na utilización de
disfraces formais que enmascaran a súa presenza, coa colaboura
instrumental dunha terminoloxía equívoca e torticeira.
Son presentados como
lights e baixos en calorías produtos que conteñen cantidades
abusivas de azucres de outras procedencias distintas ás da cana que
non por iso deixan de supor unha carta glucémica que sobre esixe ao
páncreas antes da súa incorporación á reserva de graxa, para
sumarse a esoutros aceites e graxas que, se ben poden non ser de
orixe animal, non deixan de ser maioritariamente saturadas, de baixa
densidade e hidroxenadas para facelas de textura comestible.
Hai que poñer freo a esta
epidemia provocada polos intereses das multinacionais fronte á
“debilidade” dos Gobernos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario