Moito se fala dos
beneficios do pádel para a saúde do corpo. Estamos a falar dun deporte que
admite un grao de dedicación aberto a unha escala infinita, a unha demanda de
recursos tan variada e axeitada como requira a condición dos practicantes. Na
escola onde eu impartín clases nun momento dado había un colega que facía as
veces de sparring cos alumnos en horas extras de aprendizaxe da competición e
desenvolvía o seu papel nun habano de dezaseis niveis de dificultade, para
implementar o máis indicado en cada situación. O sparring retroalimentábase co
rendemento dos alumnos e conseguía, segundo el, unha serie de ricas vantaxes
para o exercicio da súa laboura, entre outros:
-
Prevención/evitación
de lesións
-
Incremento
da motivación
-
Inmersión
no ludismo
-
Focalización
-
Gusto
polo “coleccionismo” das experiencias no adestramento
-
Adestramento
na visualización: dos xestos, da mecánica, do papel de gañador...
-
Incremento
da confianza nos propios recursos, e un largo etcétera de beneficios...
Pero si importantes
son as bondades para o aparato locomotor, o sistema circulatorio, o
cardiorespiratorio do pádel, tanto máis importante é o impacto benéfico na
psique dos practicantes e que, en definitiva, explica o éxito dunha práctica
que vai camiño de convertirse na segunda que máis licencias aglutina no país.
Xa falamos das virtudes da focalización na actividade como dispersadora do
ruido e dos bucles mentales que a loita diaria nunha sociedade ultracompetitiva
promove. Pero ademáis hai que sumar varios factores:
-O pracer de
contribuir co mellor desempeño no desenvolvemento dunha experiencia que fai
felices a catro persoas no mesmo lugar e á mesma hora.
-O papel da
distinticidade e da creatividade
-A linguaxe
corporal
-A socialización,
antes, durante e despóis do partido
-A mobilización
de recursos, ás veces formidable
-A capacidade
para mandar na mente, aprazar a dedicación a temas aprazables, simplificar o
complexo e darlle volumen e complexidade ao sinxelo.
-Crear,
anticiparse, innovar, experimentar, DIVERTIRSE.
Preparación para o remate. Sergio Casal
No hay comentarios:
Publicar un comentario