© blog: Son de Oleiros

miércoles, 17 de octubre de 2018

A DOR CRÓNICA


Hoxe é o día mundial da dor, un bo pretexto para reflexionar sobre a dor crónica, sobre todo tendo en conta que dez millóns de españois padecen esa cruz.
A dor crónica e a que permanece logo dun episodio de dor aguda: hai unha sensibilización no sistema nervioso que podía etiquetarse como memoria emocional. Poñendo un exemplo gráfico, e a dor que senten ao manter relacións sexuais moitas mulleres que foron violadas, sen que haxa causas aparentes para elo e carente totalmente da súa función primixenia de advertir de que algo non vai ben.
A dor crónica é difícil de tratar e moito máis aínda de curar. Para o seu enfoque terapéutico hai que ter unha visión integral do paciente, no presente e con todo o seu pasado para ter en conta. Non existen pílulas máxicas, e se ben na atención primaria os médicos dispoñen cada día de máis ferramentas terapéuticas, para unha abordaxe completa é indispensable a atención psicolóxica, polo que entran en xogo os factores emocionais.
O asunto non é sinxelo. Hai tantos tipos de dor crónica como pacientes, tendo en conta que ó xeito particular de vivir pesa tamén xunto a factores que cumpre distinguir: o lugar ou lugares onde se localiza a dor, a súa orixe, o sistema implicado, a presencia ou non de patoloxías de base, traumatismos, traumas...
Estamos diante dun problema de saúde con repercusións xigantescas no Sistema. Estímase que case un corenta por cento da poboación o padece, se ben só un quince por cento busca axuda médica. Entre os anciáns, a proporción duplícase, por ser un cadro asociado a patoloxías crónicas. Ademais, a dor crónica leva aparellada con frecuencia a depresión con tódalas repercusión sociais, familiares, laborais.
A dificultade en atopar un tratamento e espectacular en moitos casos obxectivamente menos comprometedores para a saúde, sen presencia de patoloxías severas nin polos efectos secundarios dos tratamentos que arrastran. É o caso da dor neuropática, caracterizada por unha resposta desproporcionada diante dun estímulo, doloroso ou non.
As dores que provocan máis baixas laborais son o lumbar e as cefaleas, en plural. Porque existen clasificadas máis de douscentos tipos de cefaleas atendendo á súa etioloxía. Hai avances no seu tratamento, a medida que se van desenmascarando as súas causas. É unha noticia esperanzadora para os que a padecen, a miúdo en silencio, atormentados, e con cadros de depresión non sempre abordados.
Noutra ocasión temos de falar da dor física que nace das emocións negativas, das feridas morais, da inxustiza, da marxinación, a fame, o maltrato psicolóxico, a falta de esperanza, o exercicio do odio, a dor allea...
Hoxe é o día Mundial da dor. Unha chamada para escoitar, tódolos días do ano, a cantos o padecen na nosa contorna.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...