martes, 2 de octubre de 2012
¡ESPAÑA DESFAISE, CARALLO!
... dicía así o traballador da Citröen cando viu ao Chiquilicuatre representándonos en Eurovisión. _
–¡Home, non me fodas, Milincho. Ti supón que nos ve a reina de Injlaterra!–
España desfaise. Nos foros europeos represéntannos malabaristas da burbulla, aqueles que mesmo estiveron detrás das hipotecas lixo como se o tempo poidera expandirse ate o infinito e con el a obriga de pagar unhas prendas hipervaloradas para que, ao fin, gañaran os usureiros por partida dobre.
Tódalas figuras creadas en Bruxelas teñen como premisa que os bancos sexan as únicas empresas, sumando as públicas ou privadas, blindadas fronte á quebra e capaces de sanear os balances pola vía rápida con figuras consentidas de bancos malos dignos da compaixón do Estado antes que os desahuciados. O diñeiro que se lle resta a prestacións sociais básicas, atención a dependentes, educación, becas, sanidade, parados de longa duración vai destiñado á banca a un interese inferior a o 1% para que llo preste ao mesmo Estado que é o seu valedor ao 6,20%. Dentro das entidades os traballadores teñen que queimar doce horas ao día para burlar o despido mentres os Conselleiros e accionistas maioritarios, comensais habituais nas ceas coa oligarquía, atopan refuxio en Suiza para ese volume de negocio.
Ao cabo os que hoxe queiman as naves do país en ruínas atoparan destinos dourados nas empresas en débeda moral con eles. É a teoría da porta xiratoria, que asegura o trasvase de persoal directivo entre as grandes corporacións e o Goberno -desgoberno- da nación.
O malo de todo isto é que ao fin, ao longo da Historia, o regueiro de vítimas que deixa a pegada da corrupción con maiúsculas se nutre de inocentes da clase de cidadáns de a pé. A conciencia de que desde a base da pirámide non é posible mudar o curso da Historia leva a ese tufo de derrota ao que cheiran as rúas neste rincón do milenio perdido no calendario.
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario