lunes, 17 de junio de 2013
O ANUNCIO DUN RELOXIO
"Hay
cosas que se elevan por encima de lo común y que elevan a quien las
tiene"... Mensaxe sobre un reloxo en 13 tv. Ao remate o presentador de
"el cascabel al gato" ainda compreta a frase: "es el reloj que llevan
las personas que necesitamos en estos tiempos". Non é extraño que ese
atavismo estivera detrás da clase política que necesitamos na forma de
traxes, jaguars, rotas de esquí por Alaska e Noruega
e indemnizacións en diferido. ¡Canto contraste para un medio de
comunicación católico e sacrosanto!, que en vez de facer chamadas á
eliminación do luxo fariseo encumia ao alto standing, que para lavar a
conciencia organiza despois unha cea a trescentos euros o comensal nun
hotel da Alcarria para recadar fondos de axuda á Cociña Económica co
tresultado dunha media de aportación por asistente de 18 euros. Ah,
esquecíame de dicirlles que antes da cea un broker deulles unha charla
técnica sobre como gañar diñeiro en bolsa apostando a que unha acción
entra en perdas. O dito: a brecha social acada escenarios que chaman ao
odio social.
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario