A alcaldesa de Madrid quere que a
cidade dea unha nota ben alta de cara ao turismo internacional e só
permitirá tocar na rúa como medio de recadar unhas moedas a aqueles
que amosen bo dominio musical. Semella unha burla, unha agresión
directa, e un descoñecemento total dos mecanismos que hai detrás da
filosofía de dar o mellor que un ten a cambio da vontade da xente de
ben, para poder seguir enganchado á vida. Máis aló da variedade
cualitativa dos rexistros a fórmula acada a excelencia dentro da
escala de valores humanos. Pero deste asunto sabe pouco unha
alcaldesa instalada permanentemente nunha torre de cristal que de
cando en vez trae á palestra os mandados do seu home, pouco
resignado a non estar na primeira liña de actualidade. A ela, sen
embargo non lle faltaron arrestos nin sentiu vergoña ningunha co seu
desenvolvemento moi por baixo da cualificación mínima esixible
diante do COI no proceso de selección da sede olímpica. Nin cando
suxire que hai que acotar o dereito á folga, ou despreza a
homosexualidade (“no se pueden mezclar peras con manzanas”¿!)...
Ela e a súa familia xa teñen pagado, pola presión social, os cen
mil euros en bonos para recibir clases de golf, pero aínda teñen a
ocorrencia de visitar con abrigo de visón aos limpadores dos
servizos mínimos ou de sacar peito sobre que eles, e só eles,
representan o papel protagonista na historia do progreso “da
humanidade”, cando o certo é que o seu home é culpable de crimes
de lesa humanidade. Namentres, o xefe da Reserva de valores, Rajoy,
xira aínda máis á dereita para conxurar a tentación dos
Esperanzistas e afirma que España non é Uganda. E vai ter razón,
pois aquí medrou máis que no país africano no último ano o índice
sobre a corrupción. Só Siria nos ten superado en 2013 nesa ratio,
na que España ten superado, neste solar administrado pola reserva espiritual de
Occidente, a Guinea, Gambia, Mali e Libia, os seguintes na lista.
miércoles, 11 de diciembre de 2013
Probas de selectividade para os músicos da rúa
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario