ALGO SE MOVE NO SUL DE EUROPA: O EFECTO DOMINÓ
Tsipras ten por diante a obriga programática e moral de non condenar á
miseria ámetade dos seus conciudadanos. E para ilo non abonda con
amosar forteza diante do BCE, do FMI e da Troika. Tsipras ten que
concentrar o foco en reducir a brecha entre ricos e pobres. En
coherencia co se programa, coas súas ideas, ten que eliminar os
privilexios esaxerados da oligarquía e tamén reducir os salarios e as
pensións das escalas altas do funcionariado, obscenos en comparación cos
da clase media.
Pero non abonda con forzar aos privilexiados a transitar pola vía de
compartir clima e destino co resto da colectividade. Trátase tamén de
modernizar o funcionamento administrativo, para facilitar o
emprendemento, acabando cos atrancos burocráticos propios do século XIX
que aínda perviven no país. Trátase de establecer regras iguais para
todos e de rematar coas xubilacións anticipadas quince anos precisamente
en postos de traballo da moqueta, que non conlevan o desgaste da mina, a
estiba ou a pesca intensiva.
Para todo ilo, a Tsipras de seguro non lle faltan melindres, pero
sería moi de agradecer que a Europa da plétora, de xeito solidario,
establecera regras de xogo que gravaran a deslocalización das empresas
como instrumento para a chantaxe política. Ao fin, namentres persistan o
trato de favor para a acumulación do capital sen contraprestracións
sociais e mentres pervivan os paraísos fiscais pouco poderá facer a
clase política á esquerda do bipartidismo na súa lexítima pretensión de
que a maioría da clase traballadora non derive nunha nova estrutura
conformándose xa no Sul do vello continente: a clase dos escravos.
E nise punto onde se producen resistencias que ansío saibamos
aproveitar. Os mozos e mozas europeos teñen demasiada cultura e
preparación para entregar a súa vida pol-a mera subsistencia. Os que
teñen fillos ou persoas dependentes ó seu cargo están máis atrapados,
pero en xeral podemos estar asistindo ao xérmolo dun grande movemento de
rebelión fronte ao proxecto da Oligarguía de asiatizar Europa. Os mal
chamados partidos populistas –sendo rigurosos é o PP o paradigma de
partido populista-, cuxos seguidores teñen espíritu crítico e formación
superiores ao resto dos segmentos ideolóxicos, dar oso e carne a esa
rebelión. Semella que non se trata senón dunha cuestión de tempo que o
poder financieiro tome conciencia do contaxio da idea de ver
desaprobadas as súas políticas e conductas faltas de ética. Chegado ese
momento, pode que o dique que defende a xerarquía capitalista ceda, se
resquebraxe, e non teña outra salida que aliviar a presión reducindo a
dimensión dos seus privilexios en favor da recuperación de dereitos e
prestacións sociais conquistados pola vía do traballo e a implicación
cidadán. Ou iso ou a inmersión na senda perigosa do descontento crecente
e da deprivación que anticipan cousas ben peores.
martes, 7 de julio de 2015
Tsipras: Reconquistar a democracia en Atenas e en Bruxelas
Labels:
Capitalismo salvaxe,
Desigualdade
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario