Mostrando entradas con la etiqueta Alternativa dos Veciños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alternativa dos Veciños. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de febrero de 2019

Alternativa dos Vecinos: un exemplo de democracia no Noroeste peninsular


 É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus contrarios políticos teñen que enredar na semántica para tentar atopar elementos de crítica: que si listas abertas, que si necesidade de por freo ao dirixismo e á manipulación das conciencias a través do movemento asociativo ¿? E non sei cantos outros argumentos que chocan frontalmente con feitos teimudos e contrastados: as primarias de Oleiros non son unhas eleccións ao uso. De feito é preciso viaxar a un cantón suizo e a unha comarca islandesa para atopar en todo o mundo dous únicos exemplos de procesos similares. ¿Qué o que as fai diferentes?

     En primeiro lugar,  pode participar calquera veciño do concello con independencia do seu ideario político, aínda sendo consciente a formación independente do risco que conleva ese procedemento: o perigo de que elementos opossitores deturpen a selección optando por marxinar aos elementos máis valiosos -sen que ilo queira dicir que non o sexan todos­–.
     En segundo lugar, e se cadra este e o factor diferencial por excelencia, o feito de que nas rondas parroquia por parroquia para a elección primeira de candidatos exista a posibilidade de que calquera poida postularse para someterse ao veredicto dos veciños sobre a súa inclusión ou non nas lista e defender os intereses colectivos. E non ten obriga de anuncialo ate o acto asembleario da selección por votación popular. ¿Pode existir unha fórmula más aberta?

Todo este mecanismo de elección de candidatos é ninguneado polos partidos tradicionais, se cadra porque no ADN de estes seguen a pesar as loitas intestinas polo poder, o tráfico de influencias e o pago de favores dentro das formacións e, sobre todo, o temor a perder o control absoluto sobre os mecanismos de dirección máis aló da vontade dos afiliados.
Porque, e neste punto cumpre recoñecelo, o sistema de elección de candidatos de Alternativa dos Veciños, que é un exemplo de democracia absoluto, non está, por iso mesmo, exento de grandes riscos, de seguro tidos en conta pola dirección da formación pero que tampouco pasan desapercibidos aos ollos de moitos observadores:

1-    Se cadra a máis importante, a posibilidade de que resulten elixidas persoas destacadas ou coñecidas pola súa interacción coa veciñanza pero que non necesariamente teñan capacidade de xestión para levar o peso dunha concellería dun xeito proactivo, con ideas progresistas e con ánimo de avanzar.
2-   A elección de candidatos de contrastada capacidade de xestión nas súas profesións, pero con escaso ou nulo entusiasmo ou empatía, sexa en orixe sexa co paso do tempo, con respecto ao ideario político que anima o planeamento da formación política para levar a cabo o seu proxecto de goberno. 

Obviamente nunha formación que leva gobernando máis de trinta anos defendendo unhas ideas plasmadas nun modelo cuns estándares de calidade de vida extraordinarios de seguro ten pesado máis ca nada o obxectivo de conseguir, en cada lexislatura, formar un grupo de goberno o máis cohesionado posible arredor das ideas matrices. Para iso é inescusable o grao diferencial de compromiso político dos seus membros. 
Sen dúbida, a cuadratura do círculo:  que os membros electos de maneira tan aberta reúnan ideoloxía e capacidade. A primeira semella incondicional e vai acompañada de vocación, espírito de lealdade as ideas compartidas e entrega, unión... valores que xa teñen que estar presentes no intre de ser elixidos.  A segunda, a maior ou menor capacidade de xestión, pode traballarse e mellorarse; co traballo en equipo, coa boa asistencia de técnicos... O quid está na fidelidade aos principios que teñen levado a Oleiros á situación de distintos e singulares, logo da victoria sobre os que querían facernos iguais aos modelos de desenvolvemento desordeado inspirado polos intereses dos grandes promotores.

Por tanto, sí, e desexable contar con candidatos con capacidade de xestión, pero ¡ollo! A sola capacidade de xestión cando a ideoloxía e laxa ten producido monstros: tránsfugas de ideas veletas, tecnócratas ávidos de poder escapando da memoria da fame e traizoando as ideas dos grupos aos que dicían pertencer, cuxos fundadores deron ate o seu sangue contra a bicha fascista, e que agora deshonran instalados nos sillóns con que a oligarquía premiou a súa traición: González, Guerra...


Resultado de imagen de logo alternativa dos veciños



lunes, 25 de mayo de 2015

Hoxe xa é mañá. Eloxio da tenacidade.

O outro día, repartindo programas do movemento veciñal na metrópole, algúns compañeiros visitaron a sede dun sindicato enraizado cun Partido de longa Historia. É interesante o que me contaron:
“Como a nosa Historia e máis curta, e os nosos feitos, segundo din, tampouco os coñecen vostedes, porque non teñen interese, pois vivimos ó outro lado da ría, pregúntannos pola nosa idea da Política, dado que a vostedes, ao parecer, xa os autentica o peso do paso do tempo”.
Entraron nun pequeno debate, logo de recibir a acusación de andar a dividir a esquerda. Os compañeiros do movemento veciñal escoitaban o aluvión, conscientes de que aqueles homes e mulleres (escasas), reunidos para reforzaren a súa ollada umbilical, pensaban que xa o tiñan todo feito. Escoitaban como declinaban tódolos verbos en pasado, sen percibir nin un ápice de autocrítica no seu discurso.
Pero chegoulle aos compañeiros, ao fin, esa invitación a debullar o xeito de definírense, de explicar porque se consideran distintos e singulares sen apoiarse en bagaxe ningún. Desexaban só un pronunciamento teórico. E houbo que recoller palabras do saco:

-“Somos plurais. A sabedoría pode atoparse na Universidade, na escola da vida, nos novos, nos vellos…
-Non imos agardar a que a clase política arranxe os nosos problemas. Na forza da nosa unión están as solucións.
– O benestar non é nada se non é compartido cos veciños
– Se cumpre cambiar algo para que todo funcione, fai-se
– Cando decidimos por parroquias, que é o que precisamos, aplicámo-lo sentido común. “Non queremos pontes mesmo alí onde non hai río. Non queremos obras suntuosas. As mellores inversións semellan intanxibles e teñen que ver con axudar a quen o precisa e asegurar os servizos básicos a toda a poboación.
– Non é san estar na política por vaidade ou por fame de éxito persoal. O equilibrado e estar para tomar responsabilidades, para ser donos do modelo de desenvolvemento que queremos para o noso territorio, habitable e humano.
– Somos asemblearios en verdade. Os nosos representantes saen das entrañas do pobo, do movemento veciñal.
– Sabémo-lo que queremos pero tamén o que non queremos: corrupción, tratos de favor, especulación, mala administración, maquinarias políticas custosas e opacas…
– Coidamos dos nosos maiores voten a quen voten. Eles fixeron posible o que somos hoxe. Cada un dos nosos velliños é un tesouro de recordos único e insubstituíble.
– Sentimos una atracción telúrica po-la festa, po-los contos, po-la leria. Un optimismo esencial que se reflicte na nosa paisaxe humana e na elección dos nosos símbolos.

Aquela declaración de intencións non tiña relación ningunha coa rixidez dos programas ao uso, feitos para non ser cumpridos. De feito, nin a cordialidade amosada nas despedidas puido disimular a contrariedade debuxada naqueles rostros adustos, preparados de por adiantado fronte á ameaza da derrota. I é que o camiño é longo, pero só se fai con tenacidades en límite. E nese punto onde non se pode vivir só do “onte”. Hoxe xa e mañá e hai que seguir dándolle lume.




sábado, 16 de mayo de 2015

Oleiros: promesas fronte a feitos




 O partido popular promete en Oleiros, por boca da súa candidata, talleres de memoria e un completo programa de actividades cardiosaludables para os maiores,  rotas de sendeirismo e excursións para coñecer Galiza, un observatorio da familia e outro de país de alumnos con ensinantes, impulso ás actividades artísticas e á danza, vivendas sociais, programas de inserción laboral para os xóvenes e plans que preserven a integridade medioambiental no futuro. Todo estaría de maravilla se non fora porque esas cousas xa están e marcha en Oleiros, de xeito diferencial dentro do área metropolitana, desde hai ben tempo. ¡Hilarante, se non fora polo que conleva de descoñecemento da vida dos Oleirenses por parte de alguen que aspira a representar os seus intereses? En que remoto país leva vivindo estes anos a candidata do PP, ou os seus axudantes na confección do programa, para descoñecer o nivel de actividades que tódolos días, de xeito normalizado, se levan a cabo nas Casas do pobo, na Fábrica, nas piscinas municipais, nas escolas de danza e de música coa aportación tamén para valorar non só de monitores profesionais senón de voluntarios que colaboran arreo na organización. De que guindo veu a caer para ignorar que os plans de construcción de vivendas de protección oficial son os máis emprendedores do país e que só a burbulla ten feito que sexan, paradoxalmente, más atractivos os prezos libres.
Pero o máis abraiante de todo e que, a respecto do resto das propostas, foi o PP –xunto co PSOE- o que bloqueou a aplicación dunha subvención de mil millóns das antiguas pesetas para a construcción de Auditorium con Escola de Danza en virtude dunha negativa da Deputación, de carácter electoralista, para habilitar o terreo de Bastiagueiro con destino dotacional. ¡Perverso! Sen embargo o Concello non deixou sen desenvolvemento vocacional aos nenos e nenas Oleirenses e abordou con orgullo a construcción dunha Escola de Danza cos seu medios e con recursos do plan E ben utilizados.
É tamen abraiante, dentro da declaración de intencións, como digo, dos candidatos do PP falar de promover programas de inserción laboral cando a súa Formación ten suspendido ilexítimamente a dotación de cursos no Centro Isaac Díaz Pardo mentres a política da Deputación practicaba o clientelismo nas adxudicacións. Obsceno que falen de preservación do medio ambiente cando tivo que ser o movemento vecinal e o goberno da Alternativa o que paralizara a intención do goberno central do PP de asfaltar a costa de Dexo, como antes conseguirá deter o urbanismo salvaxe en Santa Cristina nun proceso que habería de ser o xérmolo da nosa singularidade.
E sobre o plan de mellora da educación e potenciación do diálogo no seo da comunidade educativa, ¿haberá que lembrarlles que a Xunta obrigou aos país e nais do Concello e especialmente de San Pedro de Nós a un estado de manifestación constante porque, a pesares de que o Concello puso a disposición da Xunta a finca Tenreiro, ésta dilataba ano tras ano a construcción dun Colexio comprometido e inexcusable para una poboación puxante que non quería ver aos seus cativos asistindo a barracóns.
Congratúlome da coincidencia entre eses desexos expresados polos candidatos do PP e o que xa son realidades no Concello. Por tanto, benvidos ao traballo a prol do benestar vecinal, se é que esa é a súa verdadeira intención. O que non sei e se a participación no Asociacionismo no Concello, un xeito de concebir a vida e non una industria para o peto particular, poderá cumplir as expectativas coas que aparecen de súpeto representando aquel papel do lobo que que pon a pel do cordeiro e enfariña as pezuñas para conseguir que lle abran a porta.






¿Qué le pasa a los españoles con los Borbones? La historia de los Borbones está inseparablemente unida a la decadencia de España. Cuando los...