Si, xa sei que o paro leva á depresión a centos de milleiros de españois, especialmente aos que teñen fillos que coidar. Sei que a realidade económica ten ingredientes dabondo para concitar toda a nosa atención. Sen embargo estamos a alertar de algo que non é ciencia ficción. En Arxentina, África, algúns estados de U.S.A. e agora tamén en Europa vanse multiplicar situacións de hambruna, desertización, cancro, alzheimer.
En artigos anteriores facilitábamos o enlace para ver “Que é o que están a fumigarnos desde avións a reacción?”, de Michael Murphy. O goberno arxentino xa está emprendendo accións legais. Estase a intentar levar o asunto ao Congreso dos EE.UU. E a Bruxelas. Mentres tanto continúan as fumigacións de aluminio e bario por parte dunha multinacional que vende as únicas sementes resistentes a solos contaminados por eses metais pesados. Hai estudantes de periodismo investigando as conexións desas multinacionais co poder e con outras grandes empresas de sectores dispares. Todo isto pode levar tempo. Entrementres mandaremos unha invitación á Xunta e á Facultade de Química de Santiago para que analicen o chan agrícola do corazón de Galicia. Onte viaxei por el, e poiden ver que durante toda a tarde estiveron fumigando a grande altura. As estelas non desapareceran do ceo ate catro horas despois, cando anoitecía, e delas desprendíase un un xeito de sábena fina como de po que, no luscofusco e nun día despexado como poucos foi cubrino o ceo da noitiña nun mar inquietante dunha calima entre branca e prateada. Cheiraba a algo que non souben identificar. Non quero prexulgar pero estou preocupado pola nosa saúde, polo noso futuro. Chamamos a varias portas pero a todos lle parece ciencia ficción. Agardemos non reaccionar demasiado tarde.
PARA SABER MÁIS
viernes, 18 de mayo de 2012
Galiza está a ser fumigada ¿con qué?
Labels:
Fumigación de metáis pesados
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario