Varios meses despois, enlazamos aquela entrada porque está a promover algún comentario que, sen dúbida, pode servir de referencia para argumentacións que a diario temos que facer a todos aqueles que nos tildan de paranoicos só porque defendemos o noso dereito a ser informados sobre: QUÉN NOS FUMIGA? CON QUÉ? PARA QUÉ?.
De tódolos xeitos neste últimos seis meses a presión dos colectivos anti chemtrails conseguiu mesmo que o Gobernos de EE.UU. admitira e recoñecera que fumigan en medio mundo "con bó fin", para loitar contra o cambio climático. Eu diría máis ben para modificar o clima como lles pete en cada rexión, pois torpedean sistemáticamente o tratado de Kyoto.
De tal xeito que os comentarios ao uso dun que se autoerixe en sabio na materia de química xa son ociosos, pois ate os autores das fumigacións as recoñecen. O problema é a subordinación total do mundo ao Imperio alimentado polos beneficios inxentes das grandes corporacións. Detrás das fumigacións, das que xa hai documentación e probas dabondo por doquier, hai intereses xeoestratéxicos -impediuse que chovera en Irán durante dous anos-, farmaceúticos, agropecuarios e de loxística para apalancar a parasitación das antenas de onda curta e manexar á poboación.
Teño parientes e amigos en zonas de intensas fumigacións que teñen que saír á rúa con máscara para non coller contínuas miasmas. Os coches aparecen pola mañá cubertos da costra blanquecina que espolvorean os avións. Colgaron videos para os que, como o sabio en química, nunca viron un enxamio de avións trazando entramados que tornan un día soleado noutro gris prata, e dando a volta en redondo á altura do golfo ártabro para voltar por onde viñeron. O escepticismo non é malo sempre que non quite as ganas de saber, de ir máis aló. Porque si medo da pensar o que nos poden estar a fumigar, máis medo pode dar a constatación de que a xente non quere saber, que aceta as desgracias como froito do destino e que se aborrega porque pensa que e inútil loitar contra o sistema que nos queren impoñer.
Enlace:
ESPAÑA Y PORTUGAL, VÍCTIMAS DE INTENSAS FUMIGACIONES TÓXICAS
miércoles, 27 de marzo de 2013
Fumigacións intensas sobre a Península Ibérica
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario