Xa saíu a clase política, a que busca na profesión o beneficio persoal, a
rendibilizar á vítima, a sacar rédito moral do asasinato da presidenta
da Deputación de León. Como se non fora algo que atinxira ao conxunto da
sociedade. E máis vale que sexa así, porque se do que se trata e de
botar contas do sufrimento por faccións, sería incontestable que onde
aniña é no conxunto de cidadáns que padecen fame, miseria,
desfiuzamentos, abandono e silencio por parte de unha Administración
para a que son só números a máis de un estorbo para o encaixe das cifras
macroeconómicas. A insensibilidade dos que cobran varios soldos,
pluses, dietas nun exercicio de depredación dos recursos públicos que
por máis que teñan legalizado non deixa de ser inmoral acada cotas que
fan medrar o odio social, o resentimento e a rabia de millóns de
españois cun futuro no que non entra a luz da esperanza, mentres no día a
día a supervivencia pasa por recibir axuda da beneficencia de
organismos e entidades á marxe da vontade dos plíticos.
É un milagre que non se teñan producido magnicidios neste país en
resposta aos asasinatos fríos e programados que provoca a política de
recortes na sanidade, a sangría da corrupción xeral entre os altos
cargos e dentro dos aparatos dos partidos maioritarios, a Reforma
Laboral e o apoio aos esquemas de inversión e localización do gran
capital. Por iso deploro o ton de gran parte dos medios de comunicación,
que din sentirse alarmados pola escalada de violencia na sociedade . Eu
dígolles que os feitos avalan que a xente do común é ben pacífica,
tendo en conta as agresións de que está sendo obxecto a diario. Pero
tamén lles digo que baixen á rúa para percibiren que tanto sufrimento
vai queimando a sensibilidade, e que a clase política corrupta fixo
méritos dabondo para que hoxe non exista un clima de fondo pesar pola
morte da presidenta de Deputación. Lamentable? Si. Comprensible? De
máis.
http://www.congreso.es/portal/pls/portal/docs/1/4460026.JPG
martes, 13 de mayo de 2014
Un salto cualitativo?
Labels:
CORRUPCIÓN,
odio social,
Violencia
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario