Para facer cribles as miñas
explicacións tiven de amosarlles a terra que enchía tres sacos
depositados sobre os asentos traseiros do meu Opel Astra serie F con
matrícula de Oviedo. A cuestión era que, aos ollos dos demais, a
versión dun tipo entrado en anos sacando terra da finca dun parente
ás once da noite para preparar sementeiras no garaxe da súa casa
resultaba pouco convincente, sobre todo nun ámbito rural. E o sangue
na pala? Todo se complicara cando apareceu, tras das silveiras, un
xabarín de setenta quilos ou mais. Unha labazada coa pala nos
fuciños fixo que fuxira entre grandes berros que conseguiron
desasosegar aos veciños do Val de Loureda. Carguei apresurado a
terra no Astra serie F e o demais xa é sabido. Menos mal que levaba
comigo o plano catastral da finca e tódalas documentacións. Así
puiden seguir o meu camiño e chegar á casa cos 120 quilos de terra
ás dúas e media da madrugada. No Carrefour teríame custado dez
euros, pero o que máis me amolaron aínda foron as risas furtivas
dos gardas convertidas en gargalladas cando liscaba de alí.
jueves, 15 de mayo de 2014
POR UN PUÑADO DE TERRA
Cando onte pola noite a Garda Civil me
deu o “alto” en Arteixo e me mandou abrir o maleteiro no meu mp3
soaba, como en tantas ocasións, o allegretto da sinfonía número
tres de Brahms. Puiden ver o reflexo da lúa na pa manchada de sangue
e na culata nacarada da pistola do tenente namentres o cabo me
empurraba contra o capó. Despois dun cacheo nervioso e polo miudo
comezaron as preguntas. Eles recibiran a chamada dun veciño que vira
movementos sospeitosos nunca finca a carón do río.
Labels:
Agricultura ecológica
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario