NON Á GUERRA
Pasan os anos, as décadas, e os seres humanos da era dos avances tecnolóxicos semellan non ter aprendido dabondo daquela deriva de auto destrución que provocou a morte de oitenta millóns de persoas nos anos corenta do século pasado, e que xa viña precedida por outra contenda de carácter mundial con resultado de outros vinte e dous millóns de mortos.
A miúdo practico ou exercicio reflexivo de percorrer mentalmente a traxectoria de esforzos dunha nai e, non sempre, dun pai por conseguir consolidar a vida autónoma dun fillo mesmo desde o momento da xestación ate que ocupa un lugar na cadea produtiva. Cantas noites de insomnio, cantos cadros de mastite, cantos desvelos por atendelos nas continuas fallas dun sistema inmunolóxico inmaturo. Logo virán as tensións e desencontros xeracionais, que unha vez superados darán paso a preocupacións máis realistas cando a vida empeza a amosar caras menos amables. Claro, tamén haberá ocasión de compartir alegrías. Todo xunto no decurso dunha carreira de longa distancia que demanda capacidade de sufrimento, entrega, paciencia, humor e tantos e tantos desempeños da vontade.
Tamén reflexiono a miúdo sobre o moito traballo acumulado ate detrás das obras aparentemente mais pequenas: unha beirarrúa no pobo, a cuberta do patio do colexio, e xa non digamos a edificación dun pequeno dispensario médico ou dun xardín de infancia.
Por tanto, a miña sorpresa multiplícase ate a estupefacción cando contemplo nos medios un estalido bélico evitable coa insistencia no diálogo, coa disposición a defender os propios intereses e ao mesmo tempo ser quen de situarse no lugar do outro.
As bombas destrúen en segundos obras para cuxa construción foi necesario xuntar: formación, coñecemento, experiencia, medios materiais, enerxía, tempo e máis tempo e máis tempo... tempo detraído da contemplación, do goce do lecer, da convivencia coa familia, cos amigos, cos veciños... Un segundo é dabondo para borrar do mapa dous mil anos de Historia, ou a cen cativos e os seus mestres e mestras na escola; e dabondo para aguzar aínda máis a dor dos hospitalizados. Un segundo e tempo dabondo para destruír estruturas en cuxa construción verteron toda a súa intelixencia homes e mulleres, e, a miúdo, custaron vidas humanas ademais de contraer danos medioambientais colaterais.
A Ciencia ten avanzado tanto e tan rápido que só a utilización perversa dese progreso está a impedir que a Humanidade viva o seu mellor momento desde que habita a face da Terra. Ese paradoxo fai aínda máis lamentables a guerra, a fame, as doenzas pandémicas e infecciosas, a explotación humana en tódalas súas formas.
Os inicuos, os viles, os egoístas que o queren todo non seu prato, os visionarios ególatras que viven da ruína dous seus prosélitos, os covardes violentos, os explotadores, os violadores e pederastas, os que atacan ao distinto, os asasinos, os que atopan deleite na tortura, os que negan o cambio climático e maltratan o medio que é de todos, que é presente e é futuro, a todos eles temos que desaloxalos de posicións de poder e influencia. Non podemos caer na trampa de pensar que a acción popular non dá froitos. Porque, de feito, queren vernos derrotados, indolentes, resignados. Queren que non traguemos as súas mentiras, os seus “alto o fogo”, para que deixemos de saír á rúa. Queren que pensemos que os nosos votos non serven para nada. Por iso temos que aguzar o xuízo crítico e ser xenerosos co tempo dedicado á educación dos nosos fillos, dos nosos netos. Para que saiban diferenciar unha Ditadura dun Estado de dereito, mesmo con tódolos seu defectos. Vainos a vida en elo. Si, digo ben, a vida. Porque só a actitude firme en defensa do dereito internacional pode evitar que os sátrapas posuídos pola febre do ouro, do ouro negro, das terras raras nos involucren nunha guerra que, unha vez desatada, terá consecuencias incalculables.
Ningún Imperio ten sido eterno. Todos remataron desintegrándose na Historia pola súa ambición desmesurada e ou seu afán en matar a millóns de persoas. Iso vai acontecer tamén, máis tarde ou máis cedo, cos Estados Unidos de América. Mentres, trátase de que a Acción Internacional dos Gobernos rexistrados na ONU consiga deter o funcionamento fora da Lei, anacrónico e lesivo para a raza humana, desde ou uso obsceno das armas co obxectivo último de depredar os recursos de países moi ricos pero con defensas ben limitadas. O concepto de xenocidio e ampliable ao asasinato sistemático dous chiíes, por suposto á eliminación que non cesa de gazatíes e cisxordanos co alleamento dás súas terras e propiedades, a condena a viviren refuxiados en campos de concentración dous Saharauís en territorio alxerino unha vez desposuídos dos seus medios de subsistencia, e, ademais dun longo etcétera de accións de opresión de quen se postula para ou premio Nobel da Paz, o bloqueo a Cuba desde hai seis décadas en virtude dunha “Lei” unilateral dos EE.UU., a Helms Burton, que busca a emigración masiva dos insulares e a morte dos que resisten heroicamente.
O “non á guerra” e máis que unha revitalización necesaria. É a constatación de que se está a caer nos mesmos erros que con Iraq, polos cales pediron perdón a posteriori Bush e Blair. Non así ou acomplexado dunha cidade de provincias española que aínda ten máis que dicir dá única actitude valente e decente fronte ao Terrorismo de Estado de Trump: Pedro Sánchez. Non á Guerra!
Os oleirenses en Oporto, ¡contra o bloqueo de Cuba!, en 2002, coa pariticipación a última hora de Fidel Castro cun discurso
brillante no Polideportivo anexo ao Estadio da Luz
No hay comentarios:
Publicar un comentario