© blog: Son de Oleiros

jueves, 23 de agosto de 2012

A INVASIÓN DO PODER AMARELO

O empresariado español vive en España expatriado. O chan das súas conquistas, dos seus desvelos, da súa interacción cos consumidores que xeran riqueza ao seu espírito emprendedor está agora en Asia. Vivir en España é un retiro para comer, tomar o sol e no perder os costumes. Pero as decisións estratéxicas veñen ditadas por 1.300 millóns de chineses, sen esquecer outros catrocentos millóns da suma de xaponeses e indonesios con moito poder adquisitivo aos que haberá que sumar as economías emerxentes e sobre todo a India en breve.
Os amarelos xa non quedan conformes coas algas. Lévannos tamén o polbo, o xamón, os pementos de Padrom e mesmo os grelos en lata. E por se fora pouco agora lévannos tamén o fútbol. Porque, a ver que lle digo eu ao meu xefe, tal como están as cousas, para que me de permiso para ir ao Estadio en horario laboral. O calendario marcado pola Liga de Fútbol Profesional CONTEMPLA partidos que empezan un Domingo ás 23 e rematan xa ben entrado o luns. E todo para que os Chineses o poidan ver en directo namentres comen no arros. A este paso, e co ritmo de deslocalizacións empresariais que levamos, imos chegar a unha sociedade etérea, na que formaremos parte dun mero decorado pretextado para que o mundo pareza grande e diverso. Un escenario de masas informes, case que inertes, coa única propiedade de ser capaces de sobrevivir e de consumir o xusto para que a vella maquinaria non chegue a pararse de todo.
Os clubs pagan fichas millonaria pensando na rendibilidade da súa imaxe nos fogares do novo teatro de consumidores masivos en crecemento exponencial. E digo eu, ¿somos masocas? Deixemos que sexan os chineses os que paguen os dereitos de emisións e retornen riqueza aos clubes a través da publicidade. Será entón cando os clubs contraten a presencia de siareiros en macro castings para que na China non vexan moito cemento nas gradas. Cando empecemos a cobrar por ir ao fútbol será o momento no que empezará a reverterse o ciclo económico, o punto de inflexión para que a vella e caduca Europa empece a recoller os brotes verdes que vaian desprezando os asiáticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...