© blog: Son de Oleiros

martes, 2 de octubre de 2012

¡ESPAÑA DESFAISE, CARALLO!

... dicía así o traballador da Citröen cando viu ao Chiquilicuatre representándonos en Eurovisión. _ –¡Home, non me fodas, Milincho. Ti supón que nos ve a reina de Injlaterra!– España desfaise. Nos foros europeos represéntannos malabaristas da burbulla, aqueles que mesmo estiveron detrás das hipotecas lixo como se o tempo poidera expandirse ate o infinito e con el a obriga de pagar unhas prendas hipervaloradas para que, ao fin, gañaran os usureiros por partida dobre. Tódalas figuras creadas en Bruxelas teñen como premisa que os bancos sexan as únicas empresas, sumando as públicas ou privadas, blindadas fronte á quebra e capaces de sanear os balances pola vía rápida con figuras consentidas de bancos malos dignos da compaixón do Estado antes que os desahuciados. O diñeiro que se lle resta a prestacións sociais básicas, atención a dependentes, educación, becas, sanidade, parados de longa duración vai destiñado á banca a un interese inferior a o 1% para que llo preste ao mesmo Estado que é o seu valedor ao 6,20%. Dentro das entidades os traballadores teñen que queimar doce horas ao día para burlar o despido mentres os Conselleiros e accionistas maioritarios, comensais habituais nas ceas coa oligarquía, atopan refuxio en Suiza para ese volume de negocio. Ao cabo os que hoxe queiman as naves do país en ruínas atoparan destinos dourados nas empresas en débeda moral con eles. É a teoría da porta xiratoria, que asegura o trasvase de persoal directivo entre as grandes corporacións e o Goberno -desgoberno- da nación. O malo de todo isto é que ao fin, ao longo da Historia, o regueiro de vítimas que deixa a pegada da corrupción con maiúsculas se nutre de inocentes da clase de cidadáns de a pé. A conciencia de que desde a base da pirámide non é posible mudar o curso da Historia leva a ese tufo de derrota ao que cheiran as rúas neste rincón do milenio perdido no calendario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...