© blog: Son de Oleiros

lunes, 17 de junio de 2013

O ANUNCIO DUN RELOXIO

"Hay cosas que se elevan por encima de lo común y que elevan a quien las tiene"... Mensaxe sobre un reloxo en 13 tv. Ao remate o presentador de "el cascabel al gato" ainda compreta a frase: "es el reloj que llevan las personas que necesitamos en estos tiempos". Non é extraño que ese atavismo estivera detrás da clase política que necesitamos na forma de traxes, jaguars, rotas de esquí por Alaska e Noruega e indemnizacións en diferido. ¡Canto contraste para un medio de comunicación católico e sacrosanto!, que en vez de facer chamadas á eliminación do luxo fariseo encumia ao alto standing, que para lavar a conciencia organiza despois unha cea a trescentos euros o comensal nun hotel da Alcarria para recadar fondos de axuda á Cociña Económica co tresultado dunha media de aportación por asistente de 18 euros. Ah, esquecíame de dicirlles que antes da cea un broker deulles unha charla técnica sobre como gañar diñeiro en bolsa apostando a que unha acción entra en perdas. O dito: a brecha social acada escenarios que chaman ao odio social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...