© blog: Son de Oleiros

miércoles, 23 de octubre de 2013

Os derradeiros coletazos do Aznarismo

 Cara a unha Confederación de Repúblicas

(Apuntes sobre a intromisión do Poder Político no Lexislativo)


A lei penitenciaria franquista contemplaba extremos como a pena de morte e, por outra banda, a redución de penas drástica atendendo a circunstancias de comportamento no presidio que eran moi bonificadas, como a participación en traballos ou cursar estudos. A reforma Belloch, nos anos noventa, non tivo en conta o principio de proporcionalidade segundo o cal non semella o mesmo matar a unha persoa que a vintecatro. Daquela a clase política colleu un atallo en 2006 e facendo un exercicio de falta de respecto á independencia do poder xudicial, quixo impor unha doutrina segundo a cal eran deslexitimadas sentencias ditadas conforme a lexislación vixente no momento de ser elevadas. Iso viña a contradicir tódalas garantías que ten de ofrecer un Estado no que os dereitos, os deberes e as responsabilidades están sobre a mesa para tódalas partes antes de que se produzan actuacións que merezan un xuízo posterior.
Outra cousa ben distinta, e si cadra o miolo desta cuestión, e o debate sobre se o terrorismo e un delito que mereza un tratamento diferenciado, e como tal discutir sobre a duración da pena máxima, o trato diferencial dependendo da reincidencia, a oportunidade ou non de aplicar bonificacións ao tempos de reclusión. Pero coido que nesta materia os que teñen que decidir, atendendo á sensibilidade do conxunto da sociedade, son os lexisladores. Non así a clase política partidista e sectaria, como tampouco as familias das vítimas cando non as propias vítimas. O desexo comprensible de vinganza, a dor e, noutros casos, o obxectivo espurio de converter a loita contra o terrorismo nunha industria con réditos políticos que non interesa rematar son incompatibles coa amplitude de miras dunha lexislación conveniente para o interese xeral.
Se aceptamos as premisas vixentes do espírito das penas de cárcere -a loita contra a delincuencia, a defensa das garantías da sociedade e a reinserción dos condenados- é entendible para todos, menos se cadra para as propias vítimas e as súas familias, que mesmo os terroristas teñan dereito á reinserción sempre e cando se cumpran as condicións esixibles para a volta a inter-actuar nunha sociedade a través das canles de participación, convivencia, debate, reivindicación...
Mais semella que ese obxectivo de reinserción, que require de grandes doses de xenerosidade por parte das vítimas, non ten lugar para unha facción da sociedade española, cainita xa ben entrado o século XXI. A mesma facción que, paradoxalmente, condena o propósito das familias das vítimas do terrorismo franquista de tan só querer recuperar os corpos dos seus seres queridos para ter tamén a oportunidade de levar flores as súas tombas.
Tiveron que vir de fóra a darlle crédito ás manifestación de ETA abandonando a vía da violencia. Os partidos maioritarios querían manter en niveles máximos a tensión dialéctica e negaron e aínda negan que o abandono das armas sexa efectivo. Cimentos moi probes para construír un proceso de paz duradeiro se non fora porque, polo momento, as teses non militares da esquerda abertzale téñense imposto no debate interno pola reivindicación da soberanía. A ese exercicio de pacificación que tanto lle debe a Sortu, a Bildu a Batasuna, Aznar, coa inestimable axuda de Bush, foi quen de demonizalo. Mesmo conseguiu, no intre no que a sociedade basca e o nacionalismo xiraba para desbotar todo recurso fora do debate e a reivindicación, o procesamento de Arnaldo Otegui, que paga no cárcere o ariscado papel de frear os asasinatos que non lle facían ningún ben á esquerda abertzale pero que, en momentos de baixa estimación do goberno Central, eran un instrumento reforzador da idea da necesidade dun Estado fortemente Centralista que condena aos nacionalismos periféricos como excluentes para non concibir a idea de esa República Confederada cara á que, indefectiblemente, nos encamiñamos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...