© blog: Son de Oleiros

miércoles, 10 de diciembre de 2014

A necesidade de ser nacionalista en Galiza

Otero Pedraio, Castelao, Salvador de Madariaga… non hai mais ca achegarse ao seu pensamento para comprender que o nacionalismo Galego ten que ver coa concepción cosmogónica que de xeito ningún pode emparentarse co chauvinismo o coa negación do distinto. Para atopar as súas raíces só hai que recoñecer a singularidade e riqueza do seu erario de costumes, usos, tradicións, crenzas, dimensión do espacio e do tempo, concepción do futuro, da vida da morte, culto aos mortos, medida do tempo,vivencia das estacións… todo aquilo que o nacionalismo excluínte dos gobernos do Estado ten menosprezado ou, cando menos, reducido a ramalazos folclóricos nun mundo de pailáns.
Mais o exercicio de ser galego, orgulloso de pertencer a nación Galega, o exercicio do nacionalismo practicado en e desde Galicia ten un dobre significado: o primeiro, como teño dito, é o de afirmación do dereito a ser diversos como distintos son todos los pobos dos mundo con percorridos históricos e xeografías delimitadoras. Trátase da constatación da riqueza da cultura humana en tódalas súas expresións se menoscabo de ningunha. Nese punto o nacionalismo Galego non pode ser etiquetado senón de incluínte e respectuoso coa distinticidade, como unha ponte tendida para mellor coñecer tamén o que de común temos os distintos pobos.
A segunda das razóns de sermos dos nacionalistas en Galiza é reivindicativa, obrigada por lo abuso de posición dominante exercido polo centralismo do reino de España durante séculos nos que os dereitos dos galegos no estaban nun plano de igualdade cos do resto do Estado.
Mesmo desde o momento no que o reino suevo, o máis antigo dos constituídos en Europa logo da caída do imperio romano, foi sometido por las armas e, sobre todo, a partir da Reconquista e máis tarde da construción, sanguenta, dunha España grande e libre, ate o remate do século XX Galiza foi vilipendiada, maltratada con diferentes modos axeitados a época e coa marxinación no reparto por redistribución dos recursos desde a administración central
De aí xorde a necesidades de expoñer con claridade a natureza e os fundamentos dos nacionalismos, para desterrar do imaxinario colectivo a visión maniquea que de todos eles se nos quere presentar por parte de formacións políticas que pescan na dimensión estatalista e que cualifican sempre de bicha calquera intento por coñecer e recoñecer á periferia periferia mentres, sen embargo, xustifican a inflexibilidade interesada do Sistema, ancorado no inmobilismo constituínte, co apoio dun exército de eméritos da Universidade e de decanos dos medios de comunicación que comen da man do poder centralista excluínte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...