© blog: Son de Oleiros

viernes, 9 de enero de 2015

O bico do Carballiño


Os axentes que veñen de sancionar a unha rapaza en Carballiño logo de ser bicada mentres conducía expoñen como causa: "por manter relacións amigables". Eu, que fun árbitro de fútbol e balonmán ou membro de anpas e conselos escolares, sei que nas actas só se deben recoller feitos. E dicir: empirismo puro e desprovisto de xuízos de valor: "o número oito do equipo local deulle unha hostia nos fuciños ao número sete dos visitantes logo de que este marcase un gol e se baixara os pantalóns ata a altura dous nocellos deixando ao descuberto o cú cara á bancada norte, reservada aos siareiros do equipo local". Nas actas non hai lugar para as suposicións. Nin tan sequera para os artificios da linguaxe ou a literatura creativa. Os gardas de Carballiño extralimitáronse, pois na acta só era pertinente dicir: "...por recibir un bico en (parte da anatomía) de parte do seu acompañante", especificando se a condutora perdera a visión da estrada un intre.
Porque hai bicos e bicos. No mundo da mafia un ósculo podia sinalar o obxetivo das balas. Xudas vendiu a Xesús cun bico. Pero, aínda admitindo que o bico de Carballiño fora dado para propiciar o achegamento sentimental, cumpre recoñecer que non distrae o mesmo o bico apaixonado e cargadiño de feromonas dos adoescentes que o bico sosegado da parella madurada por longos anos de convivencia táctil, olfactiva e intelectiva.
Quero supor que a sanción do Carballiño responde á necesidade de chamar a atención sobre a absoluta conveniencia de manter o foco na condución para evitar accidentes na estrada. Pero nise punto sería aínda máis importante que non recibir un bico a erradicación da fumata de tabaco -xa non digo de porros ou cousas máis fortes-, ou do costume dalgúns de ir comendo, ou mirando papeis, ou pendentes do whats app, mentres se circula máis ben mal.
Home, tamen estaría ben evitar as felacións e outros exercicios de quencemento, pois nise punto lembro que un condutor dun BMW potente perdera o control do automobil por esa causa na AP 9 con resultado nefasto para a parella.
Ao fin, trátase dunha cuestión de puro sentidiño común, para que non circule, a xeito de mofa, o chiste consabido nestes días no Carballiño:

-           Damián, por que non me bicas como fan tódalas parellas?

-           Xa, pero non as da Garda Civil



                                                    Alfred Eisenstaedt. Bico roubado

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...