Ou da presenza, campando a pracer, de reputados ABSENTISTAS nas Cámaras Alta e Baixa, pluriempregados.
Di Posadas
que con relación á observancia da Lei de incompatibilidades no
exercicio profesional por parte os deputados non cabe outra actitude de
parte de Presidencia que a confianza absoluta, porque eles saben cal é o seu deber
e o que teñen que facer. Por outra banda tampouco estarían definidas,
en caso de incumprimento, as sancións disciplinarias. E esa mesma
laxitude obra para as declaracións de bens patrimoniais das súas
señorías.
Detrás do pulo que fai latexar ao unísono o corazón dos
cidadáns creando e crendo nun proxecto colectivo está o valor da
exemplaridade. Por apuntar un símil, o neno que ve abusar do viño na
casa acumula papeletas para ser alcohólico no futuro. O mesmo sucede co
exemplo das tarxetas black, ou coa rémora
para as arcas públicas dunha clase política na súa meirande parte inédita
ao longo de toda a lexislatura e que, por se iso non abondase, limita as
súas declaracións ao guión que lles entrega a dirección para ser
reproducidas nas súas autonomías e reservan boa parte das súas enerxías para
outros negocios privados. Todos estes "exemplos de vida", que contan co
respaldo do incumprimento do deber de vixiar do Sr. Pousadas, son paus
nas rodas dunha democracia en permanente situación de obras, en
construción e ameazando derrubamento. Para cimentar ese espírito
necesario de que paga a pena contribuír porque o resultado é unha mellor
cobertura de servizos públicos, de calidade de vida, de grao de
benestar, de acceso ao traballo e formación, para que a poboación
recupere o orgullo de poder contribuír á causa de todos e se instale ese
modo de mirar, pensar e actuar poñéndose na pel dos demais -interacción-
que tanto identifica aos modelos de progreso consolidados aprema que o
Sr. Posadas (como tamén a cúpula do PP e os órganos reguladores -Banco de España, CNMV)
despois de todo o que estivo a acontecer, deixe de insultar á nosa
intelixencia vendéndonos a idea de que a catadura ética e moral das súas
señorías é incólume e non necesita de controis.
Os feitos téñeno contradito en
innumerables ocasións; seguen saíndo á luz casos de suborno e de tráfico
de influencias, e só dende o engano dunha Lei de transparencia
interesada que precisamente obstaculiza o importante para favorecer a
impunidade dos aforados poden entenderse unhas declaracións fóra de
todos os canons do que debe ser unha xestión directiva competitiva e
competente. E se hai unha Empresa que polo seu tamaño e importancia a
precisa é o Estado. Calquera Peme dedicada á venda de pequenos insumos,
toda empresa de produción, os mesmos traballadores autónomos establecen
mecanismos de control sobre produtividade, emprego de axudas, custos de
mecanismos de apoio á xestión, optimización de recursos, etc.
A única opción que nos queda, pois, cos "Posadas"
das Institucións é removelos dos seus postos por ineficacia,
ineptitude, absentismo e comportamento sectario. Ou seguir dándolles
apoio. Pero logo atéñanse ás consecuencias e deixen de chorar a
destempo, unha vez máis.
Transcribo nova de La Vanguardia
Tras garantizar que "todo esto se irá viendo en esa comisión", Posada
ha apuntado, no obstante, que "no hay desarrolladas fórmulas de
investigación, porque la confianza es lo que prevalece". "La confianza
es la idea esencial y nosotros confiamos en que un diputado actúa en
consecuencia con lo que propone y le autoriza el Congreso; lo que no
quiere decir que el que incumpla esa relación de confianza no pueda
tener la sanción adecuada, que lo veremos", ha insistido.
También
ha reiterado que, en virtud de la normativa, la situación de los
diputados es de "incompatibilidad con todo y dedicados a su trabajo",
aunque "luego existen compatibilidades que se dan por la comisión de
estatuto y a consecuencia de ello pueden ocurrir conductas que la
comisión de estatuto vigila si se adecúan".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?
¿Vivimos nun Estado democrático? Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...
-
(Ou de como a Política pare monstros) “Asumo esta gran responsabilidade, inviable sen o apoio impagable e sacrificado da miña fam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
Non só na esfera novelesca é pertinente a ficción. Se ben é certo que, se cadra por unha crise imaxinativa, a liña cultivada polos auto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario