© blog: Son de Oleiros

sábado, 16 de mayo de 2015

Oleiros: promesas fronte a feitos




 O partido popular promete en Oleiros, por boca da súa candidata, talleres de memoria e un completo programa de actividades cardiosaludables para os maiores,  rotas de sendeirismo e excursións para coñecer Galiza, un observatorio da familia e outro de país de alumnos con ensinantes, impulso ás actividades artísticas e á danza, vivendas sociais, programas de inserción laboral para os xóvenes e plans que preserven a integridade medioambiental no futuro. Todo estaría de maravilla se non fora porque esas cousas xa están e marcha en Oleiros, de xeito diferencial dentro do área metropolitana, desde hai ben tempo. ¡Hilarante, se non fora polo que conleva de descoñecemento da vida dos Oleirenses por parte de alguen que aspira a representar os seus intereses? En que remoto país leva vivindo estes anos a candidata do PP, ou os seus axudantes na confección do programa, para descoñecer o nivel de actividades que tódolos días, de xeito normalizado, se levan a cabo nas Casas do pobo, na Fábrica, nas piscinas municipais, nas escolas de danza e de música coa aportación tamén para valorar non só de monitores profesionais senón de voluntarios que colaboran arreo na organización. De que guindo veu a caer para ignorar que os plans de construcción de vivendas de protección oficial son os máis emprendedores do país e que só a burbulla ten feito que sexan, paradoxalmente, más atractivos os prezos libres.
Pero o máis abraiante de todo e que, a respecto do resto das propostas, foi o PP –xunto co PSOE- o que bloqueou a aplicación dunha subvención de mil millóns das antiguas pesetas para a construcción de Auditorium con Escola de Danza en virtude dunha negativa da Deputación, de carácter electoralista, para habilitar o terreo de Bastiagueiro con destino dotacional. ¡Perverso! Sen embargo o Concello non deixou sen desenvolvemento vocacional aos nenos e nenas Oleirenses e abordou con orgullo a construcción dunha Escola de Danza cos seu medios e con recursos do plan E ben utilizados.
É tamen abraiante, dentro da declaración de intencións, como digo, dos candidatos do PP falar de promover programas de inserción laboral cando a súa Formación ten suspendido ilexítimamente a dotación de cursos no Centro Isaac Díaz Pardo mentres a política da Deputación practicaba o clientelismo nas adxudicacións. Obsceno que falen de preservación do medio ambiente cando tivo que ser o movemento vecinal e o goberno da Alternativa o que paralizara a intención do goberno central do PP de asfaltar a costa de Dexo, como antes conseguirá deter o urbanismo salvaxe en Santa Cristina nun proceso que habería de ser o xérmolo da nosa singularidade.
E sobre o plan de mellora da educación e potenciación do diálogo no seo da comunidade educativa, ¿haberá que lembrarlles que a Xunta obrigou aos país e nais do Concello e especialmente de San Pedro de Nós a un estado de manifestación constante porque, a pesares de que o Concello puso a disposición da Xunta a finca Tenreiro, ésta dilataba ano tras ano a construcción dun Colexio comprometido e inexcusable para una poboación puxante que non quería ver aos seus cativos asistindo a barracóns.
Congratúlome da coincidencia entre eses desexos expresados polos candidatos do PP e o que xa son realidades no Concello. Por tanto, benvidos ao traballo a prol do benestar vecinal, se é que esa é a súa verdadeira intención. O que non sei e se a participación no Asociacionismo no Concello, un xeito de concebir a vida e non una industria para o peto particular, poderá cumplir as expectativas coas que aparecen de súpeto representando aquel papel do lobo que que pon a pel do cordeiro e enfariña as pezuñas para conseguir que lle abran a porta.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...