© blog: Son de Oleiros

viernes, 13 de noviembre de 2015

SALVADOR FERNÁNDEZ MOREDA: O RAPOSO COIDANDO DAS GALIÑAS

O premio pola súa laboura “in vigilando” como vicepresidente da Comisión delegada de Caixa Galicia e como Conselleiro de NovaCaixa Galicia, o premio por non asinar as indemnizacións obscenas aos cadros directivos pero tamén por non obstaculizalas, o premio pola súa pasividade compartida con Mar Barcón e con outros Conselleiros diante das políticas de abuso e atraco aos aforradores ven a significar que un home que non ten dado un paso adiante para reparar o daño feito á clase traballadora e aos seus aforros de toda unha vida de traballo, a miudo na emigración, veña agora a merecer a confianza de asesorar ao asesor da Valedora do pobo na defensa última dos intereses dos cidadáns.
Non é polo soldo que vai cobrar, que tamén, senón porque semella unha burla aos contribuintes a elección para defender aos cidadáns frente aos abusos de poder dun home cuxa traxectoria última é a da alineación a carón dos autores do latrocinio, dos ladróns do patrimonio galego enaxenado ainda cun custo de nove mil millóns para o noso balance, pagados cos impostos de todos.
Este político xa apuntou maneirascando, sendo Marfany o presidente da Deputación, el sostiña en entrevistas continuas que a Institución era unha lacra, unha remora do pasado, unha covacha para alimentar o nepotismo prescindible e que cumpría eliminar. Faltoulle tempo para, unha vez acadada a Presidencia, pasar a convertirse no seu defensor máis acérrimo. E iso a pesares de que a deriva das Deputacións era a profundización do uso dos cartos de xeito partidista, para perpetuarse no poder. Iso sen contar que non ten sentido que os cartos públicos teñan que ser distribuidos desde administración diversas, cos custos que elo conleva. Así se explica a falta de entendemento para que o que hai que arranxar reciba as dotacións precisas sen entrar en guerras de competencias. A porcentaxe de diñeiro que se perde en gastos de estrutura e personal por duplicación e mesmo triplicación Administrativas chegaría para evitar a política de dolosos recortes en materia social.
Ese outro aval das opinión mudadas sobre a función das Deputacións converte a Fernández Moreda nunha persoa non grata para aqueles que buscan manter a confianza na figura dun valedor do pobo independente, con asesores limpos e coherentes. Só tiñan sentido as Deputacións no Réximen foral de Navarra entendidas como un elemento de solidaridade e redistribución dos recursos fronte á verticalidade do Réxime Franquista. Agora resulta o recoñecemento dun fracaso de modelo institucional e de país considerar que a Xunta, en por sí, non é quen de facer ese reparto de compensacións intermunicipais sen precisar do concurso deses outros entes que teñen servido para facer fortes aos señores do tráfico de influencias e o nepotismo, aos Cacharros e os Baltar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...