© blog: Son de Oleiros

jueves, 12 de noviembre de 2015

VELUTINAS. UN PROBLEMA FORMIDABLE DE SAÚDE PÚBLICA

Leo no xornal La Voz de Galicia que no Campus Universitario están sorprendidos pola aparición de decenas de nespras asiáticas nas enredaderas. ¿? Hai ainda moito descoñecemento acerca dos costumes desta bichería. En Oleiros temos algo máis que decenas chupando nas hedras a diario, nos nosos xardíns, nos parques nas leiras. Comendo nas uvas e nos figos. Aniñando, si, en altura, pero tamén no chan, baixo do musco, na terra, e mesmo tamén nos bardallóns. E hai que descartar a esperanza das autoridades administrativas en que morrerán co frío. As raíñas deixan o niños para agocharse en sitios máis quentes e sobreviven ao inverno para formar novos niños. Os procedementos da Xunta, de Tragsa, de retirada ou destrución dos niños en horas diurnas non consiguen máis que agravar a invasión: ao nos estaren todalas nespras no niño as que sobreviven teñen unha capacidade asombrosa para reconvertirense en raíñas e fundar novas colonias. A súa capacidade e rapidez reproductiva e inconmensurable, como tamén as dotes para a supervivencia dunhas larvas armadas xa con mandíbulas máis proprias dun adulto en outras especies.
Estamos diante dunha catástrofe ecolóxica que aínda pode ir a máis. Polo momento, as abellas case que foron exterminadas en toda a franxa litoral galega, e tamén portuguesa e cantábrica. Os apicultores que sobreviven son os que teñen colmeas na montaña do interior do país. De momento. Dinme algunhas fontes ben informadas que a invasión ten data de inicio, simultánea, coa chegada de niños en adegas de barco nun porto do Norte de Portugal, en Burela e noutro porto do país vasco. Todo na mesma data. Eles coidan que está relacionado coa vontade da Administración de dispor dunha nova arma para loitar contra o gorgullo dos eucaliptus. Logo, visto o visto, din que o tema se lle foi das mans aos que tomaron a decisión.
O certo é que este xa non é só un desastre ecolóxico. E ademáis un problema de saúde pública de magnitude impresionante. A ciencia médica ten establecido que con cada episodio de picaduras de insectos, velenosas, o organismo vólvese máis reactivo ate o punto de instalarse na alerxia logo de tres agresións. Por tanto o risco de shocks anafilácticos nas zonas de concentración progresa exponencialmente conforme se van producindo picadas destes insectos cada día más presentes nos nosos hábitats. O antídoto é caro e o Sistema de saúde nun cubre máis ca o dez por cento do seu importe. Ademáis, non sempre é doado andar con él e as circunstancias e motivos de tropezo fortuito con esas nespras multiplícanse.
Mentres estou a escribir estas líneas a Administración sigue a atentar contra a saúde de todos por operar á marxe da Ciencia, por non actuar, por non escoitar as voces autorizadas na materia, por non aportar os medios suficientes fronte a un problema que vai ter uns costes inxentes se non se aborda xa, por non ter pedido axuda e consello a outros países, como Francia, xa con experiencia nesta batalla, por ter desasistido as Administracións Locais, por non dar información á xente, por non proveer de cultura e medios preventivos a axentes sociais e particulares...
España es un gran país, con muchos españoles y mucho español, administrado pola inacción e os intereses creados con contratas que buscan rendibilidade á marxe dos intereses colectivos. ¡NON Á RETIRADA DE NIÑOS DURANTE AS HORAS DIURNAS!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...