–Avó, xogamos?
–A que queres xogar?
–Coa consola. Á Mario
Kart.
–Veña. Ainda que eu
tiña preparadas unhas caixas de cartón para facer unha casa.
O rapaz, que ten catro
anos pero unha madurez sorprendente, fixou a mirada no teito e dixo:
“–Está ben. Facemos primeiro a casa”.
Coa axuda do precinto
ensamblar as paredes e o teito foi ben doado. A casa amosaba un
aspecto desmendrellado, cousa que lle gustaba moito ao cativo. Logo
metemos dentro dela un pupitre pequeno, unha mesa redonda, cadeiras
e, sobre todo, papel e un estoxo xigante no que gardabamos un feixe
de ferramentas para o debuxo, a pintura, a escrita e os traballos
manuais. Desta volta eu desenvolvería o rol de alumno un pouco
chiveta, acusando a compañeiros invisibles de me facer falcatruadas
varias e o meu neto satisfacía a súa tendencia mandona, repartindo
castigos a discreción. Xa me encargaba eu de ir modulando a súa
tiranía, sen afectar moito á súa boa capacidade asertiva.
Xogamos un pedazo a
recrear o mundo da escola, ate que, logo dun silencio pouco
inhabitual, o meu neto volveu mirar ó teito e dixo:
- Que che parece se metemos a consola dentro desta tenda de campaña.
Naquel intre tomei
conciencia de que o rapaz estaba a facerse maior. Xogamos ao Mario
Kart dentro da casa de cartón.
-->
© imaxe: aeioutururu.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario