Breve vida,
instante fugaz
de lucidez transitoria.
O cuarto agarda
como poldro de tortura
onde aniña
a noite
coa súa dor irremediable,
e a soidade aterra.
Lenes refachos,
recordos borrosos,
hai sinais de loita,
de entrega formidable,
desigual.
Emerxen do pasado
emocións turbadoras,
cando todo fluía
e a liberdade
impregnaba
o alento da vida.
Brota a reminiscencia
da paixón
provocando descargas
nas neuronas
sobreviventes.
O arrecendo da pel
namorada
sobre a herba
ameazada polo río,
a brandura dos pés,
nus,
deixándose atrapar
na cadencia
da tarde inacabable.
A aventura fortuíta
entre o alto millo
nun tempo singular.
Sobrevive o pasado
nos recunchos
da memoria remota
nesta tarde,
lánguida,
de Outono.
Irremisiblemente
caen as follas:
unha, dúas...
tres mil setecentas
cincuenta e catro.
Expándese o tempo
derramado
no baleiro.
Fragmento de "Requiem por un tempo pasado"
© Santiago Casal Quintáns
martes, 8 de noviembre de 2011
REMINISCENCIAS
Labels:
Requiem por un tempo pasado
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...

No hay comentarios:
Publicar un comentario