É un lugar común tratar a estación estival como un inocente lapso
vital no que a conciencia crítica se adormece e xorden oportunidades
para o abandono nos brazos da sensualidade e o hedonismo decadente.
Omersen definía o verán como o triunfo dos mosquitos e o insomnio.
Flauders afirmaba que o verán é esa época na que os homes atopan a todas
as mulleres extremadamente fermosas, mesmo ás súas parellas. O certo é
que no verán a desconexión coa realidade vén propiciada polo descanso
das redacións e dos opinadores profesionais, quedando os medios nas maos
de suplentes con talante mediador e inofensivo, bolseiros
desautorizados para teren iniciativa e axencias internacionais. Ademais,
os “conflitos” de Palestina, Sudán ou o Kurdestán sempre caen lonxe
debido ao abuso de posición dominante dunha das partes, o cal sempre ven
sendo un elemento tranquilizador para Occidente.
No ámbito doméstico, o xeito no que goberna o PP, a golpe de decreto
lei, substrae o debate a un Parlamento que, na realidade, leva xa moito
tempo de vacacións. Rajoy quere ir aos touros cos deberes feitos en
política interna por temor ao ascenso de Podemos e de Esquerda Unida:
esmagar o peso das minorías con ou sen o consenso do PSOE, sen tocar a
lei D´Hont.
Tamén seguen de vacacións na dirección do PSOE, cos seus candidatos
falando de renovación á vez que seguen a renegar dos principios
fundamentais que inspiraron o seu nacemento, da reivindicación da
República como fórmula de goberno pero tamén de convivencia, e da
dignificación dos traballadores manuais, os autónomos e as escalas
básicas na mesma liña que os funcionarios de escalas superiores.
Sí, o hemisferio norte vaise de vacacións. Pero hai asuntos que han
progresar igualmente sen pedir permiso á decadente clase dirixente
española, para derivar nunha situación que, moi probablemente, non sexa
tan manexable xa como en tempos pasados, cando dende o seo da sociedade
nin se consideraba a posibilidade de articular o descontento, de
instrumentalizalo ata convertelo en impulsor do verdadeiro cambio: a
remoción dos que interpretan a lexislatura como unha ditadura de relevo,
con opacidade, aforamentos e sen axustarse ao programa co que gañaron
as eleccións.
Nestas vacacións os Partidos Maioritarios crerán no seu dereito ao
descanso; pero coidado! Hai xente traballando para que ese dereito se
converta nunha obriga ao cabo da rúa.
jueves, 10 de julio de 2014
As vacacións da clase política e o deterioro da democracia
Labels:
Gobernar a golpe de decretos ley
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...

No hay comentarios:
Publicar un comentario