Comentei a situación con compañeiros e algúns asegúranme,
dende profesións que teñen que ver coa orde pública, que a bandeira tricolora é
un símbolo anticonstitucional. O sentido común dime que iso non pode ser así: a
República foi elixida nas urnas e deshabilitada por un golpe militar. Pero como
este razoamento pode ser acusado dende outras posicións de contaminado pola
ideología, busco algunha sentenza que bote luz sobre a situación legal do
símbolo da República e atopo varias referencias entre as que elixo a noticia
transcrita polo ABC, que non é precisamente sospeitoso de profederalista a
favor da recuperación da memoria histórica. Confío en que as voltas de rosca en
contra da liberdade de expresión dadas polo Goberno de Rajoy e o Ministerio de
Jorge Díaz, nunha suposta defensa da seguridade cidadá, non conculquen o
dereito a reivindicar que outras fórmulas de goberno son posibles.
jueves, 17 de julio de 2014
BANDEIRA REPUBLICANA: CACHEOS E TOMAS DE DATOS
Labels:
Bandeira republicana
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario