Otero Pedraio, Castelao, Salvador de Madariaga… non hai mais ca
achegarse ao seu pensamento para comprender que o nacionalismo Galego
ten que ver coa concepción cosmogónica que de xeito ningún pode
emparentarse co chauvinismo o coa negación do distinto. Para atopar as
súas raíces só hai que recoñecer a singularidade e riqueza do seu erario
de costumes, usos, tradicións, crenzas, dimensión do espacio e do
tempo, concepción do futuro, da vida da morte, culto aos mortos, medida
do tempo,vivencia das estacións… todo aquilo que o nacionalismo
excluínte dos gobernos do Estado ten menosprezado ou, cando menos,
reducido a ramalazos folclóricos nun mundo de pailáns.
Mais o exercicio de ser galego, orgulloso de pertencer a nación
Galega, o exercicio do nacionalismo practicado en e desde Galicia ten un
dobre significado: o primeiro, como teño dito, é o de afirmación do
dereito a ser diversos como distintos son todos los pobos dos mundo con
percorridos históricos e xeografías delimitadoras. Trátase da
constatación da riqueza da cultura humana en tódalas súas expresións se
menoscabo de ningunha. Nese punto o nacionalismo Galego non pode ser
etiquetado senón de incluínte e respectuoso coa distinticidade, como
unha ponte tendida para mellor coñecer tamén o que de común temos os
distintos pobos.
A segunda das razóns de sermos dos nacionalistas en Galiza é
reivindicativa, obrigada por lo abuso de posición dominante exercido
polo centralismo do reino de España durante séculos nos que os dereitos
dos galegos no estaban nun plano de igualdade cos do resto do Estado.
Mesmo desde o momento no que o reino suevo, o máis antigo dos
constituídos en Europa logo da caída do imperio romano, foi sometido por
las armas e, sobre todo, a partir da Reconquista e máis tarde da
construción, sanguenta, dunha España grande e libre, ate o remate do
século XX Galiza foi vilipendiada, maltratada con diferentes modos
axeitados a época e coa marxinación no reparto por redistribución dos
recursos desde a administración central
De aí xorde a necesidades de expoñer con claridade a natureza e os
fundamentos dos nacionalismos, para desterrar do imaxinario colectivo a
visión maniquea que de todos eles se nos quere presentar por parte de
formacións políticas que pescan na dimensión estatalista e que
cualifican sempre de bicha calquera intento por coñecer e recoñecer á
periferia periferia mentres, sen embargo, xustifican a inflexibilidade
interesada do Sistema, ancorado no inmobilismo constituínte, co apoio
dun exército de eméritos da Universidade e de decanos dos medios de
comunicación que comen da man do poder centralista excluínte.
miércoles, 10 de diciembre de 2014
A necesidade de ser nacionalista en Galiza
Labels:
nacionalismo
Santiago Casal Quintáns (Compostela, 1958) En Alhambra Longman convenceu á dirección para lanzar un plan de edicións en lingua galega, que incluía versións de Clásicos de Filosofía, traducións de literatura infantil xermánica ao galego... Máis tarde fundou a Editorial Tambre e todas as ganancias destinábaas a editar Anuario de tradicións galegas, Antoloxía de contos populares de Galicia, Galicia desde Londres (programas sobre a nosa cultura emitidos pola BBC), Historia de Galicia, etc,etc., así como traducións de A morte en Venecia ou Opinións dun pallaso. Dentro do selo de Xuntanza Editorial promoveu a tradución ao galego de Clásicos grecolatinos. Con Editorial Sementeira, iniciou a serie Keltia, sobre a pegada da cultura celta.Na súa traxectoria profesional recibiu recoñecementos varios, premios por carjar areón na carroseta, limpar letrinas nos spas de luxo, compactar a terra de polígonos 12 horas por xornada, embuchar peixe destripado, estibar espirituosos nas salas de festas, filtrar blanco de bocois para as campañas do Gran Sol... A súa vida está dividida entre o desempeño de profesións de sostén económico e o intento de entrega á súa vocación literaria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Na Política non vale todo A Política, con maiúsculas, nútrese co debate das ideas. Naturalmente, ás veces haberá desencontro entre os ac...
-
Non se pode resolver a cuestión de Estado da violencia machista a forza de repetir discursos e máis discursos. Sí, son necesarios, como tam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
É tan distintivo o sistema de elección de candidatos dentro da formación veciñal de Alternativa dos veciños, en Oleiros, que os seus cont...
No hay comentarios:
Publicar un comentario