Mostrando entradas con la etiqueta tráfico de influencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tráfico de influencias. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de agosto de 2014

A FALTA DE INDEPENDENCIA DO PODER XUDICIAL

 
A Xustiza é un cachondeo


Inhabilitan a Baltar para desenvolver cargos públicos ¡agora que xa está xubilado! Así semella que o peso da lei acaba por caer sobre todo aquel que intenta vivir á marxe dela. Pero houbo quince anos cheos de motivos para actuar con firmeza e non se fixo. Por iso esta sentenza extemporánea soa como un cachondeo.
Houbo un tempo no que Cacharro e Baltar acumularon máis elementos de poder que Fraga, utilizando os fondos da Deputación clientelarmente, como un instrumento ao servizo dos seus intereses. Eran anos de laxitud inspectora, nos que non tiñan que render contas a ninguén. Cacharro era copartícipe de empresas privadas beneficiarias de adxudicacións de contratos. Baltar adxudicaba vinte prazas de conserxe nun centro cunha soa porta. E isto en dúas provincias que presentan un futuro incerto pola desvertebración entre o rural e o urbano, o envellecemento da poboación, a atomización do mapa de concellos, a falta de definición de plans que poñan en valor as comarcas e o que teñen de diferenciais, o abandono do agropecuario pola ausencia de marcos de cooperación, a desindustrialización, a perda de valor do patrimonio... Pero Baltar chegaba coa chequera cando non con cartos en metálico como se fora un rei mago repartindo as migallas salvadoras produto das cargas impositivas sobre os cidadáns e a súa figura se engrandecía.
A sentencia que o inhabilita obrigaría moralmente ao fillo de Baltar e actual presidente da Deputación a dimitir, tendo en conta que foron aquelas prácticas clientelares do pai as que levaron aos alcaldes a apoiar a súa candidatura. Manuel Baltar “sucedeu” no cargo ao seu pai e durante os primeiros dous meses escenificou un cambio de talante repetindo o mantra de que os que tivesen practicado prevaricación, tráfico de influencias ou cofeito desde posicións de mando, fosen quen fosen, terían que ser apartados da vida política. Pero esqueceu dicir que o seu pai empregou importantes sumas de diñeiro para chamar co telefono oficial, un por un, a tódolos alcaldes da provincia para “pedir” daquela maneira o voto para o seu fillo. Nesas semanas electorais Baltar pai chegou a entregar asignacións de diñeiro a alcaldes en metálico.
É doado deducir que a elección de Manuel Baltar estaba contaminada de partida, como ven a demostrar, demasiado tarde, esta sentenza que o inhabilita cando xa a ninguén lle importa un carallo. O dito, a Xustiza é un cachondeo, por mor da dependencia dos xuíces respecto do Poder executivo.






jueves, 24 de abril de 2014

O mantra de "Morreu a esquerda" ou arredor da delación dos renegados.

Felipe abúrrese nos consellos de administración das eléctricas. Aínda así seguirá un tempo máis asistindo a unha reunión trimestral a razón de 156.000 € ao ano.
É insultante a deriva destes homes que dignificaron a pana no Congreso de Suresnes para, dende a estética do exilio, arrogarse o protagonismo da recuperación dos principios do Socialismo para, tras un prodixioso exercicio de asimilación do Liberalismo con decisión, deixar reducido o escenario de relacións entre os axentes sociais a un monólogo no que a voz a teñen os que abusan de posición dominante mentres o pobo contempla como lle son subtraídos mecanismos de defensa a cotío.

Que os socialistas da pana arribados con fame atrasada dende o xugo franquista teñan interiorizado con tanta ortodoxia a práctica das portas xiratorias, non é senón un síntoma de modernidade, de asimilación da moda que os U.S.A. cren ter inventado, esquecendo que se trata dunha herdanza romana. O éxito do tráfico de influencias dentro da mal chamada esquerda, ademais de conseguir a uniformidade das grandes propostas, ataca, quizais por iso mesmo, a esencia do Socialismo dende os miolos. Os politólogos voceiros do Neoconservadurismo, os do sindicato do odio ao diverxente, ao periférico, ao distinto que non excluínte, babean cando escoitan ós filósofos e ós outros apóstolos desa pretendida esquerda proclamar sen rubor que esta está morta, coma se fose unha cuestión que só os convertese en testemuñas e non en co-responsables. Uns e outros grandes teóricos, dende o ruído incesante con que a crónica da mediocridade nos bombardea a diario obviando o esencial, inspirados pola corrente da partitocracia que vén marcando o paso, están interesados en defenestrar a outras opcións que nunca tiveron oportunidades de goberno.
"A esquerda ten morto" é o mantra reducionista ao uso, coma se o recoñecemento da propia incapacidade do bipartidismo para representar os intereses do pobo puidese poñer a cero o contador dos abusos da clase gobernante e abondase ademais para desbotar, con prepotencia, outras opcións que sempre foron acusadas de utópicas. Ese "a esquerda ten morto" é esgrimido mesmo como un digno exercicio de exame de conciencia polos que se cren de volta de todo sen expoñer nada. Encerra, na realidade, a intención reaccionaria de sepultar á verdadeira esquerda: esa que nunca logrou obter o apoio dunha sociedade que basculou dende o medo ata a esperanza e dende a esperanza á frustración sen chegar a encarnar xamais un verdadeiro exercicio de responsabilidade e de restauración dos valores que nos foron usurpados polos que hoxe se senten no fiel dunha balanza na que catro familias e un puñado de aburridos pesan o mesmo que o conxunto dos cidadáns.



http://www.elperiodico.com/es/noticias/economia/felipe-gonzalez-gas-natural-consejero-incompatibilidades-2997670 

¿Qué le pasa a los españoles con los Borbones? La historia de los Borbones está inseparablemente unida a la decadencia de España. Cuando los...