© blog: Son de Oleiros

sábado, 14 de abril de 2012

O rei cazador ou Historia dun anacronismo

As axencias internacionais loan a condición de gran cazador, acaparador de premios, do Borbón. Eu admiro a súa capacidade para metabolizar os infortunios: non lle da carraxe o manexo das armas mesmo despois de matar por accidente, pensando que a pistola non tiña balas, ao seu irmán de quince anos cando el tiña dezaoito. Os seus problemas co equilibrio na práctica do esquí, a vela e a caza, as súas visitas repetidas ao quirófano non o teñen amilanado -para él non obran os nove días de ausencia ao “traballo” como causa de despido nin o gasto sanitario ocasionado ao sistema por prácticas de risco- , e segue a executar perdices bermellas en Castela, osos nos Balcanes e elefantes en Botsuana, facendo os descansos pertinentes nunha cadeira ergonómica, no que constitúe unha actuación tan anacrónica como pouco exemplarizante.
O rei do Reino de España, imposto polo golpista Francisco Franco, e ademais defensor militante da “Festa” dos touros, e nesta época de profunda crise económica proclama de xeito reiterativo que somos un gran país con capacidade para saírmos adiante grazas á nosa cohesión social e ao mesmo tempo mantén o ton de hedonismo elitista con un secretismo vergoñento que só os accidentes desbaratan. Sen embargo, unha gran parte da poboación española e herdeira da propaganda que a Igrexa e a nobreza exerceron durante séculos nas conciencias ate inculcar no vulgo a convicción de que os reis son unha especie de representación divina na terra e están por riba do ben e do mal. Para esa masa acrítica un cidadán raso putero correspóndese cun monarca que exerce un dereito de pernada para o desafogo das múltiples responsabilidades; o tráfico de influencias dulcifícase como unha estampa de preocupación pola familia e a inmunidade fronte á acción da xustiza é un grao de distinción na pirámide do poder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...