© blog: Son de Oleiros

viernes, 18 de mayo de 2012

Galiza está a ser fumigada ¿con qué?

Si, xa sei que o paro leva á depresión a centos de milleiros de españois, especialmente aos que teñen fillos que coidar. Sei que a realidade económica ten ingredientes dabondo para concitar toda a nosa atención. Sen embargo estamos a alertar de algo que non é ciencia ficción. En Arxentina, África, algúns estados de U.S.A. e agora tamén en Europa vanse multiplicar situacións de hambruna, desertización, cancro, alzheimer.
En artigos anteriores facilitábamos o enlace para ver “Que é o que están a fumigarnos desde avións a reacción?”, de Michael Murphy. O goberno arxentino xa está emprendendo accións legais. Estase a intentar levar o asunto ao Congreso dos EE.UU. E a Bruxelas. Mentres tanto continúan as fumigacións de aluminio e bario por parte dunha multinacional que vende as únicas sementes resistentes a solos contaminados por eses metais pesados. Hai estudantes de periodismo investigando as conexións desas multinacionais co poder e con outras grandes empresas de sectores dispares. Todo isto pode levar tempo. Entrementres mandaremos unha invitación á Xunta e á Facultade de Química de Santiago para que analicen o chan agrícola do corazón de Galicia. Onte viaxei por el, e poiden ver que durante toda a tarde estiveron fumigando a grande altura. As estelas non desapareceran do ceo ate catro horas despois, cando anoitecía, e delas desprendíase un un xeito de sábena fina como de po que, no luscofusco e nun día despexado como poucos foi cubrino o ceo da noitiña nun mar inquietante dunha calima entre branca e prateada. Cheiraba a algo que non souben identificar. Non quero prexulgar pero estou preocupado pola nosa saúde, polo noso futuro. Chamamos a varias portas pero a todos lle parece ciencia ficción. Agardemos non reaccionar demasiado tarde. PARA SABER MÁIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...