© blog: Son de Oleiros

jueves, 10 de mayo de 2012

SOS GALICIA. EMPEZARON A ENVENENARNOS

Cumpre a mobilización popular e a loita nos parlamentos, diplomática e nos tribunais da nosa clase política.

ENLACE



Temos que reaccionar denantes que sexa demasiado tarde. Os EE.UU. Non subscriben o tratado de Kyoto e pensan que poden deter o incremento da temperatura media -que agora si xa está ocasionando un balance de perdas ao seu propio Tesouro a pesares das ganancias hipermillonarias das petroleiras- cun paraugas de aluminio, estroncio e bario inxectado nas capas altas da atmosfera que nun prazo de dous anos -calculan- bloqueará a irradiación solar, pero que o único que vai conseguir e alterar máis o clima bloqueando a normal circulación dos ventos e provocando secas desertizadoras en África, Sudamérica, amplas zonas de Eurasia... e gotas frías e inundacións catastróficas en medio mundo.
Pero a razón máis espuria, grave e respondendo á visión cortoprazista nesta estratexia levada a cabo de xeito confidencial por unha empresa de biotecnóloxía americana que ten no accionariado entre outros a Bill Gates e a senadores USA e que actúa con connivencia e a complicidade de case que toda a clase política da República Federal, é a acción combinada de alterar o ph da terra para que ningunha semilla que non sexa a tranxénica que eles producen poida prosperar nun chan que ten alterado hasta un incremento de 1x65.000 o contido en alumninio, altamente canceríxeno.
Temos que presionar para levar este asunto ao Parlamento Galego, ao Español, e esixir que esas fumigacións que ocasionan choiva ácida e matan lentamente toda forma de vida por aluminose cesen en todo o mundo, e por suposto non prosperen tampouco na nosa terra.

Adxunto fotos sacadas hoxe, día 10 de Maio, en Santiago por Sergio Casal. A estela dos chorros dos reactores non desaparece senón que se dispersa e tinxe dunha néboa brillante e branquecina o ceo. Para saber máis, pulsade o enlace. Hai implicacións económicas que tocan á metade das empresas de alimentación españolas, participadas polos que mandan fumigar merda canceríxena para logo monopolizar a venda de semillas resistentes ao aluminio. Se non actuamos, imos cara a un holocausto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...