© blog: Son de Oleiros

martes, 3 de julio de 2012

O peso do xuízo crítico

Debo de estar brando de máis outra vez. O caso é que non estou preparado para asimilar unha sucesión de toma de decisións anunciadas nos medios á hora de xantar:

Noticias:

–“suprímese a merenda dos presidiarios nos cárceres de Cataluña por mor dos recortes”.
E medio minuto despois.
–“novas dotacións médico-cirúrxicas para atender aos accidentados nos encierros de San Fermín”.

O sufrido lector de novas aparecía de traxe e garabata e sen suar namentres anunciaba temperaturas de corenta e dous graos á sombra. Pouco exemplar que nesta Europa ancorada no pasado non se poña en práctica un uso da vestimenta no Parlamento, nos estudios dos medios de comunicación, na banca e nas empresas, no comercio unha vestimenta que sen deixar de ser elegante non precise dun consumo en aire acondicionado anti-ecolóxico. Neste tema os australianos amosa moito máis sentidiño.

“O consumo eléctrico acadou un máximo histórico onte, coincidindo cunha vaga de calor sahariano que disparou o consumo de aire acondicionado nas grandes cidades do centro e sur da península. O encendido das casetas da feira de Abril está, sen embargo, asegurado ”.

“Os galegos pagan a luz máis cara que o resto de cidadáns españois na comunidade máis excedentaria en produción e exportadora neta”.

“O prezo do gasóleo é mais elevado a 300 metros da Refinería de A Coruña que nas entradas a Madrid”.

“O sector leiteiro galego condenado a desaparecer. Os galegos cobran por baixo do custe de produción e non teñen capacidade de negociación nun sector dominado polo capital foráneo que converte un 20% do leite galego en procesados e estrangula o sector inundando co seu propio leite o mercado a partir dun trato arancelario de favor e tamén de parte das súas propias puntas de lanza, as grandes superficies de capital foráneo.”

En fin, logo din que ser nacionalista é pecado. No caso dos galegos a cousa xa ven da época romana, sueva, visigótica, os reis de Oviedo e de Castela, o Arcebispado armado e os monacatos cos seus señoríos ou máquinas recadatorias, parte da “nobreza” que nos mataba á fame para poder manter máis infantería, a monarquía de Castela mandando arrincar as nosas cepas, as nosas oliveiras... prohibindo aos nosos portos o tráfico comercial con América... Logo galegos do século XX remataron o proceso da nosa colonización. Por iso, o nacionalismo no caso dos galegos non é excluínte, case que nin é reivindicativo de ningún feito diferencial en moitos casos... só é unha cuestión última de defensa persoal. E que non nos digan que temos que pedir disculpas por ilo nós, que históricamente vimos recibindo paus durante os últimos dous milenios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...