O Ansar do carallo non aguanta no banquiño. Mais a súa deslealdade ca
equipa titular semella mesmo ser un puntazo para boa parte dunha
poboación que non ten en conta as súas mentiras reiteradas, que nos
meteu nunha guerra en contra dos mandatos de Nacións Unidas para sentir a
vértixe de sentarse a carón do primo de Zumosol, que froito dilo
sucedeu a masacre do 15M que ainda terquean por atribuir a Eta
maiqueístamente, que recibiu trato de favor de empresas favorecidas por
adxudicacións, que o seu xenro, a quen defendía onte prometendo
querellas, foi beneficiado por esas empresas no reparto das tartas de
actos sangrantes para as arcas da Comunidade valenciana -visita papal,
fórmula 1, etc- , que él mesmo, Ansar, amigo de recitar o mantra sobre a
herdanza que deixan sempre os sociatas, iniciou a profundización nun
esquema neoliberal -liberalización do solo, concentración do aparato
“productivo” na construción e nas obras faraónicas, falta de control da
actividade bancaria…- en sintonía coa política U.S.A., que ao fin
estalaríalle nos nefres aos seus sucesores no cargo, co agravante de que
eiquí non vale darlle ao maquinillo para inventar os cartos, como fai a
Reserva Federal dos seus amigos que lle tiñan reservados postos en
agradecemento á súa lealdade.
Rajoy, Gallardón, Wert, Báñez… exemplifican o medo á presión que desde
dentro exerce a dereita da dereita, Ansar e Aguirre espoleados polos
mass media da Conferencia Episcopal e agora xa mesmo contratando
aparicións en Antena 3 e donde faga falta. A dereitización leva a este
país en pleno século XXI e 37 anos despois de morto o ditador a
considerar como método reformista para a mellora da calidade do ensino o
adotrinamento, a negación do diferente como expresión do que nos une
para impoñer novamente UNHA ESPAÑA GRANDE Y LIBRE, centralizada, e
estratificada en castas con pouca permeabilidade se non lle poñemos
remedio na que os ricos terán acceso á cualificación alta e a estandares
de calidade de vida acordes co desenvolvemento científico da época e o
resto aspirarán á supervivencia pura e dura.
Non da medo o Plan. O que asusta é a capacidade de tragar de tanta xente do común.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?
¿Vivimos nun Estado democrático? Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...
-
(Ou de como a Política pare monstros) “Asumo esta gran responsabilidade, inviable sen o apoio impagable e sacrificado da miña fam...
-
Só 3 de 70 bispos teñen informado en España á Fiscalía respecto dos abusos á menores por parte de curas das súas dioceses. Esta actitude ...
-
Non só na esfera novelesca é pertinente a ficción. Se ben é certo que, se cadra por unha crise imaxinativa, a liña cultivada polos auto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario