© blog: Son de Oleiros

martes, 18 de junio de 2013

UNHA XUSTIZA CLASISTA

 Sobre os privilexios da infanta


Ademais de inxusto, anacrónico e desfavorable para a aceptación dunha institución imposta aos cidadáns por Franco, o feito de non imputar á infanta brama e pon en evidencia ademais que a Xustiza non é igual para todos.
A infanta asistiu aos consellos de administración de Noos e asinou as contas. A infanta declaraba ingresos anuais que non lle alcanzaban para mercar en gananciais un pazo de 5,4 millóns de euros. A infanta tiraba da Visa da empresa que xestionaban o seu home e Torres para ir de compras, como si tal cousa, pola milla de ouro neoyorquina. Cos seus modestos ingresos declarados e aínda despois de sérenlle intervidas as contas millonarias de titularidade compartida e de caer nun empobrecemento inxusto, segue a esquiar en Baqueira e a cear nos mellores restaurantes cataláns.
Outra traballadora calquera no pelexo non podería conservar un posto na Obra Social dunha entidade de suposto interese público. A súa conduta non é, de certo, un exemplo edificante tampouco. Os motivos para imputala son de libro, pero a Audiencia de Palma, esbirra do poder, desautorizou ao xuiz Castro. Moito tivo que ver a xestión telefónica de El Rey, cunha actitude de enroque que contradí as súas mensaxes de nadal impostadas.
O réxime de privilexios para a oligarquía no que estamos instalados, con casos de sona respecto da exoneración de banqueiros e empresarios corruptos, primas de El Rey, e contas do monarca en Suiza para non pagar impostos son factores semellantes aos que motivaron a Revolución Francesa e o uso da guillotina hai dous séculos.
Botín saíu indemne logo da gran estafa continuada ao erario público consistente en falsear os índices de caixa ao peche contable día tras día durante anos. Correron épocas de viño e rosas na Zarzuela, con ceas compartidas do monarca con Botín, Colón de Carvajal, Jaume Matas, Arturo Fernández, Díaz Ferrán... moitos deles compañeiros tamén de cacería; compañeiros corruptos, algúns imputados e outros que nunca verán tal cousa a pesar de ser pillados coas mans na masa.
Pero non se pode esperar moito do poder xudicial nun país no que os presidentes dos partidos que se veñen dando o turno para gobernar son hoxe conselleiros das grandes empresas ás que favoreceron e nalgúns casos enxenaron do patrimonio de todos. O financiamento irregular, o cobro de sobresoldos a través de “aportes” para pago de favores non ten delito. O que o ten e roubar unha galiña. Nos cárceres só entran os desgraciados, os parias. Con razón Bárcenas, o eterno presunto, nos fai unha peineta a tódolos cidadáns de a pé. Con razón Aznar fala con tono mesiánico. El que campa ceibo polo mundo adiante cobrando seiscentos mil euros ao ano en pago aos seus posicionamentos -tratos de favor, contratacións irregulares, etc.- cando tiña que estar sentado no banquiño, diante do Tribunal Internacional de La Haya, por crímenes de lesa humanidade cando os tres das Azores co apoio de Rumania e dun arquipiélago no Pacífico decidiron a invasión de Iraq e no deserto enterraron con bulldozers a douscentos cincuenta mil infantes iraquís cos que non pagaba a pena gastar munición.
Canto dano poden facer á Humanidade os que arrastran complexos, os que renegan da súa orixe e buscan amigos influíntes e nas decisións de salvar á patria e ao mundo atopan o xeito de silenciar as propias miserias!

Pola rexeneración da Xustiza, imputación da infanta xa!!!!!!!
Independencia do poder xudicial xa!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...