© blog: Son de Oleiros

jueves, 27 de junio de 2013

As vendas patrimoniais a nome da Infanta

 A explicación de Montoro: un erro inexplicable

Desde que saíron á luz pública os erros na afectación á Infanta da venda dun feixe de inmobles os medios do Reino de España veñen incidindo no inxusto sometemento da filla de El Rey a un problema máis (¿?) da que non é culpable. Sen embargo a día de hoxe Montoro segue na actitude chulesca de non dar unha explicación coherente namentres na Vila da Corte se loa a grandeza de corazón da Borbona ao non querellarse contra ninguén.
Aos cidadáns dotados dun coeficiente intelectual medio desde o primeiro momento en que esto saltou, considerando que só hai unha posibilidade entre moitos trillóns de afectar a venda de vivendas mediando notarías diferentes, distantes e independentes a un nif de 2 díxitos, ninguén lles quita de facerse unha pregunta lóxica:

“Para unha persoa que declara rendas de 36.000 euros ao ano será máis fácil de xustificar contablemente a inversión de 2,7 millóns de euros na merca da metade do Pazo de Pedralbes en réxime de gananciais a partir das entradas de efectivo por venda de patrimonio?
Semella un razoamento de perogrullo, unha coartada absurda facilitada desde actuacións institucionais, tendo en conta que no Reino de España, mal que lles pese a algúns, ao fin sábese todo. Porque nunca hai diñeiro bastante para tapar tódalas bocas durante todo o tempo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...