Desde 1939 ate 1958 a
foto fixa reflicte una sociedade coas familias pasmadas, aprendidas
no valor do inmobilismo e da obediencia cega, co xuízo crítico
desactivado e a reserva ideolóxica alimentada por un conglomerado de
prexuízos dos cales sobreviven, en 2013, unha boa parte no
imaxinario colectivo.
Naqueles días
interminables a infancia española escoitaba a Juana Ginzo nas
novelas de Guillermo Sautier Casaseca coa nai, dando boa conta dun
bocata de touciño, ou dun vaso de leite con cascarilla. O huso
horario que Franco aprobara para ser un bloque monolítico
intencional co Fascismo aínda non empezara a provocar os estragos
nos hábitos laborais e sociais que virían logo coa urbanización
crecente arredor dos polígonos industriais e co acceso da muller ao
traballo.
A volta ao huso que nos
corresponde conforme ao noso meridiano e o primeiro elemento para
vivir máis de acordo cos ciclos da luz e poder mellor reorganizar
xornadas continuadas que non prolongadas artificiosa e
innecesariamente, coas súas pequenas e suficientes pausas, e
seguindo esquemas compartidos por todo o tecido social, para que a
conciliación deixe de ser unha desiderata para constituír un feito:
pais e fillos con horarios de traballo e lectivos semellantes. A máis
de mellorar a produtividade, aforraremos custes e exerceremos
verdadeiramente a función de pais como educadores cooperativos
necesarios e tamén para o noso deleite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario