Os intelectuais con reserva de espazo nos media
Tódolos días constrúen para nós análises fondos sobre a verdade das cousas; coñecen as chaves da práctica política, distinguen aos inimigos do Estado, teñen o monopolio espiritual sobre o concepto de Democracia e, sobre todo, ven o mundo dende unha atalaia allea aos riscos e á loita que compromete o pan cando se trata de ser libres para acadar xustiza. Son os “plumillas sagrados” das páxinas de opinión, con cátedra entre documentos, entre colegas que apuntalan ainda mais o seu status, pero lonxe da vida ao pe da rúa, e sempre lonxe da primeira liña reivindicativa.
[ ...“No século pasado sobre todo, período no que a intelligentsia desenrolou-se como categoría máis ou menos identificábel das sociedades modernas, tendían a ver-se como xerentes, ou ben xerentes da industria, xerentes do estado ou xerentes ideolóxicos. Esa foi a tendencia entre a intelligentsia, ise é o interese que eles esperan satisfacer. E iso, por certo, é verdade nas sociedades capitalistas de Ocidente, nas chamadas sociedades “socialistas” (que non son socialistas, na miña opinión), e no Terceiro Mundo. Temos que perguntar que xeito de imaxe de mundo criaron estes intelectuais e por que.
Pois, teñen criado unha imaxe dunha masa estúpida a que deben guiar os intelectuais listos. Defeito, o que atopamos a miúdo e que os intelectuais, as clases formadas, son as persoas máis adoutrinadas, as máis ignorantes, a parte máis estúpida da poboación, e que hai razóns moi boas para esta situación. Básicamente hai dúas razóns. En primeiro lugar, como parte educada da poboación, sofren a embestida da propaganda. Logo hai unha segunda razón, máis sutil. A saber, que son eles os líderes ideolóxicos. Por iso, deben internalizar a propaganda e crela. E parte da propaganda que desenvolveron é que eles son os líderes naturais das masas...”
Noam Chomsky. Sobre o poder e a ideoloxía. (Traduc. de Edicións Laiovento).
No hay comentarios:
Publicar un comentario