© blog: Son de Oleiros

martes, 3 de abril de 2012

A dimisión dun periodista

O déficit democrático na sociedade española en xeral e na galega en particular caracterízase por unha dinámica expresiva, un tempo, una comunicación xestual e mesmo unha ausencia de comunicación como factores de sinalización que non escapan aos ollos dos que vivimos a realidade con ollo crítico.
A dimisión de Hermida na TVG por razóns persoais segundo as versións que transcenden ao público é un deses fitos que vocean unha situación de mordaza real que veñen vivindo os periodistas das canles públicas cando queren ser sensibles aos problemas que os cidadáns viven a diario vítimas do abuso da posición dominante do gran capital, das entidades financieiras, das compañías eléctricas, da telefonía... coa conivencia da Administración. A falta de independencia na profesión periodística é aínda máis dura de sobrelevar desde posicións individuais nas que só debe mandar o código deontolóxico e o dereito a informar, e alleas a ligazóns con empresas sectoriais e sectarias. Mais o certo é que os tentáculos do poder son longos, e establecen incentivos no cumio da pirámide das organización e ameazas de despido ou postergación para a base diverxente. Diñeiro versus medo. É unha vella historia que cando se produce nunha suposta democracia ten a gravidade de dar curso legal a un sistema encuberto de censura e falta de liberdade real, e accesos viciados ás versións oficiais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...