© blog: Son de Oleiros

lunes, 2 de abril de 2012

UN XEITO DE ASASINATO

Non hai pena, nin castigo nin penitencia que restitúan o valor do patrimonio natural destruído por un incendio. Os lumes provocados son un atentado contra a sostemento da vida e contra os inquilinos actuais do planeta pero tamén contra as xeracións futuras, ás que estamos legando un panorama de incerteza total.
Os intereses do curto prazo que caracterizan ao sistema capitalista propician a sobreexplotación dos recursos dispoñibles, a dependencia de enerxías sucias e perigosas, o cambio climático, a manipulación xenética nos cultivos, a desertización, inundacións, tormentas descomunais pola actuación sobre a circulación de masas de ar... Por se non fora de abondo, está a acción dos pirómanos respondendo a unha serie de motivacións espurias.
Algo se ten avanzado en elementos disuasorios fronte ao interese por queimar: en política de prezos da madeira, en concentracións parcelarias e redistribución do mapa de bancos de terra forestal, gandeira e agrícola... Pero queda moito por facer: vertebrar inmensos espazos rurais despoboados mediante políticas de incentivos aos asentamentos novos, avanzar en procesos de man común, reforzar a educación, poñer en valor o bosque e, ao fin, unha lexislación máis dura e, sobre todo, con penas para ser cumpridas. Porque queimar o monte e un xeito de asasinato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Libre asociación en Arteixo para celebrar o San Xoan?

¿Vivimos nun Estado democrático?   Un grupo de veciños de Arteixo unidos pola súa ideoloxía (materializada nos proxectos de Alternativa dos ...